rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Amaya González Reyes. Entering The Work.

File

Dates: 
16 December 2011 - 20 May 2012
Place: 
salas de exposición do primeiro andar
Hours: 
martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30
Production: 
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Curator: 
Iñaki Martínez Antelo
Curator: 
Agar Ledo

AMAYA GONZÁLEZ REYES (Sanxenxo, Pontevedra, 1979) reserves for the viewers a unique space and she calls upon them to decode the artist’s obsessions; a feature related to the title — or subtitle — which she chose for her proposal: ‘Entering The Work. Getting(onself) Lost Inside It.’ Beginning with the leitmotiv of the loss, in the broadest sense of the term, the exhibition brings a number of works together which refer to meaning-plays, to contradictory or complementary sensations — comfort, whim, satisfaction, but also entrapment, disillusion, nightmare — , to the dilemma between feeling and reason, along with nonconformity and ambivalence, both characteristic of her work.
 
Amaya González Reyes works show a constant allusion to search and process, to the physical presence of the artist which reminds us of the action as the generator of the work itself. Open-meaning sculptures, photographs and installations in which the presence/absence of the artist and the relationships of the works among them, provoke a cross of narratives and a multitude of questions when encountered by the visitor.
 

Summary

‘Entrar na obra’

‘Entrar na obra’ é un ciclo de exposicións que se está a desenvolver nas salas do primeiro andar do MARCO. O título do ciclo está tomado da célebre peza de Giovanni Anselmo Entrare nell’opera (1971), emulsión fotográfica sobre lenzo, na que o artista se fotografa a si mesmo atravesando unha aba nunha acción que interpretamos como reveladora sobre a relación entre o artista e a súa obra e entre o espazo e o tempo. O artista altera o seu papel e xera unha situación de integración, ante a que tamén reacciona o espectador, que, se ben non entra fisicamente na obra, participa sendo testemuña desta ruptura dos límites tradicionais que separan suxeito e obxecto. O significado último reside, pois, na reacción do espectador.

O papel fundamental do espectador no proceso de creación da obra de arte formou parte, nas últimas décadas, de discusións e ensaios. Ao longo do século XX xorden os conceptos de obra aberta, espectador emancipado ou morte do autor, e o rol do público pasa a ser esencial para completar a peza, mediante a súa mera presenza física ou a necesidade de implicarse activamente. O artista xa non é o eixe central do proceso e as coordenadas de percepción márcanas, como escribe Douglas Crimp, non só o encontro entre o espectador e a obra, senón entre ambos os dous e o espazo que ocupan. En que grao necesita o público estar ante a obra? O simple feito de mirar non ten xa valor?

O paradoxo que rodea o concepto de espectador e que o sitúa entre a pasividade e a acción é o punto de partida desta serie de proxectos, que analizan a condición do público como elemento inherente á obra. A relación directa entre ambos os dous, o intercambio físico ou a reciprocidade inmediata xeran unha nova dimensión na que tempo e espazo alteran as condicións da recepción e da percepción.

O ciclo ‘Entrar na obra’ incluíu proxectos de Loreto Martínez Troncoso, Wilfredo Prieto, Rubén Grilo e Karmelo Bermejo, e finaliza agora coa proposta de Amaya González Reyes.

Amaya González Reyes

Entrar na obra. Perder(se) nela

Amaya González Reyes reserva para o espectador un espazo propio e emprázao a descifrar as obsesións da artista; un aspecto que se relaciona co título —ou subtítulo— elixido para a súa proposta: ‘Entrar na obra. Perder(se) nela’. A exposición reúne un conxunto de obras que, a partir da idea central de perda, no máis amplo sentido do termo, fan referencia a xogos de significado, a sensacións contraditorias ou complementarias —o confort, o capricho, a satisfacción, pero tamén a trampa, o desencanto, o pesadelo—, ao dilema entre sentimento e razón, en liña co inconformismo e ambivalencia que son característicos da súa obra.

Nos traballos de Amaya González Reyes hai unha constante alusión á busca e ao proceso, a esa presenza física da artista que nos remite á acción como xeradora da obra. Esculturas, fotografías ou instalacións portadoras dun significado aberto, onde a presenza/ausencia da artista e as relacións que establecen as pezas entre si, provocan un cruzamento de narrativas e múltiples interrogantes no seu encontro co espectador.

Artists

Amaya González Reyes (Sanxenxo, Pontevedra, 1979)

 

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, nas especialidades de escultura e pintura. Realiza estadías de traballo e formación en Arteleku (Donostia/San Sebastián), Museu Serralves (O Porto) e LABoral Escena (Xixón), dentro do programa Mugatxoan. Asiste a diversos talleres con artistas como Gabriel Orozco (Fundación Botín, Santander), Isidoro Valcárcel Medina (Facultade de Belas Artes, Pontevedra) e David Lamelas (MARCO, Vigo), entre outros. Recibiu a bolsa de creación artística da Fundación Laxeiro de Vigo, a bolsa de produción do programa Mugatxoan, e a Axuda á Produción Artística do Centro Cultural Montehermoso Kulturenea de Vitoria. A súa obra, que podería definirse como interdisciplinar, estivo presente en numerosas exposicións de arte contemporánea (CGAC, MARCO, Círculo de Bellas Artes de Madrid...) e en feiras de arte nacionais e internacionais como ARCO (Madrid), Artissima (Turín), MACO (México), Fiac (París) e The Armory Show (Nova York) coa Galería Pilar Parra & Romero (Madrid); así como en coleccións públicas e privadas como a do CGAC (Santiago de Compostela) ou o Museo de Cantabria.

 

Exposicións individuais

 

2011 Entrar na obra. Perder(se) nela. MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

 

2009 Una idea brillante y otras historias adorables. Galería Pilar Parra & Romero, Madrid

 

2008 Artísticamente (in)correcto. Zona C, Santiago de Compostela

Osadía (quiero ser un poco como On Kawara). Centro Cultural Montehermoso, Vitoria-Gasteiz

Yo gasto. The back room, Galería Pilar Parra & Romero, Madrid

 

2006 En efectivo, Fundación Laxeiro, Vigo

 

 

Exposicións colectivas (selección)

 

2010 I got a break baby. Galería Pilar Parra & Romero, Madrid

La osadía del Bufón. Historias de arte y política. Museo Torrente Ballester, Ferrol

Stand Galería Pilar Parra & Romero. The Armory Show, Nova York

Stand Galería Pilar Parra & Romero. ARCO 2010, Madrid

 

2009 Sans Titre. Centre civic Sant Andreu. Barcelona

Stand Galería Pilar Parra & Romero, The Armory Show, Nova York

Yo gasto. Solo project. Galería Pilar Parra & Romero, ARCO 2009, Madrid

 

2008 Marxes e Mapas. Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela

Bienal de Pontevedra, Pazo de Congresos de Pontevedra

 

2007 V Premio de Artes plásticas Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela

GzCrea. Zona C, San Domingos de Bonaval, Santiago de Compostela

Fronte{i}ras. Sala X, Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Itinerancia a San Pedro do Sul, Portugal

Mostra de Artes Visuais INJUVE. Círculo de Bellas Artes, Madrid. Itinerancia a Chile, Arxentina

Born3. Convocatoria de Artes Plásticas. Galería Casaborne, Antequera, Málaga

Premios Rei en Jaume de Artes Plásticas. Calviá, Mallorca

V Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense. Centro Cultural Deputación de Ourense

Kaldarte. Intervencións no espazo público. Caldas de Reis, Pontevedra

Certamen Videominuto. Universidad de Zaragoza

Bienal de Vilanova de Cerveira, Portugal

Valencia Crea 2007. Jóvenes creadores. Espacio Greenspace, Valencia

Bienal Pintor Laxeiro, Lalín, Pontevedra

Fem Art’07. Cal La Dona, Barcelona

Vanguarclasidia’06. Espacio joven, Salamanca

 

 

2006 Resistentes. Pazo de Cultura de Pontevedra

Extramundi. Fundación Feima, Madrid

Fora fai frio (fff). Sala X. Facultade de Belas Artes, Pontevedra

Videourbanitas. Espacio Movistar, Forum Barcelona

Diferentes. Junge Spanische Kunst in Asbach. Museum Kloster Asbach, Alemaña

Novos Valores 2006. Museo Sarmiento, Pontevedra

Laberinto de museos. Instituto Cervantes, Beijing

MICA 3. Proxección de vídeo ao aire libre. Museu Miquel Casablancas, Barcelona

La Ilusión Del Pirata. Concurs d’arts Visuals Premi Miquel Casablancas 2006. Centre Civic Sant Andreu, Barcelona

Urbanitas. MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

 

2005 Pilot 2. International Art Forum, Londres

Residentes 2005. Sala de exposicións Caixa Galicia, Santiago de Compostela

 

2004 Eu, Museo. MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Arte en Pontevedra, Mulleres, como membro do grupo artístico Zig Zag. Pazo da Cultura, Pontevedra

 

 

Premios e bolsas

 

2010 Residencia en Montemor O Novo. Colaboración con Mala Voadora, Montemor o Novo, Portugal

 

2009 Bolsa en residencia e presentación do proxecto realizado en Mugatxoan. LABoral Escena, Xixón

 

2008 Bolsa de residencia para produción de proxecto artístico Mugatxoan. Residencia en Arteleku (Donostia/San Sebastián), Museu Serralves (O Porto), LABoral Escena (Xixón)

 

2007 Accesit V Premio Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela

Ayuda a la Creación Artística Centro Cultural Montehermoso, Vitoria/Gasteiz

Fronte(i)ras. Residencia artística en Nodar, Portugal

Accesit Muestra de Artes Plásticas INJUVE 2007

Premio Nacional de Videoarte. Valencia Crea 2007

 

2006 Vanguarclasidia. 2º premio de fotografía. Certamen de jóvenes creadores, Salamanca

Mugatxoan. Proxecto de procesos artísticos desenvolvido en Arteleku (Donostia) e Fundação Serralves (O Porto)

 

2005 Bolsa creación artística Fundación Laxeiro – AFINSA, Vigo

Residentes: Bolsa en residencia San Martiño Pinario, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela

 

2003 Accesit III Premio Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela

Curatorial text

“Entrar na obra. Perder(se) nela invita ao espectador a descifrar as obsesións da artista durante o percorrido por unha exposición que, tal como o seu título suxire, está directamente relacionada coa busca constante, co inconformismo e a ambivalencia que caracterizan a obra de Amaya González Reyes.

A referencia a si mesma, o interese polo proceso e a busca da perfecta definición de arte son aspectos fundamentais do seu traballo —En efectivo; Osadía (quiero ser un poco como On Kawara); Yo gasto; Una idea brillante y otras historias adorables— que reaparecen nas súas pezas recentes. De carácter autobiográfico, as obras en exposición provocan un cruzamento de narrativas e múltiples interrogantes no seu encontro co espectador, a quen se invita a participar nun xogo de significados. Son un conxunto de obras de nova produción que se refiren á idea de perda, de ‘non conseguir o que espera, desexa ou ama’, segundo describe o dicionario da Real Academia Española.

‘Falar da perda pode ser falar da falta, ou da dúbida, ou da necesidade de busca, ou mesmo da sensación de sentirse vencido ou atrapado, pero tamén da posibilidade de fascinación, de recrearse e ensimesmarse ata quedar embriagado.

Perder... o sentido?, as formas?, a continuidade?, o criterio? o tempo? Unha exposición cuxo centro é a loita entre sentir e pensar, querer e deber, indagando no que creo que quedou polo camiño. Un lugar onde os camiños se cruzan e se reformulan, e un enorme nó onde se confunden as extensións: o eu, o desexo, a necesidade, o capricho, o valor, o azar, o tempo, a presenza, a aparencia, a satisfacción... Un ir e vir no interior que evidencia o estado de desorientación no que me atopo —alén do persoal e das salas de exposición— ou quizais un reflexo do momento que me toca vivir’. [Amaya González Reyes]

Unha peaña recibe o visitante. Nela custódiase unha escultura (Mitose, 2011) que na súa abstracción se aproxima a unha forma orgánica duplicada. Un cerebro-corazón, nun pequeno aceno á dualidade entre pensamento e emoción, entre razón e sentimento. Existe unha lixeira asimetría nas dúas pezas que a compoñen, provocada pola factura manual das partes que a artista deseña e compón pacientemente no seu taller. A duplicidade introduce o espectador nun xogo de ambigüidades que se repite ao longo da exposición, entendendo que, só liberado do peso da razón, o visitante poderá participar do proceso artístico, do proceso de busca.

 

A perda de orientación que provoca a disxuntiva entre razón e emoción materialízase tamén en pezas como a serie de fotografías Asalto (est)ético, 2011. A artista autorretrátase cunha media na cabeza, nunha afirmación do uso do corpo como material e da importancia da acción, que considera un paso previo na formalización dos seus traballos. O seu rostro aparece oculto —lémbranos a esas medias que deformaban a cara de Ana Mendieta nos seus Facial Cosmetic Variations e ao anonimato que garantían as máscaras cómicas en Confess all on video, de Gillian Wearing— e aprisionado, aludindo á simulación, á falsa representación e á clara decisión de asaltar o visitante para atrapalo no proceso.

 

Nun intento de mostrar os recunchos que deixan ver sen ser visto, entrever sen identificar, como no gusto polo arabesco de Moureau, ou os signos lingüísticos nas celosías de Cristina Iglesias, modifico a miña imaxe con medias caladas, de reixa ou de encaixe. Estampados florais, xeométricos e filigranas envolventes como gaiolas de seda, nailon ou licra. Auto(rre)trátome, con efecto fetiche, para un plan de execución que toma por asalto ao sistema artístico e, polo tanto, ao espectador. [AGR]

 

O aprisionamiento e refuxio altérnanse en Sen título, 2011, unha gaiola a escala humana elaborada con ferro, unha escultura que mantén unha relación dinámica co espectador, onde reaparece a lámpada, presente noutras obras da artista, e esa alusión á utopía e ao poder. A beleza da gaiola fálanos da comodidade do encerro, do abandono; o contrario á ansiedade que provoca a busca.

 

A obra de González Reyes sitúase nun ámbito crítico e desprega unha ironía afiada e ferinte. Todo iso mesturado cunha actitude firme respecto aos valores estéticos en pezas como Sen título —unha carreta forrada de veludo, material ao que recorre polo seu valor simbólico e estético, polo seu significado, como representación visual de aspectos moi relacionados coa artista, como o capricho, a satisfacción ou o luxo— ou Xardín. Outras, como contrapunto, ameázannos con títulos como Tender a rede (trampa escultórica) ou Pesadelo. A artista parece retomar a Louise Bourgeois cando afirma que ‘a arte serve para expresar emocións’, consciente de que, cando nos deixamos levar pola emoción, nesa busca nos perdemos. Xardín é unha peza elaborada pola artista dende un mínimo compoñente: o abelorio. Miles de abelorios cosidos pola artista e dispostos debuxando un labirinto, símbolo da confusión e o enredo. Un labirinto aberto, sen principio nin fin, que adquire unha disposición reticular no seu intento por controlar o caos. Os abelorios están xa inmóbiles, coidadosamente ordenados, nun lugar propio.

 

Tender a rede (trampa escultórica) proponse como unha rede, unha rede ilustrativa de certa sensación de benestar, dun espazo onde hai orde e beleza, que nos fascina, nos atrae e nos seduce, tanto que cando queremos saír dámonos conta de que estamos xusto no medio, atrapados, curiosamente nunha rede de malla metálica de protección anti-cortes, que á vez que te atraparía te protexería. Unha trampa pensada para cativarnos pola súa forma, pola súa posición, unha trampa que evidencia a súa propia estrutura, moi sólida, a pesar da flexibilidade do material, cuxo enorme peso se presenta como algo suave, case livián, dinámico, con formas ondulantes e suspendida no aire, case disposta a alzar o voo en calquera momento. [AGR]

 

Nesa busca da emoción artística formaliza a artista a trampa. Translúcida, esconde un significado dual e, de novo, remítenos a Bourgeois: ‘a seguridade da gorida pode tamén ser unha trampa’. No fondo percíbese unha lámpada, o obxecto sedutor, e no camiño atrápanos a rede. A lámpada, caída, refírese ao fracaso inevitable ao entrar no xogo da busca da emoción estética.

 

A ambivalencia das pezas de Amaya González Reyes reside no seu aspecto amable, fráxil, por un lado, e no seu significado amenazante e agresor, por outro, o que conforma unha metáfora daquilo que sempre lle fascinou: as relacións de poder. Cuestións simbólicas e formais, presentes en pezas que oscilan entre un minimalismo e un barroquismo aparentemente contraditorios. E é precisamente esta contradición a que nos advirte de que os seus traballos non responden a unha categoría definida, senón que cada peza se confronta coas vivencias da artista, coas súas obsesións e frustracións.

 

 

Materiais cotiáns e objets trouvés conviven coas fotografías e as esculturas, nun conxunto que fala de ilusión e representación, e que adquire unidade no carácter autobiográfico do traballo de González Reyes. No trasfondo está sempre a busca, o experimento, o intento; e o azar como elemento permanente.

 

A proposta complétase cunha película, un punto de encontro onde conflúen todas as demais obras, que funcionan de forma in(ter)dependiente no espazo de exposición. Vivencias dunha pega (un ensaio sobre o exceso e o luxo) formula unha reflexión en torno á sociedade do luxo e dos excesos. Proxéctase nun espazo fronte a unha cadeira baleira, que alude novamente á presenza da artista que —ausente— concede ás pezas un halo performativo. Trátase dun filme de ficción, de curta duración, baseado nunha estrutura clásica de planeamento, nó e desenlace. A protagonista, a artista, confróntase co seu alter-ego, con ese outro eu que representa a beleza, o luxo, o poder. Toma como punto de partida esa duplicidade, para confrontarse consigo mesma e ofrecernos un repaso polas súas obsesións, caprichos e outros aspectos recorrentes no seu traballo, como a dualidade realidade-ficción e a reflexión sobre a aparencia, o imaxinario ou o simbólico. Cada unha das pezas que compoñen a exposición —a gaiola, a lámpada, o labirinto, a trampa, a carreta ou os autorretratos— atopan o seu reflexo na película, de forma literal ou suxerida, o que lles confire teatralidade e carácter escenográfico, nun aceno cara ao espectador que, máis que nunca, se converte en protagonista do paradoxo expresado por Jacques Rancière: ‘non hai teatro sen espectador’. O espectador emancipado, o que coñece e participa, é o que dá sentido aos interrogantes formulados pola artista”.

 

[Extracto do texto curatorial para o catálogo da exposición]

Curator

Iñaki Martínez Antelo


Iñaki Martínez Antelo (Santiago de Compostela, 1969) is MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo Director from November 18, 2005. He has a B. A. in Contemporary Art History at the Universidad de Santiago de Compostela and a Master’s Degree in Aesthetics and Art Theory at the Institute of Aesthetics attached to the Universidad Autónoma in Madrid. After his period at Centro Galego de Arte Contemporánea in Santiago de Compostela (1996-1998), he led the coordination of exhibitions at Auditorio de Galicia (1998-2002) and also coordinated cultural activities at Casa Asia in Barcelona (2002-2003). In 2003, he entered MARCO, Museum of Contemporary Art Vigo, just after being opened, where he has worked as Head of Exhibitions and became director in November 2005. In February 2011 he was elected President of ADACE, Asociación de Directores de Arte Contemporáneo de España.

Agar Ledo

Agar Ledo is Chief Curator of the MARCO Vigo, where she has directed and curated the museum exhibition program for the last decade. She has curated exhibitions by artists Ánxel Huete, Grace Schwindt, Gintaras Didžiapetris, Patricia Esquivias, Pedro Barateiro, Carlos Bunga and Diego Santomé, among other proposals focused on the analysis of the cultural production in Galicia and the social and political implications around artistic practices. Ledo has a Master’s Degree in Museology and training residencies at Fred Jones Jr. Museum of Art (Norman, OK), Le Consortium (Dijon), Musée d’art contemporain de Lyon and ICI-Independent Curators International (New York). Her professional career has lead her to work at CGAC (Santiago de Compostela, 1998-2004), Fundación Luis Seoane (A Coruña, 2005) and at  the first edition of BIACS (Seville, 2004-2005), in which she worked as exhibitions coordinator under the guidance of one of the most far-sighted curators and art historians on the 20th Century: Harald Szeemann. She regularly writes texts for specialised publications and is member of the Grial magazine editorial board. She collaborates as a teacher in some of the post-graduate courses at the University of Vigo (MD in Contemporary Art, Creation and Research, 2016-2017) and at the University of Santiago de Compostela (University Expert in Cultural Management, 2015-2017; MD in Art, Museology and Contemporary Critic, 2008-2012).