A-Z en XOGO! Obradoiro infantil para público familiar
Dates:
23 April 2019
Hours:
de 17.30 a 19.30 [hora límite de entrada ás 17.45]
Place:
Laboratorio das Artes, 1º andar
Para participantes a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas
Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade. Máximo 40 participantes
A partir da idea de xogo de mesa, celebramos tamén este día cos máis pequenos cun obradoiro especial e cunha versión adaptada ao público infantil. Crearemos o noso propio taboleiro de xogo e fichas, utilizando diversas técnicas, e inventaremos historias a partir de letras e imaxes, de xeito individual e colectivo.