rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
SOMOS mujeres y ESTAMOS aquí. Versión en vídeo da performance de Yolanda Herranz Pascual [DIM, Día Internacional dos Museos 2020]

SOMOS mujeres y ESTAMOS aquí. Versión en vídeo da performance de Yolanda Herranz Pascual [DIM, Día Internacional dos Museos 2020]

Dates: 
18 May 2020 - 20 September 2020

Con la colaboración de: 


A obra de Yolanda Herranz e a exposición “…NO, AÚN NO…” (que actualmente se exhibe no 1º andar) ofrece un excelente punto de partida en relación co tema do Día Internacional dos Museos nesta edición, e máis concretamente a instalación mural titulada SOMOS mujeres y ESTAMOS aquí, que parte dunha acción —a primeira performance da artista— realizada en 2012.

Durante esta acción, un grupo de dez mulleres recita dúas series de 690 palabras que empezan por A, en feminino e plural, por orde alfabética, recollidas do diccionario da RAE, referidas unhas ao ser e outras ao estar das mulleres. Unha lectura infinita, modular, reiterada, a modo de voz que se confunde e multiplica nos seus ecos.

Coincidindo co Día Internacional do Museo, o MARCO ofrecerá na súa web e canle de Youtube unha versión gravada desta performance, exemplo da traxectoria pioneira de Yolanda Herranz na vindicación feminista; unha obra que parte da reflexión individual e que se converte en voz pública, colectiva.

Participantes:Yolanda Herranz Pascual (artista), Pilar Souto Soto (comisaria), Mónica Lago Tomé (Agrupación Amiga do MARCO), Patricia Verdial Garay (Secretaría MARCO), Carla Beatriz Mañas Gallidoro (asistente Agrupación Amiga do MARCO), María Xosé Martínez Pérez (Didáctica MARCO), Sara Loureiro Araujo (asistente Coordinación MARCO), Iria Fernández Mouriz (Biblioteca-Centro de documentación MARCO), Arancha Aguete de Pazos (historiadora da arte), Celeste Garrido Meira (artista)

Destinatarios: público en xeral