rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
X Festival Imaxinasons [Concertos]

X Festival Imaxinasons [Concertos]

Datas: 
30 xuño 2014 - 2 xullo 2014
Horario: 
20.30
Lugar: 
Salón de Actos

Pierre Bastien

Na escena musical internacional considérase a Pierre Bastien pioneiro dalgúns dos discursos sonoros actuáis da música experimental ou a electrónica.
Luns 30 xuño, ás 20:30

Xavi Lozano

Xavi Lozano é un músico teatral. Comezou como un apaixoado das frautas até que comprobou que todo obxecto emitía algún son e desde aquel momento descubriu instrumentos musicais en todas partes.
Martes 1 xullo, ás 20:30

Bruitage

Que significa Bruitage? Por un lado, é unha voz francesa que define os efectos de son utilizados no cine. Por outro, tamén significa xerar artificialmente sons para recrear unha realidade. O nome reflicte perfectamente a estética do grupo e a grande cantidade de recursos sonoros que despregan os seus membros, con importantes traxectorias na escena da improvisación europea.
Mércores 2 xullo, ás 20:30

+ info: http://www.imaxinasons.com/es/

Descarga: