BOLSAS - AXUDAS ESTATAIS
Beca Ramón Acín Convoca: Diputación de Huesca Descrición: poderán participar aqueles artistas visuais españois ou residentes en España, sen límite de idade, que cumpran as condicións da convocatoria. Poderanse participar proxectos sen importar a disciplina artística pero como condición imprescindible deberán estar relacionados co territorio da Provincia de Huesca. O disfrute da bolsa será durante un ano. Dotación: 15.000€ Data fin: 26 de xuño de 2010 Máis información
Beca de investigación María Sarrate 2010 Convoca: CDAN-Fundación Beulas, Huesca Descrición: o obxectivo é a realización de traballos de investigación e estudo crítico sobre a arte contemporánea, con espacial atención á Colección Beulas-Sarrate. A bolsa está dirixida a diplomados ou licenciados en Belas Artes, Humanidades, Historia da Arte, Biblioteconomía e Documentación e/ou investigadores destas disciplinas. A duración da bolsa será de 9 meses. Dotación: 6.000€ Data fin: 1 de xullo de 2010 Máis información
Beca de Residencia Artística Campecho 2010 NOVO Convoca: Asociación Campecho, Villanueva de los Infantes Descrición: o obxectivo é a realización dun proxecto de calquera disciplina artística. Está dirixida a artistas de tódalas idades e nacionalidades. Dotación: aloxamento e manutención: 1.050€; honorarios: 500€ Data fin: 2 de xullo de 2010 Máis información
Exposición de proxectos no Almacén Sur NOVO Convoca: LABoral Centro de Arte y Creación Industrial, Xixón Descrición: realización dun proxecto artístico para a súa exposición na sala Almacén Sur. O obxectivo é apoiar e difundir aos colectivos e asociacións artísticas. Dotación: as facilidades proporcionadas pola sala para a exposición dun proxecto propio. Data fin: 28 de xullo de 2010 Máis información Becas de formación, experimentación y creación en los talleres de obra gráfica de Miró Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: bolsas de formación para asistir aos obradoiros e cursos da propia Fundació Pilar i Joan Miró ou noutros centros, coma o "The School of Fine Arts. University Collage London" entre outros. Dotación: entre 1.500€ e 3.000€ segundo a bolsa. Data fin: 31 de agosto de 2010 Máis información
Programa de Apoyo a Artistas Plásticos y Colectivos Artísticos Convoca: Caja de Burgos Descrición: a convocatoria establece a concesión de axudas económicas para colaborar na produción de proxectos expositivos nas seguintes disciplinas: pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación, gravado e técnicas de estampación. Dotación: non consta Data fin: 29 de outubro de 2010 Máis información
I Certamen Internacional de Artes Plásticas AIBACC NOVO Convoca: Sala AIBACC, Girona Descrición: realización dunha obra dentro do campo das artes plásticas, onde o tema, a técnica e o estilo sexan libres. Poden participar artistas e creadores de todo o mundo, sen límite de idade. Este certame posue unha cuota de inscrición de 25€. Dotación: tres bolsas de distintas estadías dun mes na Residencia de Artistas-Centro de Creación e Investigación Artística en Girona, cunha duración. Data fin: 30 de novembro de 2010 Máis información
CURSOS E OBRADOIROS
AUTONÓMICOS
XVI Taller Pablo Ruiz Picasso 2010. Fotografía e Paisaxe en contrucción NOVO Convoca: Museo Gas Natural Fenosa, A Coruña Descrición: curso de fotografía da man da fotógrafa Rosa Muñoz. Poden inscribirse aquelas persoas galegas ou residentes en Galicia, con coñecementos acreditados de fotografía ou artes plásticas e visuais. Prezo: 150€ Datas: 12-17 de xullo de 2010. Inscrición ata: 17 de xuño de 2010 Máis información
XXVI Cursos de Verano GRÁFICA 2010 NOVO Convoca: Fundación CIEC, A Coruña. Descrición: realización de cursos de distintas técnicas gráficas como xilografía, litografía, serigrafía..., de 50 horas cada un. Prezo: 120€ Datas: xullo-agosto de 2010 Máis información
Autoría e industria (os cineastas e industria do cine) NOVO Convoca: Universidade de Vigo. Campus de Pontevedra Descrición: o obxectivo do curso serán: complementar a formación curricular do alumnado en materia audiovisual; reformular o concepto "autoría" e evaluar a súa evolución; observar as mutacións sufridas na esfera relacional realizador/produción; cuestionar a segregación historiográfica entre autoría vs. artesanía; xerar unha visión transversal do corpus fílmico (aspectos produtivos, discursivos, escriturais e receptivos) e elaborar un glosario temático-terminolóxico. Prezo: 50€ Datas: 21-29 de xuño de 2010 Máis información
Deseño, creatividade e capacidades profesionais NOVO Convoca: Universidade de Vigo. Campus de Pontevedra Descrición: o obxectivo do curso serán saber qué implican os conceptos deseño e creatividade para diferentes profesionais, contrastando dende os puntos de vista de enxeñeiros, licenciados en belas artes, publicistas, periodistas, psicoterapeutas, artistas ou deseñadores; observar a importancia da creatividade en todo proceso que implique deseño e a posibilidade de desenvolvela ou non en función das capacidades e comprender como no traballo ou actividade profesional interveñen todos os aspectos da personalidade. Prezo: 88€ Datas: 16-23 de xullo de 2010 Máis información
ESTATAIS XVII Jornadas de Estudio de la Imagen. El susurro de las imágenes Convoca: Ca2m, Madrid Descrición: as xornadas estarán compostas por: un seminario internacional de artistas e teóricos aberto ao público; un forum de investigadores en teoría e práctica artística que presentarán o seu traballo nas sesións críticas das xornadas; e dous obradoiros de artista para un grupo reducido de participantes (os aspirantes deberán presentar un portfolio de traballo) Prezo: non consta Datas: 21-25 de xuño de 2010. Máis información Pensar el paisaje 05. Paisaje y Patrimonio Convoca: CDAN-Fundación Beulas, Huesca Descrición: nesta quinta e última edición da serie monográfica do paisaxe estudiaranse as relacións do paisaxe co patrimonio, é dicir, plantexaranse temas relacionados coa interpretación patrimonial da paisaxe, os criterios de conservación e as posibilidades de evolución, intentando facer coincidir en Huesca a representantes das diferentes tendencias que na materia patrimonial e paisaxística estanse a desenvolver na actualidade. Prezo: 250€ Datas: 21-25 de xuño de 2010 Máis información
Seminario On-Line "Comisariado y Conservación de arte digital" NOVO Convoca: UOC, Universitat Oberta de Catalunya Descrición: o seminario basearase en catro aproximacións complementarias: estudo das principais exposicións neste ámbito; achega ao papel que xogan os festivais e institucións na promoción da arte dixital; analizar os novos modelos de comisariado e estudar as investigacións que se estean realizando para determinar as formas máis axeitadas de documentar e conservar as manifestacións da arte vinculada ás novas tecnoloxías. Prezo: 180€ Datas: 7-30 de xullo de 2010 Máis información Seminario On-Line "Plagas, mostruos y quimeras. Arte, tecnología y biología" NOVO Convoca: UOC, Universitat Oberta de Catalunya Descrición: no curso estudiarase a relación entre a arte e as ciencias da vida a través das fantasías asociadas aos soños de transformación ou modificación da natureza e o vivo, e especificamente, a través do temor ás plagas, a fascinación pola creación de monstruos ou o intento de materialización de quimeras por parte dos humáns. Prezo: 180€ Datas: 7-30 de xullo de 2010 Máis información Arte y Psicoanálisis NOVO Convoca: UOC, Universitat Oberta de Catalunya Descrición: desde os inicios do estudo da psique humana realizado por Sigmund Freud, especialmente cando o que se indagaba era a posible racionalización ou explicación das condutas que escapaban á normalidade, ao socialmente admitido, a arte ou máis ben, as producións artísticas xeraron unha grande atracción como mecanismo para comprender aos seus artífices. No curso presentaranse algúns dos traballos máis relevantes sobre esta temática e algunhas das vinculacións que nos permiten realizar as obras de arte con respecto aos conceptos centrais que subxacen na práctica clínica. Prezo: 180€ Datas: 7-30 de xullo de 2010 Máis información El ojo instantáneo NOVO Convoca: Espacio de las Artes, Tenerife Descrición: taller que ten como obxectivo a experimentación coa fotografía. Está dirixido a aquelas persoas interesadas, sen importar a súa idade e nacionalidade. Prezo: de balde Datas: o primeiro sábado de xullo, agosto e setembro de 2010. Máis información Curso de verano: Gestión de información y Políticas Culturales NOVO Convoca: Departamento de Ciencias de la Documentación e Historia de la Ciencia, Universidad de Zaragoza; Centro de Documentación Cultura y Empleo Infoculture, Huesca Descrición: curso dirixido a profesionais, estudantes e investigadores relacionados co tratamento e difusión da información cultural en diferentes niveis (xestores culturais, bibliotecarios, documentalistas, persoas de museos, teatros, investigadores en políticas culturais). Os alumnos coñecerán de primeira man algúns dos sistemas, experiencias e procedementos para a xestión de información que resultan de utilidade no seu ámbito para o desenvolvemento de políticas culturais. O curso inclúe un obradoiro sobre redes sociais para a xestión de unidades de información cultural. O curso celebrarase en Jaca, Huesca. Prezo: xeral: 165€; reducida (estudantes universitarios, desempregados, xubilados e persoal ao servizo da Universidade de Zaragoza): 110€. O prezo do aloxamento en media pensión na Residencia Universitaria de Jaca sería de 82,98€ durante todo o período que dura o curso. Datas: 21-23 de xullo de 2010 Máis información SummerLAB 2010 NOVO Convoca: LABoral Centro de Arte y Creación Industrial, Xixón Descrición: trátase dun encontro de creadores e desenvolvedores dixitais para levar a cabo proxectos de forma colaborativa. Poden participar aquelas persoas interesadas sen importar a idade e nacionalidade. Prezo: non consta Datas: 22-31 de xullo de 2010 Máis información
Taller de animación "Raimund Krumme" Convoca: Arteleku, Donostia Descrición: o obradoiro está dirixido a artistas ou realizadores que desexen levar a cabo un traballo utilizando a técnica da animación. Un requisito para levar a cabo este obradoiro é ter un proxecto en fase de produción. Os participantes deberán presentar ao longo do proceso o desenvolvemento do seu proxecto: treatment, storyboard, visualización de conceptos, animatic, etc. e debatirlos en grupo, aportando unha crítica constructiva. O obxectivo do obradoiro é ampliar a idea de animación, e aludir a temas como a instalación, a performance e a posta en escena, centrándose na relación dramaturxia que ten o movemento espazo-tempo. Prezo: non consta Datas: 26 de xullo-20 de agosto de 2010. Inscricións ata: 30 de xuño de 2010 Máis información
PREMIOS
AUTONÓMICOS
XI Bienal Internacional de Gravado Caixanova 2010 Convoca: Caixanova, Ourense Descrición: poderán presentarse un máximo de dúas obras inéditas e orixinais, en calquera das técnicas gráficas tradicionais: augaforte, augatinta, punta seca, barniz brando, manera negra, linóleo, etc. Quedando excluída a litografía, serigrafía, offset e calquera outro tipo de procedemento e estampación mecánica. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo. Premios: 1º premio: 9.000€ + medalla; 2º premio: 3.000€ + medalla; 3º premio: 1.500€ + medalla; cinco mencións honoríficas: 600€ cada unha Data fin: 30 de xuño de 2010 Máis información
Concurso de Curtas Cinematográficas SocialCine Coruña 2010 NOVO Convoca: Concello da Coruña Descrición: as curtas desta edición terán que ser da temática "muller: imaxe e sociedade". O autor deberá enviar dúas copias e as obras non deberán exceder dos 10 minutos. Premios: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 600€; 3º premio: 300€; accésit: 100€ Data fin: 30 de xuño de 2010 Máis información Certame de Pintura NOVO Convoca: Concello de Vigo. Descrición: o obxectivo do certame é dar a coñecer os novos valores tanto de Vigo como de fóra da cidade. Poderán participar as persoas de entre 16 e 35 anos. As obras poden levar calquera material agás o vidrio e ser de calquera técnica pictórica. O tema será libre. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 6.000€ e varios accésits con cuantía económica sen determinar. Data fin: 13 de agosto de 2010 Máis información
I Concurso de fotografía de la ruta do viño do Ribeiro, "O RIBEIRO EN FOTO" NOVO Convoca: Asociación Ruta do Viño do Riberio, Ourense Descrición: ten como obxectivo fomentar, premiar, e difundir a creatividade das artes da fotografía. Poden participar aquelas persoas interesadas, maiores de 18 anos, de calquera nacionalidade. O tema é plasmar a beleza da Comarca do Ribeiro. Premios: 1º premio: 1.000€ + 6 botellas de viño do Ribeiro + Diploma; para os restantes premios consultar bases do concurso. Data fin: 31 de agosto de 2010 Máis información Premios Provinciais á Investigación 2010 Convoca: Deputación Provincial de Pontevedra Descrición: a Deputación de Pontevedra ven dando preferencia especial a quen se adica a tarefas de investigación co fin de estimular e premiar traballos que, sen dúbida, redundarán no beneficio do progreso e benestar social. Premiaranse traballos de diferentes ámbitos como son: humanidades, cencias sociais, tecnoloxía, etc. entre os que se inclúen as teses e proxectos fin de carreira. Premios: entre 1.800€ ata 3.000€ segundo a modalidade Data fin: 13 de novembro de 2010 Máis información
ESTATAIS
III Concurso Nacional de Pintura "Ciudad de Frías y Parque Natural Montes Obarenes San Zadornil" Convoca: Asociación Amigos de Frías, Burgos Descrición: poderan participar artistas nados ou residentes en España, cun máximo de dúas obras. A temática será libre para a primeira obra presentada é sobre o folklore, costumes, monumentos e paisaxes da cidade de Frías si presentan dúas. O procedemento pode ser calquera forma de expresión na que se utilice óleo, acuarela, acrílicos ou técnicas mixtas. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 6.000€ + trofeo; 2º premio: 3.000€ + trofeo; mencións de honra Data fin: 21 de xuño de 2010 Máis información
XI Premio de Grabado "San Lorenzo del Escorial" Convoca: Ayuntamiento de San Lorenzo del Escorial, Madrid Descrición: poderán participar artistas residentes en España e en Saint-Quentin, cidade francesa irmanada con San Lorenzo del Escorial. Admitiránse os seguintes procedementos de arte gráfico: gravado calcográfico, gravado en madeira, litografía e serigrafía. Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 700€ Data fin: 22 de xuño de 2010 Máis información
XII Premio de Pintura "Fundación Mainel" 2010 Convoca: Fundación Mainel, Valencia Descrición: poderán participar todos aqueles artistas nados despois do 31 de decembro de 1974, sen importar a súa nacionalidade. O tema será libre, así coma os soportes e materiais empregados. Premios: 1º premio: 3.000€; dez mencións honoríficas Data fin: 25 de xuño de 2010 Máis información
XV Certamen Nacional de Creación Audiovisual de Cabra Convoca: Ayuntamiento de Cabra, Córdoba Descrición: poderán participar artistas nados ou residentes en España con obras inéditas, orixinais e en castelán (non subtituladas) e realizadas con posterioridade a xaneiro 2009. O premio equivale á adquisición de dereitos de proxeción por parte de RTVA. Premios: 1º premio: 2.700€ + placa; premio RTVA á creación andaluza: 1.500€; premio á mellor produción amateur: 900€ + placa; premio 5' á mellor obra de menos de cinco minutos: 750€ + placa; premio "recreation" ao mellor curtametraxe de animación: 500€ + placa Data fin: 25 de xuño de 2010 Máis información
X Premio Bancaja de proyectos para cortometrajes Convoca: Bancaja Descrición: a convocatoria está aberta a todo o mundo de fala hispana e as candidaturas e proxectos poden enviarse a través de formato electrónico. Premiaranse propostas de curtametraxes ou proxectos cinematográficos. Premios: 1º premio: 30.000€; dous mencións de honra: 6.000€ cada unha Data fin: 30 de xuño de 2010 Máis información
Premio Biennal de Arte Ciutat d´Amposta Convoca: Ajuntament de Amposta Descrición: participación aberta a todos aqueles artistas de ámbito estatal que participen con obras orixinais e inéditas, sen ningún tipo de restricción de tema, técnica ou dimensións. Premios: 1º premio: 4.000€; dous premios-adquisición: 1.200€ cada un. Data fin: 30 de xuño de 2010 Máis información
XXI Circuitos de Artes Plásticas Comunidad de Madrid Convoca: Vicepresidencia, Consejería de Cultura y Deporte, Comunidad de Madrid Descrición: a través desta convocatoria seleccionaranse dez artistas plásticos, residentes na comunidade de Madrid e menores de 35 anos. O tema, a técnica e os materiais a utilizar serán libres. Cada un recibirán unha axuda económica e participará na exposición colectiva que organizará a Dirección General de Archivos, Museos y Bibliotecas. Premios: como máximo 3.000€ por proxecto, a cuantía total destinada a premiar aos artistas é de 15.000€. Data fin: 30 de xuño de 2010 Máis información
VI Cortomenar 2010 Convoca: Ayuntamiento de Colmenar Viejo, Madrid Descrición: establécense dúas categorías para as curtametraxes: a) mellor curtametraxe; b) mellor curtametraxe menos longa. A temática é aberta: documental, ficción, animación, experimental, etc. As curtametraxes seleccionadas formarán parte do festival que se celebrará no Auditorio "Villa de Colmenar Viejo" do 24 ao 27 de novembro de 2010. Premios: a) mellor curtametraxe: 1.100€; b) mellor curtametraxe menos longa: 600€; premio do xurado á mellor interpretación: 500€; mellor son e mellor fotografía: mencións de honra Data fin: 30 de xuño de 2010 Máis información
VII Certamen Internacional de Fotografía Cerdá y Rico Convoca: Ayuntamiento Cabra del Santo Cristo, Xaén Descrición: poderán participar todos aqueles fotógrafos profesionais ou afeccionados que o desexen. O tema, a técnica e o tratamento serán libres para o primeiro e segundo premio. Para o terceiro premio o tema xirará en contorno a Sierra Mágina e comarca. Os traballos terán que ser series de tres a cinco fotografías. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo. Premios: 1º premio: 3.000€ + diploma e medalla; 2º premio: 2.000€ + diploma e medalla; 3º premio: 1.000€ + diploma e medalla. As medallas de bronce están valoradas en 1.000€. Data fin: 30 de xuño de 2010 Máis información
VII Certamen Nacional de Esculturas Flotantes Convoca: Ayuntamiento de Laguna de Duero, Valladolid Descrición: poderán participar aqueles artistas que o desexen sen importar nacionalidade nin residencia. O tema será libre. As esculturas poderán ser "definitivas", coa axuda dunha plataforma propiedade do concello ou ben "autoflotante". O material ten que ser apto para a ornamentación pública á intemperie, non se admitirán esculturas feitas con materiais fráxiles. A selección levarase a cabo primeiramente por medio de bosquexos. Premios: 1º premio: 9.000€; catro accésits: 300€ cada un. Data fin: 2 de xullo de 2010 Máis información
Certamen Tenerife-Siglo XXI 2010 NOVO Convoca: Tenerife-Arte Siglo XXI Descrición: poderán participar aqueles artistas plásticos que o desexen. A técnica e o tema serán de libre elección. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 1.200€ + placa; 2º premio: 500€ + placa; 3º premio: 300€ + placa; premio revelación e premio arte novo: viaxes e estadías de hotel. Data fin: 3 de xullo de 2010 Máis información
Concurso de carteles "Jazz de Tortosa" Convoca: Jazz Tortosa Descrición: a técnica para realizar o cartel será libre pero necesariamente deberá poder reproducirse en cuatriconomía mediante impresión offset. Os carteis seleccionados formarán parte dunha exposición. Premio: 700€ Data fin: 4 de xullo de 2010 Máis información
XXXIII Concurso Nacional de Pintura Casimiro Sainz Convoca: Ayuntamiento de Reinosa, Cantabria Descrición: poderán participar todos os artistas nados ou residentes en España. O tema e a técnica serán libres. A selección levarase a cabo previamente ao envío a través dun dossier. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premio: 3.500€ Data fin: 10 de xullo de 2010 Máis información
III Certamen de Acuarela "Ciudad de Ceuta" Premio Manuel Rejano Convoca: Consejería de Cultura, Educación y Mujer Ciudad Autónoma de Ceuta Descrición: poderán participar cun máximo de dúas obras por autor, todos os artistas que o desexen sen importar a súa nacionalidade. O tema da obra será libre e a técnica será a acuarela. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premio: 3.000€ + diploma Data fin: 15 de xullo de 2010 Máis información
XIII Festival de Cine "Ciudad de Astorga". Cortometrajes Convoca: Ayuntamiento de Astorga Descrición: convocatoria aberta a todos os produtores e realizadores do cine español. Poderánse presentar ao certame películas de formato de 35 mm., mudas ou con son incorporado, de produción española e cunha duración máxima de 30 minutos. A organización reservase o dereito de exhibir as películas presentadas nos lugares públicos que considere oportunos. Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 1.500€; 3º premio: 800€; mellor actriz, actor, fotografía, animación e guión: 300€ cada un; mellor banda sonora e mellor documental: un galardón cada un; premio especial do público: 800€; mellor curtametraxe realizada en Castela e León: 700€; premio especial sobre Alzheimer: 700€; premio especial sobre emprendedores empresariais: 700€. Data fin: 15 de xullo de 2010 Máis información
II Certamen Internacional de Vídeo Digital Convoca: Festival de Cine de Astorga e Asociación de Amigos del Camino de Astorga Descrición: poderán participar todos aqueles artistas que o desexen sen importar a súa nacionalidade, con obras que como máximo duren 5 minutos. O tema do concurso será "o camiño máis curto... o máis curto do camiño", sobre aspectos referidos tanto ao Camiño de Santiago como aos camiñantes e as súas experiencias. Poderán presentarse traballos de distinto xénero: ficción, documental, experimental, video-clips, animación, agás os referidos a institucións ou publicitarios. Seleccionaranse vinte curtametraxes que poderán ser visualizadas na web do Festival. Premios: 1º premio: 1.700€ + diploma; 2º premio: 500€ + diploma; 3º premio: 400€ + diploma; 4º premio ao fomento da solidariedade entre peregrinos: 600€ + diploma Data fin: 15 de xullo de 2010 Máis información
Concurso Artístico Internacional "Las ánimas del Purgatorio" Convoca: Sociedad de Estudios San Gregorio Magno, Valladolid Descrición: poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sen importar a súa nacionalidade e idade. A técnica será libre: pintura, óleo, acuarela, rotuladores, etc. ou calquera outra modalidade: escultura, vídeo, infografía, etc. O motivo das obras deberá estar baseado e facer referencia ao tema "as ánimas do purgatorio". Premio: 1º premio: 4.000€ + diploma; 2º premio: 2.500€ + diploma; obras seleccionadas: diploma; premio para o centro ou mestre do concursante: ordenador portátil + diploma Data fin: 16 de xullo de 2010 Máis información
71º Exposición Internacional de Artes Plásticas NOVO Convoca: Ayuntamiento de Valdepeñas, Ciudad Real Descrición: admitiranse obras de pintura e escultura. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo. Ademais deberán enviar unha diapositiva ou fotografía en cor da obra, unha copia do DNI e un currículo artístico. Premio: fondo de adquisición de obra de 145.750€ Data fin: 16 de xullo de 2010 Máis información
XXVI Certamen de Artes Plásticas Ayuntamiento Ciudad Rodrigo 2010 NOVO Convoca: Ayuntamiento de Ciudad Rodrigo, Salamanca Descrición: poderán participar todos aqueles artistas que o desexen sen importar residencia ou nacionalidade. A modalidade será a pintura e tanto a técnica como o tema serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 3.000€ + diploma; dous accésits: 300€ cada un. Data fin: 30 de xullo de 2010 Máis información I Concurso de Fotografía "La diversidad cultural en imágenes" NOVO Concova: Ayuntamiento de Salamanca Descrición: o obxecto da presente convocatoria é otorgar premios a aqueles traballos fotográficos no que o tema estea relacionado coa integración da poboación inmigrante e a diversidade cultural. Valoraranse que sexan imaxes da vida cotiá nas que aparezcan conxuntamente personas inmigrantes e poboación autóctona. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premio: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 900€; 3º premio: 500€; 4º premio: 300€ Data fin: 31 de xullo de 2010 Máis información XIII Concurso Nacional de Cortometrajes "Ciudad de Antequera" NOVO Convoca: Ayuntamiento de Antequera, Málaga Descrición: realización dunha curtametraxe de produción española. O tema é libre e calquera persoa interesada pode optar a participar. Premio: 1º premio: 2.200€; 2º premio: 1.500€; 3º premio: 400€; premio do público: 400€ Data fin: 2 de agosto de 2010 Máis información
VIII Certamen Internacional de Artes Plásticas "Aires de Córdoba" Convoca: Asociación Cultural Aires de Córdoba Descrición: poderán participar artistas plásticos de todo o mundo, sen límite de idade. Haberá dúas modalidades: pintura e gravado. Os temas, formatos, estilos e técnica son libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición na Sala Aires da que se editará catálogo e tamén serán publicadas na web oficial. Premios: premio de pintura: 1.500€ + placa + reportaxe crítico promocional na Revista Cultural Aires de Córdoba; cinco mencións de honra de pintura: diploma + certificado; premio de gravado: 500€ + placa + reportaxe crítico promocional na Revista Cultural Aires de Córdoba; cinco mencións de honra de gravado: diploma + certificado; premio de honra: diploma + exposición individual na Sala Aires Data fin: 13 de agosto de 2010 Máis información Concurso Internacional de Acuarela, "Gabriel Puig Roda" NOVO Convoca: Asociación Cultural Amics de Vinarós, Castellón Descrición: realización dunha obra en acuarela de tema libre. Poden participar todas aquelas persoas interesadas de calquera nacionalidade. Premio: 3.000€ + estatuilla original de José Córdoba Data fin: 30 de agosto de 2010 Máis información
Premio a la experimentación en el ámbito de la obra seriada Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: o obxectivo deste premio é o apoio e a axuda aos proxectos creativos relacionados coa promoción, a investigación e a experimentación de técnicas e procesos innovadores dentro do ámbito da gráfica e outras disciplinas seriadas. Premiarase o proxecto que destaque pola súa innovación, calidade e experimentación en técnicas de estampación e seriación. Premio: 8.000€ (4.000€ como honorarios do artista e 4.000€ como gastos de produción). Data fin: 31 de agosto de 2010 Máis información
Premio Pilar Juncosa para un Proyecto Educativo Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: a Fundación otorgará un premio para a realización dun proxecto educativo relacionado coas artes visuais, a realizar na Fundación Pilar i Joan Miró de Palma de Maiorca. Dito proxecto deberá promover e motivar o achegamento dun sector de público específico (nenos, adultos, personas maiores, etc.) á arte contemporánea. Premio: 6.000€ (2.500€ en concepto de deseño do proxecto e 3.500€ para a realización do proxecto na Fundación, incluíndo bolsa de viaxe, dietas, aloxamento, produción no taller e dinamización do proxecto). Data fin: 31 de agosto de 2010 Máis información XXXV Certamen nacional de pintura "Ciudad de Manzanares" NOVO Convoca: Ayuntamiento de Manzanares, Ciudad Real Descrición: realización dunha obra de tema e técnica libres, agás o debuxo e o gravado. Poderán participar persoas residentes en España que estean interesadas. Premios: 1º premio: 7.200€; 2º premio: 3.750€; 3º premio:3.600€ Data fin: 31 de agosto de 2010 Máis información
Concurso Audiovisual "Instantes de Paisaje" 2010 Convoca: CDAN-Fundación Beulas, Huesca Descrición: o obxecto da convocatoria é a selección dun máximo de dez proxectos co fin de fomentar a idea de paisaxe e creación audiovisual. O concurso está aberto a todos aqueles amantes das artes plásticas e poderán enviar un máximo de dúas pezas por participante. As pezas seleccionadas poderán ser exhibidas no marco das mostras realizadas polo CDAN na súa programación ou no contorno do Festival de Cine de Huesca. Premios: 1º premio: 2.500€; 2º premio: 1.000€ Data fin: 1 de setembro de 2010 Máis información
IV Concurso Fotográfico Digital de ATCORE Convoca: ATCORE, Asociación de Enfermos y Transplantados de Corazón y Pulmón. Concurso en liña. Descrición: o tema desta edición trata de poñer cara ao conxunto e contorno das persoas que viven directa ou indirectamente a realidade dos enfermos e transplantados. Familiares, amigos, etc. deberán ser retratados individual ou colectivamente e nos seus rostros deberán transmitir o que o autor busque: esperanza, futuro, alegría, etc. Os fotógrafos participantes so poderán ser afeccionados, non profesionais. A inscrición é de balde e poden enviarse como máximo dúas fotografías dixitais (branco e negro ou cor). Premios: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 600€; 3º premio: 300€ Data fin: 3 de setembro de 2010 Máis información
Concurso Nacional de Cine de Animación ANIMAINZÓN 2010 Convoca: Ayuntamiento de Ainzón, Zaragoza Descrición: poderán presentarse todos aqueles que o desexen, residentes en España e sen limitación de idade. So existe a categoría de animación. Os traballos seleccionados formarán parte do Festival no que o público votará o seu premio. O premio especial do xurado será para aquel traballo que máis se achegue ao mundo do viño e a súa cultura. Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 500€; premio do público: 600€; premio especial do xurado: 1.000€ Data fin: 4 de setembro de 2010 Máis información X Bienal de pintura "Villa de Noreña" Principado de Asturias NOVO Convoca: Asociación Cultural Contigo-Noreña, Asturias. Descrición: realización de dúas obras de tema e técnicas libres. Poderan participar artistas interesados de calquera idade e nacionalidade. Premio: 3.000€ + certificado acreditativo Data fin: 6 de setembro de 2010 Máis información
VI Premio Internacional de Pintura Julio Quesada Convoca: Museo Julio Quesada, Alicante Descrición: poderán participar artistas de calquera nacionalidade cunha obra orixinal por autor/a que non fora premiada en ningún certame. O tema e a técnica serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 5.000€; 2º premio: 2.000€; mención de honra ao mellor artista local: 1.000€ Data fin: 10 de setembro de 2010 Máis información
II Concurso de Fotografía Solar NOVO Concova: www.solarweb.net Descrición: o concurso está aberto a fotógrafos profesionais ou afeccionados, interesados en participar e aportar valor artístico á enerxía solar a través da fotografía. As categorías serán: enerxía solar fotovoltaica, enerxía solar térmica, enerxía solar termoeléctrica, integración arquitectónica da enerxía solar, enerxia solar e cooperación. Premios: 1º premio: 1.000€; once accésits: 70€ cada un aos mellores de cada categoría; accésit especial: 100€ Data fin: 10 de setembro de 2010 Máis información
XXXI Certamen Artístico Villa de Amurrio 2010 Convoca: Ayuntamiento de Amurrio Descrición: poderán participar aqueles artistas que o desexen de calquera nacionalidade ou residencia. A técnica e o tema serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 4.000€ + escultura; 2º premio: 1.500€ + escultura; premio mellor artista local: 1.000€ + escultura Data fin: 17 de setembro de 2010 Máis información
X Concurso Internacional de Diseño "Andreu World" Convoca: Andreu World S.A., Chiva-Valencia Descrición: poderán participar estudantes de deseño ou deseñadores, sen limitación de idade. Valoraranse as aportacións innovadoras (mediante un estudio de viabilidade) que faciliten o aumento do nivel de calidade nos produtos. Analizaranse a relación cos seguintes aspectos: custo de produción, cumprimento das funcións previstas e de ergonomía. Os deseños deberán ser presentados para poder ser producidos de maneira mecanizada e en serie. O produto deberá ser orixinal, é dicir, que non fora realizado o seu deseño con anterioridade. Ademáis do premio pagaranse os "royalties" que correspondan. Premios: 1º premio: 4.000€; 2º premio: 2.000€ Data fin: 20 de setembro de 2010 Máis información Concurso de pintura "Villa de Moriles" NOVO Convoca: Ayuntamiento de Moriles, Córdoba Descrición: realización dunha obra pictórica de tema e técnica libres. Poderán participar aquelas persoas interesadas, de calquera idade e nacionalidade. Premios: 1.200€ + Diploma; accésit (para os residentes en Moriles): 150€ + Diploma Data fin: 20 de setembro de 2010 Máis información
XXIV Premio de Pintura Emilio Ollero Convoca: Diputación Provincial de Jaén Descrición: poderán participar artistas de calquera nacionalidade, sendo o terceiro premio reservado a artistas andaluces menores de 35 anos. O tema será libre. Os criterios de valoración serán os seguintes: calidade artística en consonancia co seu tempo, con aceptación de todas as tendencias, 10%; valoración, especialmente, da personalidade creativa, 80%; contribución importante ao mundo da arte, 10%. Premios: 1º premio: 9.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 4.000€ Data fin: 30 de setembro de 2010 Máis información V Certamen Bienal Internacional de Pintura y Fotografía de Zafra NOVO Convoca: Centro de Iniciativas Turísticas de Zafra, Badajoz Descrición: realización de dúas obras pictóricas ou fotográficas de tema libre. Poderan participar aquelas persoas interesadas de calquera idade e nacionalidade. Premios: os premios oscilan desde 600€ ata 3.500€ segundo a disciplina. Data fin: 30 de setembro de 2010 Máis información Concurso Internacional de Creación Contemporánea sobre la memoria de Andalucía Imagenera 2010 NOVO Convoca: Fundación Pública Andaluza Centro de Estudios Andaluces, Sevilla Descrición: nesta covocatoria levaránse a cabo duas disciplinas: creación documental e artes plásticas. Realizarase unha obra que represente a Memoria Andaluza. Premio: 1º premio: 7.000€ + Estrella de Plata; dous accésit: 3.500€ cada un. Data Fin: 30 de setembro de 2010 Máis información
I Concurso de Pintura para Artistas Jóvenes NOVO Convoca: Sociedad Española de Neurología (SEN), Barcelona Descrición: relización dunha obra pictórica centrada no tema da neuroloxía e o cerebro. A técnica é libre. Poderán particidar persoas de calquera nacionalidade menores de 35 anos. Premio: 1º premio: 4.000€; 2º premio: 2.500€; 3º premio: 2.000€; premio do socio: 1.500€ Data fin: 8 de octubro de 2010 Máis información
IX Certamen Nacional de acuarela "Málaga" NOVO Concova: Asociación de Acuarelistas, Málaga Descrición: realización dunha obra en acuarela de tema libre. Poderán participar aquelas persoas interesadas e residentes en España que o desexen. Premio: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 2.250€; 3º premio: 2.000€ Data fin: 26 de octubro de 2010 Máis información
Broadcasting Art NOVO Convoca: Radio 3 - Programa Fluido Rosa; Céntro Párraga, Murcia Descrición: convocatoria a concurso de tres pezas de arte sonoro na súa versión máis aberta e contemporánea entendendo que existan referencias a todos aqueles aspectos estéticos, narrativos e técnicos xerados a partir das novas tecnoloxías, tanto analóxicas coma dixitais. Premios: tres premios de 4.500€ cada un. Data fin: 30 de outubro de 2010 Máis información INTERNACIONAL
III Concurso Internacional de Diseño "EL COBRE Y LA CASA" Convoca: Instituto Europeo del Cobre, Bruselas-Bélxica Descrición: realizaranse obras en cobre de obxectos cotiás dentro dunha casa, mellorando a funcionalidade do obxecto e inventando novos usos. Poderán participar persoas afins as artes e o deseño. Premios: os premios estan comprendidos entre 1.500€ ata 4.000€ Data fin: 30 de novembro de 2010 Máis información
|