rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visitas e obradoiros para escolares

Visitas e obradoiros para escolares

Dates: 
24 January 2020 - 24 May 2020
Hours: 
martes, mércores, xoves e venres, de 11.00 a 12.15 (1ª quenda) ou de 12.15 a 13.30 (2ª quenda)
Place: 
salas de exposición e Laboratorio das Artes (Galería A2, planta baixa)

Para escolares de educación Infantil, Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional, e outros centros de formación

Colabora: 

Gratuíto, previa cita no tel. 986 113900 (ext. 304 o 100)


Visitas e obradoiros para grupos de escolares, adaptadas a todas as idades e ciclos educativos. Os programas xiran ao redor das exposicións temporais, sacando partido da presenza das obras e das súas posibilidades didácticas, traballando a percepción e compartindo reflexións mediante percorridos por salas e obradoiros, nos que se fomenta a participación individual e colectiva.

Neste cuadrimestre, a proposta xira ao redor da exposición ‘MANUEL COLMEIRO. Espazos e encadramentos’ (ata o 24 de maio nas salas do primeiro andar), que ofrece unha nova ollada sobre a obra e traxectoria dun artista chave na historia da arte galega.

http://www.marcovigo.com/content/manuel-colmeiro-espazos-e-encadramentos 

Como é habitual na programación educativa do MARCO, os contidos e ritmo da visita-obradoiro deséñanse en función das idades e características dos participantes, con propostas diferenciadas para escolares de Infantil, Primaria e Secundaria/Bacharelato, e para grupos con necesidades específicas.