BOLSAS E PROXECTOS AUTONÓMICOS ESTATAIS Beca AlhóndigaKomik Convoca: AlhóndigaBilbao Descrición: bolsa na que poderán participar todos os maiores de 18 anos residentes no Estado e que non cursen en ningún centro oficial. Presentarase un proxecto de creación de cómic en soporte informático e opcionalmente en papel, no que se describirá o proxecto e acompañarase de debuxos, bosquexos, deseños, etc. No proxecto sinalarase tamén a duración estimada para o seu desenvolvemento ata un máximo de 12 meses. A persoa gañadora disfrutará da bolsa na Maison des Auteurs de Angoulême (Francia). Dotación: 1.000€/mes ata un ano. Data fin: 4 de abril de 2011 Máis información
Beca Hangar-Smart Project Space, Amsterdam. Convocatoria 2011 Convoca: Hangar, Barcelona Descrición: poderán participar todos os artistas visuais de nacionalidade española ou estranxeiros que residan en España, con dominio da lingua inglesa ou holandesa. A duración da residencia en Amsterdam será de 3 meses dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro de 2011. Dotación: 4.500€ Data fin: 4 de abril de 2011 Máis información
Beca Hangar-Cittadellarte, Biella. Convocatoria 2011 NOVO Convoca: Hangar, Barcelona Descrición: poderán participar todos os artistas visuais de nacionalidade española ou estranxeiros que residan en España, con dominio da lingua inglesa ou italiana. A duración da residencia na Fondazione Pistoletto será de 4 meses dende o 15 de xuño ata o 15 de outubro de 2011. Dotación: 2.000€ Data fin: 4 de abril de 2011 Máis información
Beca Hangar-CORE Labs, Pequín. Convocatoria 2011 NOVO Convoca: Hangar, Barcelona Descrición: poderán participar todos os artistas visuais de nacionalidade española ou estranxeiros que residan en España, con dominio da lingua inglesa. O perfil que se busca diríxese a artistas de new media, multimedia, porgramadores ou enxeñeiros cuxa produción ou liña de investigación sexa a relación arte-novas tecnoloxías. A duración da residencia en CORE Labs será de 3 meses dende o 1 de agosto ata o 30 de outubro de 2011. Dotación: 3.550€ Data fin: 4 de abril de 2011 Máis información
Beca Hangar Seoul Art Space Geumcheon. Convocatoria 2011 Convoca: Hangar, Barcelona Descrición: bolsa de intercambio na que poderán participar todos os artistas visuais de nacionalidade española ou estranxeiros que residan en España, con dominio da lingua inglesa. A duración da residencia no SASG será de 3 meses dende o 1 de setembro ata o 30 de novembro de 2011. Dotación: 3.500€ Data fin: 2 de maio de 2011 Máis información
Beca Hangar Tokio Wonder Site. Convocatoria 2011 Convoca: Hangar, Barcelona Descrición: bolsa de intercambio na que poderán participar todos os artistas visuais de nacionalidade española ou estranxeiros que residan en España, con dominio da lingua inglesa. A duración da residencia en Toquio será de 3 meses dende o 15 de setembro ata o 15 de decembro de 2011. Dotación: 3.500€ Data fin: 2 de maio de 2011 Máis información
Beca Hangar-ADM, México D.F. Convocatoria 2011 NOVO Convoca: Hangar, Barcelona Descrición: bolsa de intercambio na que poderán participar todos os artistas visuais de nacionalidade española ou estranxeiros que residan en España. Ao ser ADM un centro de produción especializado nas artes electrónicas, darase prioridade aos artistas que desenvolvan o seu traballo nas seguintes áreas: vídeo, arte sonoro, fotografía, netart, expanded cinema ou gráfica. A duración da residencia en México será de 3 meses dende o 15 de setembro ata o 15 de decembro de 2011. Dotación: 3.000€ Data fin: 2 de maio de 2011 Máis información
Becas Fundación Botín de Artes Plásticas 2010-2012 NOVO Convoca: Fundación Botín, Santander Descrición: convocatoria de bolsas de artes plásticas para formación, investigación e realización de proxectos persoais no ámbito da creación artística. Poderán concorrer todas as persoas, de calquera nacionalidade, de 23 a 40 anos para as bolsas de formación e sen límite de idade para as de investigación. A duración da bolsa é de 9 meses, iniciándose antes do remate de 2011. Dotación: 16.000€ sen cambio de residencia; 24.000€ con traslado a outro país; 28.000€ con traslado a Estados Unidos. Data fin: 6 de maio de 2011 Máis información
Becas Fundación Botín en comisariado de Exposiciones y Gestión de Museos 2011-2012 NOVO Convoca: Fundación Botín, Santander Descrición: convócanse dúas bolsas no estranxeiro destinadas a obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e organización de exposicións dunha maneira integral. O destino da formación debe estar orientado á arte contemporánea. Poderán concorrer todas as persoas con nacionalidade española ou residencia dende os 5 anos anteriores á solicitude. Ademais deberán ter entre 23 e 40 anos, dominar o idioma do país elixido e ser diplomados, licenciados ou estudantes de posgrao en Belas Artes, Historia da Arte, Filosofía e Estética, Literatura, Humanidades ou Crítica. A duración da bolsa será dun curso lectivo, iniciándose antes do remate de 2011. Dotación: 18.000€ aos que se sumarán 12.000€ en concepto de abono da matrícula do centro de formación elexido. Data fin: 6 de maio de 2011 Máis información
Becas de Formación, Experimentación y Creación Pilar Juncosa en los Talleres de Obra Gráfica de Miró NOVO Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Mallorca Descrición: concesión de diferentes bolsas que ofrece a Fundación: 2 bolsas para participar nos obradoiros e cursos que a propia Fundación desenvolve anualmente en Maiorca; 3 bolsas de formación en colaboración con outras institucións artísticas (The Slade School of Fine Arts London, Casa de Velázquez de Madrid e un centro de libre elección) e 5 bolsas de participación no proxecto artístico "Suplantaciones" que se levará a cabo na Fundació Pilar e Joan Miró. Dotación: 2 bolsas nos obradoiros da Fundación: 1.500€ cada unha; 3 bolsas de formación noutras institucións: 3.000€ cada unha; 5 bolsas de participación no proxecto artístico "Suplantaciones": 600€ cada unha. Data fin: 31 de xullo de 2011 Máis información Programa de Residencias para Artistas en el Medio Rural Campo Adentro - arte, agriculturas y medio rural Convoca: Campo Adentro, Madrid Descrición: convocatoria onde se invita e comisiona a artistas individuais ou colectivos, de diferentes disciplinas, para mergullarse en diversos lugares da península que representan casos paradigmáticos do medio rural nunha aposta por experimentar con diferentes fórmulas artísticas. Dotación: non consta Data fin: 30 de agosto de 2011 Máis información INTERNACIONAIS
III Convocatoria Bienal 100 Kubik 2011 NOVO Convoca: 100 Kubik-Raum Führ Spanische Kunst, Colonia (Alemaña) Descrición: o obxectivo da convocatoria é o de promocionar o traballo de artistas españois na modalidade de escultura en Alemaña. A finalidade é a de seleccionar un ou dous escultores para a realización dunha exposición no 100 Kubik no ano 2012. Poderán participar todos os artistas de nacionalidade española ou con residencia nos últimos 4 anos, ademais deberán haber realizado estudos en Belas Artes ou outras ensinanzas artísticas. Dotación: non consta Data fin: 30 de xuño de 2011 Máis información CURSOS E OBRADOIROS
AUTONÓMICOS
Abrindo a Realidade. Marcel Lozinski NOVO Convoca: Festival Internacional de Documentais Play-Doc, Tui Descrición: clase maxistral do cineasta polaco integrada no Festival Internacional de Documentais Play-Doc que se celebra en Tui. Prezo: de balde Datas: 2 de abril de 2011 Máis información
Quen teme a Jean Luc Godard? NOVO Convoca: CGAI, A Coruña Descrición: seminario en torno ao seu último traballo "Film: Socialisme" e á evolución do autor nos últimos anos da súa carreira, que contará coa coordinación de Ángel Quintana e a intervención dun lendario estudoso da obra de Godard, o francés Alain Bergala. Prezo: de balde Datas: 29 de abril de 2011 Máis información
ESTATAIS
Taller "Art for Beginners" Convoca: La Casa Encendida, Madrid Descrición: ao estilo do "workshop" americano, a arte trátase desde un punto de vista práctico e desmitificador. O obradoiro ofrecerá ao artista as ferramentas básicas para o exercicio activo e profesional. Estructúrase en cinco bloques: fiscal-laboral, historia e política cultural, economía, filosofía e estética. Prezo: 50€ Datas: 4-8 de abril de 2011 Máis información
Capital NOVO Convoca: MUSAC, León Descrición: encontro/obradoiro impartido por Daniel G. Andujar, integrado no Proxecto "Vitrinas" do MUSAC, que pretende crear un arquivo local e introducir aos asistentes en conceptos derivados do uso das novas tecnoloxías de información e comunicación, internet ou a electrónica na práctica habitual do artista. Prezo: 30€; 20€ para estudantes, desempregados e xubilados. Datas: 5-8 de abril; 13-16 de setembro de 2011 Máis información
Introducción a la Fotografía Digital en los Procesos Artísticos NOVO Convoca: Hangar, Barcelona Descrición: curso impartido por Daniel Caño, dirixido a todos aqueles que desexen iniciarse no mundo da fotografía. Preténdese dar nel unha visión global do proceso de creación dunha imaxe en eidos dixitais, con contidos concretos e prácticos (composición, técnicas, elección da cámara, etc.). Prezo: 60€; socios: 30€ Datas: 11, 12 e 13 de abril de 2011 Máis información
I+C+i #2 // La remezcla como Ecosistema Cultural NOVO Convoca: Centre de Cultura Contemporània de Barcelona Descrición: obradoiro que ten como tema a remestura como proceso que se encontra presente na nosa vida cotiá, tanto nos aspectos máis simples como en calquera tipo de creación intelectual xa sexa na arte, na música ou na publicidade. Prezo: de balde Data: 13 de abril de 2011 Máis información
Desde/hacia la II República NOVO Convoca: MNCARS, Madrid Descrición: seminario internacional que pretende mostrar algúns dos actuais debates, estudos e investigacións sobre a arte durante a II República. Trataranse temas como as vangardas formais e políticas, arte de compromiso político e/ou social, urbanismo, fotografía, etc., e a relación que tiveron cos rexímenes totalitarios e o seu desenlace na Guerra Civil ou na Segunda Guerra Mundial. Prezo: de balde Datas: 14-15 de abril de 2011 Máis información Taller de cine con Edgardo Cozarinsky. "La contaminación mutua entre ficción y documental" Convoca: La Casa Encendida, Madrid Descrición: o obradoiro versará sobre o "cine de ensaio", aquel que emerxe da contaminación mutua entre ficción e documental. Un cine "que pon en conversación en vez de poñer en escena"; que dunha forma moi libre implica unha reflexión personal exercida a partir de feitos históricos, de personaxes que realmente existiron, de personaxes de ficción, ou de versos dun poema... Prezo: 50€ Datas: 25-29 de abril de 2011 Máis información
Taller con Kristoffer Ardeña Convoca: La Casa Encendida, Madrid Descrición: o obradoiro forma parte do proxecto "The Cover Version Project", basado na video-performance do artista Kristoffer Ardeña "A lie that set you free". A premisa básica do proxecto é invitar a diferentes artistas a crear novos traballos baseados en "A lie that set you free", os cales serán: versión, remezclas, parodias ou simplemente reaccións, positivas ou non, respecto do orixinal. Prezo: 50€ Datas: 25-29 de abril de 2011 Máis información
Arte, Psicoanálisis, Política. Un Modo de Organización Alrededor del Vacío. Brumaria NOVO Convoca: MUSAC, León Descrición: diálogo en torno ós conceptos lacanianos que inspiran a exposición Brumaria Works #3 Expanded Violences. Prezo: de balde Datas: 30 de abril de 2011 Máis información
Introducción a las Técnicas de Cámara e Iluminación en el Vídeo Digital NOVO Convoca: Hangar, barcelona Descrición: o obxectivo do obradoiro é o de entender a importancia da luz como elemento expresivo fundamental en toda obra visual. No curso traballaranse os conceptos fundamentais en torno á iluminación e gravación de vídeo (materiais, técnicas ou recursos básicos). Prezo: 60€; socios: 30€ Datas: 9, 10 e 11 de maio de 2011 Máis información
3 Foro de la Edición. Un Espacio para la Crítica del Arte y su Difusión: Revistas de España y Portugal NOVO Convoca: MUSAC, León Descrición: foro no que participarán Rosa Olivares (directora de Exit, Exit Express e Exit Book), Jorge Tarazona (director Arte10.com) ou Paula Brito Medori (directora de L+arte), no que se debaterá en torno ás publicacións especializadas en arte contemporánea en España e Portugal. Prezo: de balde Datas: 14 de maio de 2011 Máis información
Iniciación a la Serigrafía NOVO Convoca: Arteleku, Gipuzkoa Descrición: curso impartido por Nerea López no que se introducirá aos participantes no coñecemento da técnica serigráfica, posibilitando a experimentación e desenvolvemento para a realización de proxectos artísticos. Prezo: non consta Datas: 6-10 de xuño de 2011 Máis información
La Construcción de la Mirada NOVO Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: obradoiro no que se fará un achegamento á fotografía como un proceso no que o documental contribúe a definir unha linguaxe especificamente fotográfica, ata chegar á reportaxe como forma de construción na que se integra o narrativo co puramente visual. Prezo: 150€ Datas: 13-17 de xuño de 2011 Máis información
XVIII Jornadas de Estudio de La Imagen NOVO Convoca: Ca2M, Madrid Descrición: xornadas dirixidas por Aurora Fernández Polanco que constarán dun seminario internacional de artistas e teóricos aberto ao público, un foro de investigadores en teoría e práctica artística, que presentarán o seu traballo nas sesións críticas que se desenvolverán ao longo das xornadas, e dous obradoiros de artista. Entre os participantes confirmados atópanse Vincent Meessen, Rabih Mroué, Gerald Raunig, Suely Rolnik e Hito Steyerl. Prezo: non consta Datas: 20-24 de xuño de 2011 Máis información
Taller de Paul Graham NOVO Convoca: Fundación Botín, Santander Descrición: obradoiro que se desenvolverá en inglés ata un máximo de 15 alumnos ao que poderán concorrer os candidatos que demostren o seu compromiso e experiencia no eido da fotografía. Prezo: 80€ en concepto de reserva que se devolverá ao final do obradoiro. Datas: 4-15 de xullo de 2011 Máis información
Rastros de Humo... El Arte al Rojo Vivo. Técnica Rakú para Artistas NOVO Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: obradoiro que pretende achegar e facer asequible a técnica do Rakú (técnica oriental de cocción de cerámica) aos artistas e ceramistas que desexen introducir e experimentar directamente co lume nas súas obras, facéndoas máis creativas, experimentais e artísticas. Prezo: 210€ Datas: 4-15 de xullo de 2011 Máis información
Fotograbado sobre Polímero. La Imagen Fotográfica en el Grabado Contemporáneo NOVO Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: obradoiro impartido por Juan Lara Hierro que se presenta como un medio de experimentación coa imaxe, tanto dixital como analóxica, onde se sentarán as bases para a transferencia a unha matriz fotosensible que será procesada para a súa posterior estampación calcográfica. Prezo: 210€ Datas: 25 de xullo - 4 de agosto de 2011 Máis información
PREMIOS
AUTONÓMICOS
VIII Concurso de Pintura Concello de Cee Convoca: Concellería de Educación, Cultura e Xuventude de Cee, A Coruña Descrición: poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos que así o desexen. Poderán concorrer con dúas obras de técnica libre e unha temática que abarcará todo o relacionado con xeografía, arte, historia e patrimonio etnográfico da Costa da Morte. Premios: 1º premio: 1.000€; dous accésits: 600€ cada un. Data fin: 15 de abril de 2011 Máis información
I Concurso Internacional de Carteis IX Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal Convoca: Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, Santiago de Compostela Descrición: poderán participar todas as persoas que así o desexen, individual ou colectivamente, cun máximo de 3 deseños. Os carteis teñen que facer referencia ao cine e á cultura árabe. Na obra deberá figurar o texto "IX FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE EUROÁRABE AMAL". Premio: 1.200€ Data fin: 22 de abril de 2011 Máis información
XIV Concurso de Carteis da Festa do Polbo NOVO Convoca: Concello de Mugardos, A Coruña Descrición: poderán participar todas aquelas persoas, maiores de 16 anos, que o desexen. Cada participante poderá presentar un único orixinal, de tamaño DIN A-3, sen límite de cores ou técnicas. Na obra deberá figurar o texto "XXI FESTA DO POLBO CONCELLO DE MUGARDOS". Premio: 500€ Data fin: 30 de abril de 2011 Máis información
XXI Concurso de Pintura "Bello Piñeiro" "Piñeiro Pose" NOVO Convoca: Concello de Mugardos, A Coruña Descrición: poderán concorrer todos os maiores de 18 anos que o desexen. Poderá presentarse un máximo dunha obra, única e orixinal de técnica libre que teña como tema a paisaxe galega e que non supere os 150 x 150 cm. Premio: 1.800€ Data fin: 10 de maio de 2011 Máis información
Novos Valores 2011 NOVO Convoca: Deputación de Pontevedra Descrición: poderán participar todos os artistas (pintores, escultores, debuxantes, fotógrafos, videocreadores, etc.) susceptibles de seren considerados novos valores, naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. As obras deberán ser orixinais, aceptándose só unha obra por artista en cada especialidade. Premios: 6 premios de 6.000€ cada un para ampliación dos seus estudos artísticos. Data fin: 9 de xuño de 2011 Máis información
IX Edición Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal Convoca: Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, Santiago de Compostela Descrición: poderá presentarse calquera película, longametraxe ou curtametraxe, documental ou de ficción, producida nun país árabe ou coproducida entre outros países e calquera país árabe, ou obras producidas en calquera parte do mundo que aborden temas relacionados co mundo árabe. Os traballos presentados deberán estar realizados entre os anos 2009-2011. Premios: mellor longametraxe de ficción: 5.000€; mellor documental: 3.500€; mellor curta de ficción: 1.200€; mellor curta documental: 1.200€; mellor director: 4.000€; premio Amal do público: 1.500€ Data fin: 15 de xuño de 2011 Máis información
III Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro NOVO Convoca: Asociación Cultural entre Bambalinas, Cangas do Morrazo Descrición: o obxectivo do certame é o de adaptar para banda deseñada a peza "Belicosario" de Manuel Lourenzo. Poderán participar todas as persoas que así o desexen co número de obras que queiran. O texto será en lingua galega, en formato DIN A-4 e cunha extensión mínima de 12 páxinas (cor ou branco e negro) máis portada en cor. Premio: 1.000€ Data fin: 17 de xuño de 2011 Máis información
VII Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2011 NOVO Convoca: Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela Descrición: poderán participar todos os artistas, individual ou colectivamente, nados ou residentes en Galicia e que sexan menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011. Cada artista poderá participar cunha soa obra, realizada en calquera tipo de técnica ou soporte (pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación, etc.) e que sexa orixinal e inédita. Premios: 1º premio: 6.500€; 4 accésits: 1.500€ cada un; premio do público: 1.200€ Data fin: 23 de setembro de 2011 Máis información
ESTATAIS
Concurso de Carteles "Fiestas Patronales Santa Ana 2011" NOVO Convoca: Ayuntamiento de Tudela, Navarra Descrición: poderán participar todas as persoas que así o desexen cun máximo de dúas obras. Os carteis deberán presentar un formato de 100x70 cm. e nel deberá figurar o escudo de Tudela, así coma o texto: "TUDELA FIESTAS DE SANTA ANA 2011. 24 AL 30 DE JULIO". Premios: 1º premio: 2.000€; accésit de 700€ Data fin: 6 de abril de 2011 Máis información
Concurso Fotográfico "Septenio 2011" Convoca: Gobierno de Canarias Descrición: poderá participar calquera persoa física, afeccionada ou profesional, de calquera parte do mundo. A temática do concurso será "O Mar", e cada participante poderá concorrer con 5 fotografías de técnica libre. Premios: mellor serie: 1º premio: 5.000€; 2º premio: 3.000€; mellor fotografía: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 2.000€; 3º premio: 1.000€ Data fin: 8 de abril de 2011 Máis información
Certamen de Pintura S. Soria Villa de Benissa Convoca: Ayuntamiento de Benissa, Alacant Descrición: poderán participar todas as persoas que así o desexen independentemente da súa nacionalidade ou idade, individual ou colectivamente. Poderán concorrer cun máximo de dúas obras, e a técnica e a temática serán libres. Premios: 1º premio: 5.000€; accésits: montaxe dunha exposición no Centro Cultural de Benissa Data fin: 8 de abril de 2011 Máis información
Festival Internacional de Cine Universitario de Granada "EXIT 2011" NOVO Convoca: Facultad de Comunicación y Documentación, Universidad de Granada Descrición: concurso de ámbito internacional no que poderán participar todas as persoas que o desexen sen límite de idade, sempre e cando o 50% máis 1 do equipo de produción posea a condición de estudante universitario. As obras, realizadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009, deberán estar en formato DVD (PAL) e non superar os 20 minutos de duración. Establécense 3 categorías: ficción, experimental e documental. Premios: mellor curta de ficción: 1.000€; mellor curta documental: 1.000€; mellor curta experimental: 1.000€ Data fin: 8 de abril de 2011 Máis información
X Concurso Internacional de Artes Plásticas "Universidad de Zaragoza" Convoca: Universidad de Zaragoza Descrición: poderán participar todos os estudantes das universidades ou escolas de arte do planeta matriculados durante o curso 2010-2011, así como calquera outro membro da comunidade universitaria. Non se establecen modalidades, podéndose presentar obras en calquera formato ou soporte con tema e técnica libres. Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 1.800€; 3º premio: 1.200€ Data fin: 11 de abril de 2011 Máis información
Generación 2012 NOVO Convoca: CajaMadrid Descrición: poderán participar todos os artistas, maiores de idade, españois ou estranxeiros residentes en España que non superen os 35 anos á data de peche. Cada participante presentará un traballo inédito, rematado ou non, de calquera manifestación artística, plástica ou visual. Premio: 15.000€ para os 10 artistas cuxo traballo sexa seleccionado. Data fin: 13 de abril de 2011 Máis información
XII Premio Internacional de Pintura " Miquel Viladrich" NOVO Convoca: Ayuntamiento de Torrelameu, Lleida Descrición: poderá participar calquera artista do mundo que así o desexe cunha soa obra. A técnica e a temática serán libres e o formato será dun mínimo de 60 x 60 cm e un máximo de 200 x 200 cm. Premios: 1º premio: 2.500€; 2º premio: 1.700€; 3º premio: 1.200€ Data fin: 14 de abril de 2011 Máis información
Concurs d'Arts Visuals Premi Miquel Casablancas 2011 NOVO Convoca: Sant Andreu Contemporani, Barcelona Descrición: convocatoria pública de ámbito nacional dirixida a novos creadores (nados a partir do 1 de xaneiro de 1975) dentro da práctica artística actual. Poderase participar dentro de dúas modalidades: premio-obra e bolsa-proxecto, aos que se poderá concorrer cunha soa obra por modalidade. Premios: modalidade obra: 3.000€; modalidade proxecto: 4.000€ Data fin: 14 de abril de 2011 Máis información
I Concurso de Escultura Fundación AguaGranada Convoca: Fundación AguaGranada, Granada Descrición: poderán participar todos os artistas que así o desexen, independentemente da súa nacionalidade ou lugar de residencia. Cada artista deberá presentar unha obra escultórica e a temática será libre. Premio: 6.000€ Data fin: 15 de abril de 2011 Máis información
Premios Ejército 2011. Fotografía Convoca: Jefatura del Estado Mayor del Ejército, Madrid Descrición: poderán participar todos os artistas que así o desexen, independentemente da súa nacionalidade ou lugar de residencia. Os autores poderán presentar unha obra por cada categoría dentro de cada modalidade e a temática deberá estar relacionada con calquera actividade desenvolvida polo Ejército de Tierra. Premios: mellor serie: 3.000€ + trofeo + diploma; mellor fotografía: 2.000€ + trofeo + diploma Data fin: 15 de abril de 2011 Máis información
Premios Ejército 2011. Pintura Convoca: Jefatura del Estado Mayor del Ejército, Madrid Descrición: poderán participar todos os artistas que así o desexen, independentemente da súa nacionalidade ou lugar de residencia. Os autores poderán presentar unha obra por cada categoría dentro de cada modalidade e a temática deberá estar relacionada con calquera actividade desenvolvida polo Ejército de Tierra. A técnica e o estilo serán libres. Premios: gran formato: 7.000€ + trofeo + diploma; pequeno formato: 5.500€ + trofeo + diploma Data fin: 15 de abril de 2011 Máis información
XIII Certamen Nacional "La Gastronomía y la Pintura" Memorial Roberto García López Convoca: Restaurante Casa Consuelo de Otur Valdés, Asturias Descrición: certame de libre concorrencia no que se poderá presentar unha única obra de temática e técnica libre, cuxas dimensións non poderán superar os 81x65cm nin ser inferiores aos 45x38cm. Premio: 42.000€ para adquisición de obras. Data fin: 15 de abril de 2011 Máis información
Concurso de Fotografía HSBC Convoca: HSBC, Madrid Descrición: neste concurso, preténdese recoller e premiar as mellores imaxes que definan e resuman o acontecido en España nos últimos 30 anos. Poderán participar todos os fotógrafos contemporáneos de calquera idade e nacionalidade que así o desexen cun máximo de 3 fotografías. Premios: 1º premio: 5.000€; 2º premio: 4.000€; 3º premio: 3.000€ Data fin: 15 de abril de 2011 Máis información
4º Premio UNIA de Pintura 2011 Convoca: Universidad Internacional de Andalucía, Sevilla Descrición: poderán participar todos os estudantes matriculados en calquera dos tres ciclos dos plans de estudo das diferentes universidades españolas durante o curso académico 2010-2011 e calquera outro membro da comunidade universitaria (docentes ou persoal de servizos). Igualmente poderán concorrer todos aqueles persoas que remataran os seus estudos universitarios dende o curso 2003-2004. Premios: 6.000€ para adquisición de obras. Data fin: 15 de abril de 2011 Máis información
XXX Certamen de Pintura "Villa de Montellano" NOVO Convoca: Ayuntamiento de Montellano, Sevilla Descrición: poderán participar todos os pintores que así o desexen, independentemente da súa nacionalidade. Poderán presentarse ata un máximo de 3 obras orixinais por autor, sendo a temática e a técnica libres. Premios: 1º premio: 2.000€; dous accésits de 300€ cada un. Data fin: 15 de abril de 2011 Máis información
XII Concurso de Pintura "Moros Nuevos" NOVO Convoca: Comparsa de Moros Nuevos, Villena (Alacant) Descrición: poderán concorrer todos os autores nados ou residentes no Estado que así o desexen. Cada autor poderá presentar unha soa obra orixinal datada nos anos 2010 ou 2011 e de temática libre. Premio: 6.000€ Data fin: 26 de abril de 2011 Máis información
Concurso de Carteles de la 56ª Edición del Festival Internacional de Cine de Valladolid NOVO Convoca: Seminci, Valladolid Descrición: a participación está aberta a todos os maiores de 18 anos que o desexen, cun único cartel de tema e composición relacionado co mundo do cine. Os carteis poderán ser executados mediante calquera técnica cunhas dimensións de 50x70 cm e nel deberá aparecer o seu logotipo oficial e a lenda: "56 SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE VALLADOLID. 22-29 DE OCTUBRE DE 2011". Premio: 3.000€ Data fin: 27 de abril de 2011 Máis información
Concurso de Fotografía "Eolo 2011" Convoca: AEE, Asociación Empresarial Eólica Descrición: poderán participar todas as persoas que así o desexen que estean interesadas en plasmar as múltiples facetas da enerxía eólica como enerxía limpa, sostible e autóctona. Premio: 3.000€ Data fin: 29 de abril de 2011 Máis información
NARTUR 2011. I Concurso de Intervenciones Artísticas en la Naturaleza de Asturias Convoca: Grupo de Desarrollo Rural de Alto Narcea-Muniellos, Asturias Descrición: poderán concorrer todas as persoas maiores de idade, independentemente da súa nacionalidade ou lugar de residencia, que así o desexen. Os materiais cos que se realice o proxecto son de libre elección sempre que sexan suficientemente duradeiros, xa que o carácter da obra é permanente. Ademais a execución da obra deberá respectar o contorno. Premio: 12.000€ para a realización das intervencións Data fin: 29 de abril de 2011 Máis información
XI Concurso de Fotografía Apícola Convoca: Ayuntamiento de Azuqueca de Henares, Madrid Descrición: poderán participar todas as persoas de calquera país do mundo que así o desexen. O tema a desenvolver será o da apicultura en calquera dos seus aspectos: bioloxía, colmeas, comercio, produción, etc. A técnica é libre e poden presentarse tanto en branco e negro coma en cor. Premios: mellor fotografía: 1º premio: 800€ + diploma; 2º premio: 600€ + diploma; 3º premio: 400€ + diploma; mellor serie: 1º premio: 800€ + diploma Data fin: 30 de abril de 2011 Máis información
IV Premio de Pintura y Fotografía "Ramón Muñoz Torres" NOVO Convoca: I.E.S. Luis Carrillo de Sotomayor, Baena (Córdoba) Descrición: poderá participar calquera persoa, sen límite de idade, cun máximo de dúas obras orixinais e inéditas por autor. A temática será o "Patrimonio Cultural de Córdoba" e a técnica será libre. Establécense dúas categorías, unha para a participación estatal e outra para os participantes de Baena. Premios: pintura: premio estatal: 2.000€; premio local: 1.000€; fotografía: 1º premio: 500€ Data fin: 30 de abril de 2011 Máis información
XXXV Certamen Nacional de Pintura Villa de Pego NOVO Convoca: Ayuntamiento de Pego, Alacant Descrición: poderán concorrer todos os artistas maiores de idade e de calquera nacionalidade que o desexen. A técnica e a temática serán libres e as medidas non serán superiores a 200 cm nin inferiores a 100 cm. Premio: 6.000€ Data fin: 30 de abril de 2011 Máis información
XXXI Concurso Nacional de Fotografía Sarthou Carreres NOVO Convoca: Agrupació Fotogràfica Sarthou Carreres, Castelló Descrición: poderán participar todos os fotógrafos afeccionados e profesionais residentes no territorio nacional que así o desexen. Cada participante poderá concorrer cunha ou dúas coleccións de 4 fotografías cada unha de temática e técnica libres. Premios: 1 premio: 1.000€; 2º premio: 500€; 3º premio: 300€; mellor colección de autor social: 300€ Data fin: 30 de abril de 2011 Máis información
Premio de Pintura "Ciudad de Tudela 2011" Convoca: Ayuntamiento de Tudela, Navarra Descrición: poderán participar todas as persoas de calquera país do mundo que así o desexen. A técnica e a temática serán libres e as medidas non serán inferiores a 100cm, nin superiores a 200cm en ningún dos seus lados. Poderase concorrer cunha única obra. Premios: 1º premio: 9.000€; 2º premio: 4.000€ Data fin: 5 de maio de 2011 Máis información
XXVIII Concurso Nacional de Fotografía "Libre Expresión" NOVO Convoca: Club Fotográfico 76 "Juan Rivera", Puerto Real (Cádiz) Descrición: poderán presentarse todas as persoas que o desexen. A temática e a técnica serán libres e cada autor poderá presentar ata un máximo de 3 coleccións compostas de 3 a 5 fotografías inéditas cada unha, con ou sen unidade temática. Premios: 1º premio: 700€ + placa; 2º premio: 400€ + placa; 3º premio: 300€ + placa Data fin: 6 de maio de 2011 Máis información
Certamen Nacional de Pintura Cruzcampo-Ciudad de Calahorra NOVO Convoca: Fundación Cruzcampo e Ayuntamiento de Calahorra, La Rioja Descrición: poderán concorrer todos os artistas que o desexen cun máximo de dúas obras por autor. A temática xirará en torno ó ámbito da hostelería en calquera dos seus aspectos e a técnica será libre. Premios: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 3.000€ Data fin: 13 de maio de 2011 Máis información
XXXII Concurso Fotográfico "Villa de Amurrio 2011" NOVO Convoca: Ayuntamiento de Amurrio, Álava Descrición: certame no que cada autor poderá concorrer con dúas coleccións de tres fotografías inéditas por modalidade (temática libre ou sobre Amurrio). Premios: modalidade libre: 1º premio: 600 + trofeo; 2º premio: 200€ + trofeo; modalidade Amurrio: 1º premio: 600€ + trofeo; 2º premio: 200€ + trofeo. Data fin: 13 de maio de 2011 Máis información
XI premio de Fotografía Área de Artes Plásticas Universidad de Murcia NOVO Convoca: Área de Artes Plásticas de la Universidad de Murcia Descrición: poderá participar calquera persoa residente no Estado con independencia da súa nacionalidade. O autor poderá presentar ata un máximo de 5 fotografías en branco e negro ou cor, de temática libre. Premio: 1.800€ Data fin: 13 de maio de 2011 Máis información
VIII Certamen Nacional de Pintura "El Pincel Verde" NOVO Convoca: Delegaciones de Cultura y Medio Ambiente del Ayuntamiento de Leganés, Madrid Descrición: o obxectivo do certame é o de difundir os valores ecolóxicos e o coñecemento e conservación do medio ambiente. Poderán participar todos os artistas españois ou estranxeiros que así o desexen. Cada autor poderá presentar unha única obra de técnica libre e coa temática "La naturaleza y la conservación del medio ambiente". Premios: 1º premio: 5.000€; 2º premio: 2.500€; premio El Zoco Autor Joven: 1.200€ (nados a partir do 1-1-1983). Data fin: 18 de maio de 2011 Máis información
IV Concurso de Carteles "San Silvestre Salmantina 2011" Convoca: Club Deportivo Padre Basabe, Salamanca Descrición: poderán concorrer todas as personas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade ou residencia. Nos carteis deberá figurar o texto: "XXVIII VUELTA POPULAR SAN SILVESTRE SALMANTINA. 31 DE DICIEMBRE DE 2011" e o seu logo oficial. Premio: 2.000€ Data fin: 31 de maio de 2011 Máis información
VI Concurso de Pintura y Escultura Figurativas de la Fundación de las Artes y los Artistas NOVO Convoca: Fundació de les Arts i els Artistes, Barcelona Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen cunha soa obra por autor podendo participar nas dúas modalidades. A técnica e o tema da obra serán libres, pero sempre na modalidade de arte figurativa. Premios: modalidade pintura: 36.000€; modalidade escultura: 44.000€; 120.000€ para adquisición de obra. Data fin: 31 de maio de 2011 Máis información
Premios Virgen del Carmen 2011 de Fotografía Convoca: Ministerio de Defensa, Madrid Descrición: o obxectivo deste certame é o de fomentar o achegamento da Armada á sociedade a través da fotografía. Os participantes deberán ser os autores das fotografías, concorrendo cun máximo de 4 fotografías. Premio: 2.500€ + diploma Data fin: 10 de xuño de 2011 Máis información
Premios Virgen del Carmen 2011 de Pintura Convoca: Ministerio de Defensa, Madrid Descrición: o obxectivo deste certame é o de fomentar o achegamento da Armada á sociedade a través dunha creación pictórica que plasme a actividade naval en calquera dos seus aspectos. A técnica é libre e só se admitirá unha obre por autor. Premio: 5.000€ + diploma Data fin: 10 de xuño de 2011 Máis información
XII Premio de Pintura Área de Artes Plásticas Universidad de Murcia NOVO Convoca: Área de Artes Plásticas de la Universidad de Murcia Descrición: poderá participar calquera persoa que así o desexe cunha soa obra. A técnica e a temática serán libres e as medidas non poderán superar os 200 cm nin ser menores de 70 cm en calquera dos seus lados. Premio: 8.000€ Data fin: 10 de xuño de 2011 Máis información
XIII Certamen de Artes Plásticas "José Lapayese Bruna" Convoca: Centro de Estudios del Jiloca, Teruel Descrición: a participación está aberta para todos os artistas nacionais ou estranxeiros que presenten unha obra inédita e recente de pintura ou escultura. A temática e as medidas serán libres. Premios: premio José Lapayese: 1.200€; premio "ARS": 1.000€ Data fin: 15 de xuño de 2011 Máis información
IV Certamen Internacional "Luis Molina" de Cómic Convoca: Ayuntamiento de Blanca, Murcia Descrición: poderán participar todos os debuxantes, preofesionais ou afeccionados, a nivel mundial, sen ningún tipo de distinción. a temática será libre e deberán estar escritos en castelán, inglés ou francés nun máximo de 8 páxinas. Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 700€ Data fin: 30 de xuño de 2011 Máis información
37º Badalona Film Festival Convoca: Badalona Film Festival, Barcelona Descrición: poderán participar todas as curtametraxes de calquera nacionalidade inéditas en dito festival. As obras poderán estar rodadas en calquera formato cinematográfico ou videográfico e deberán presentarse en formato DVD para a preselección cunha duración máxima de 30 minutos Premios: mellor película: 3.000€; premio especial do xurado: 1.000€; premio do público: 1.000€; mellor ficción: 1.000€; mellor animación: 1.000€; mellor documental: 1.000€; mellor película experimental: 1.000€ Data fin: 30 de xuño de 2011 Máis información
Concurso de Piezas Audiovisuales "Instantes de Paisaje 2011" NOVO Convoca: Centro de Arte y Naturaleza Fundación Beulas, Huesca Descrición: concurso en colaboración coa Fundación Festival de Cine de Huesca que ten como obxectivo a selección dun máximo de 10 proxectos co fin de fomentar a idea de paisaxe e creación audiovisual. Poderán participar todas as persoas que así o desexen cun máximo de dúas pezas en formato DVD (PAL), que non superen os 30 minutos de duración. Premios: 1º premio: 2.000€; 2º premio: 1.000€ Data fin: 1 de xullo de 2011 Máis información
II Premio Solé Tura para Obras Audiovisuales sobre Alzheimer y otras Patologías Neurodegenerativas NOVO Convoca: Fundación Uszheimer, Barcelona Descrición: o obxectivo do premio é o de fomentar e mellorar a sensibilización e conciencia social de enfermidades coma o Alzheimer, Parkinson e outras patoloxías neurodexenerativas vencelladas ao envellecemento, mediante a creación audiovisual documental ou de ficción dentro do devandito campo. Poderán participar todas as persoas que así o desexen, de xeito individual ou colectivo, cun traballo en formato DVD cuxa duración sexa de entre 5 e 52 minutos. Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 1.500€; 3º premio: 500€ Data fin: 2 de xullo de 2011 Máis información
Festival Punto y Raya 2011 NOVO Convoca: puntoyrayafestival.com Descrición: o festival pretende explorar a síntese máxima da dualidade forma-movemento en diversas esferas artísticas. O seu obxectivo é a simplicidade e a abstracción dirixidas a obras audiovisuais construídas netamente a través de puntos e raias. A participación está aberta a calquera persoa do mundo de calquera idade e formación. Os filmes deberán estar realizados unicamente con puntos e raias, evadindo a representación. Cada autor poderá presentar o número de obras que desexe, realizadas en calquera data e que non superen os 9 minutos de duración. Premio: non consta Data fin: 4 de xullo de 2011 Máis información
Premio Pilar Juncosa i Sotheby's NOVO Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: convocatoria de carácter bienal que premiará a produción dunha intervención artística nos seus xardíns. Cada candidato presentará un proxecto artístico adecuado para os espazos exteriores. Premio: 30.000€ Data fin: 31 de xullo de 2011 Máis información
Premio Pilar Juncosa de Investigación sobre Miró y su Contexto Artístico-Cultural NOVO Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: premio bienal de investigación centrado na figura de Joan Miró e/ou o seu contexto artístico-cultural. As propostas deben ser inéditas e o xurado valorará especialmente os proxectos cuxo obxectivo sexa o estudo de aspectos ou períodos pouco coñecidos de Joan Miró. Premio: 6.000€ Data fin: 31 de xullo de 2011 Máis información
Premio Pilar Juncosa para un Proyecto Educativo NOVO Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: premio para a realización dun proxecto educativo no eido das artes visuais que ten como obxectivo achegar o exemplo creativo de Joan Miró e da arte contemporánea en xeral a todos os sectores cidadáns (profesorado, nenos, persoas maiores, discapacitados, etc.). Os proxectos educativos poden estar relacionados co fondo documental e artístico da Fundación ou con calquera outro aspecto de creación contemporánea. Premio: 6.000€ Data fin: 31 de xullo de 2011 Máis información
Premio Pilar Juncosa a un Proyecto de Experimentación en el Ámbito de la Obra Seriada NOVO Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: o obxectivo do premio é o de apoiar e axudar os proxectos creativos relacionados coa promoción, investigación e experimentación de técnicas e procesos innovadores dentro do ámbito da gráfica e outras disciplinas seriadas. Así, a Fundación premiará a innovación e calidade nas técnicas de estampación e seriación. Premio: 8.000€ Data fin: 31 de xullo de 2011 Máis información
Convocatoria Transfera TV & Muestra de Arte Audiovisual MADATAC 03 Convoca: La Central Digital/Canal Autor, Madrid Descrición: poderán participar todos os autores que o desexen, independentemente da súa nacionalidade ou residencia. O obxectivo da convocatoria é o de dar a coñecer ao gran público a videoartistas consolidados, así como aqueles novos valores que aporten propostas renovadoras afastadas da narrativa visual convencional. Premios: premios MADATAC: 5 premios para varias categorías, que consistirán nunha obra de arte vangardista realizada pola artista plástica Silvia Rosende e o deseñador en 3D Javier de Andrés; premios Metrópolis: selección dun total de 27 minutos en dereitos de emisión; premios Transfera: selección de 3 obras para subasta pública; premios Samsung: produtos de dita marca. Data fin: 5 de setembro de 2011 Máis información
XIII Premio de Fotografía "Cuenca y su Arquitectura" NOVO Convoca: Demarcación en Cuenca del Colegio de Arquitectos de Castilla La Mancha Descrición: poderán participar todas as persoas naturais ou residentes no Estado cun máximo de tres fotografías inéditas (en branco e negro ou cor) e non premiadas en concursos anteriores. A temática versará obrigatoriamente sobre a arquitectura de Cuenca e a súa provincia. Premios: 1º premio: 1.000€ + diploma; 2 accésits de 500€ cada un + diploma; premio "Lorenzo Castellanos Olmedilla": 500€ (reservado para arquitectos colexiados). Data fin: 9 de setembro de 2011 Máis información
Concurso Alternatif - XII Festival de Cine de Pamplona - Iruñeko XII Zinemaldia NOVO Convoca: Festival de Cine de Pamplona Descrición: poderán participar (sen límite de obras presentadas polo autor/es) curtametraxes de ficción, de tema libre e de produción e/ou dirección española. As obras, realizadas a partir do 1 de xaneiro de 2010, poderán estar en formato 35mm ou DVD PAL e non durarán máis de 30 minutos. Premios: premio ALTERNATIF: 5.000€; mellor interpretación feminina: 2.000€; mellor interpretación masculina: 2.000€; premio do público-Ateneo navarro: 1.000€; mellor curtametraxe navarra: 1.000€ Data fin: 15 de setembro de 2011 Máis información
XXXII Certamen Artístico "Villa de Amurrio 2011" NOVO Convoca: Ayuntamiento de Amurrio, Álava Descrición: poderán participar todas as persoas que así o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade ou residencia. Cada artista poderá presentar dúas obras orixinais en calquera das modalidades do certame (pintura, escultura ou obra de arte dixital) con técnica e temática libres. Premios: 1º premio: 4.000€ + escultura conmemorativa; 2º premio: 1.500€ + escultura conmemorativa; premio local: 1.000€ Data fin: 16 de setembro de 2011 Máis información
III Premio Internacional de Novela Gráfica "Dibujando entre Culturas" Convoca: Fundación Tres Culturas, Sevilla Descrición: poderán participar todos os autores que o desexen, independentemente da súa nacionalidade ou residencia. Poderase presentar unha obra por autor/es en proposta cómic de 96 a 124 páxinas en branco e negro ou cor, escritas en castelán, inglés ou francés e que estean ambientadas no Mediterráneo no seu presente, futuro ou na súa historia. Premio: 1.000€ + contrato de publicación por valor de 6.500€ Data fin: 5 de outubro de 2011 Máis información
INTERNACIONAL
V Concurso de Diseño HI-MACS 2011 Convoca: LG Hausys Europe GmbH, Xenebra (Suíza) Descrición: concurso de ámbito europeo para deseñadores profesionais e estudantes relacionados co deseño, enfocado a deseñar mobiliario utilizando HI-MACS (material Solid Surface). A temática será "Mobiliario urbano", e pretende que o deseñador "amoble" a cidade elixindo un obxecto con total liberdade (ex.: bancos públicos, cabinas telefónicas, farolas, etc.). O concurso premiará as novas ideas atendendo á súa innovación, concepto, estética ou criterios de funcionalidade ou atractivo comercial. Cada participante poderá concorrer con ata 5 proxectos realizados en solitario. Premios: modalidade profesional: 1º premio: 2.000€ en produtos LG; modalidade estudante: 1º premio: 1.000€ en produtos LG. Concederase a todos os finalistas a fabricación do prototipo e a exposición deste na "Semana do Deseño de Londres 2011". Data fin: 30 de abril de 2011 Máis información |