Para público adulto. Participantes a partir de 15 anos
Lugar: Biblioteca/Centro de documentación do MARCO, 1º andar
Horario: a partir das 18.00
Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade
SABIDURIUS é o nome dun xogo de mesa creado por Eduardo Armada e Ramón Trigo, protagonistas da exposición Pantoque, que ocupou as salas da planta baixa do MARCO entre os meses de novembro 2018 e marzo 2019.
Pensado, deseñado e fabricado en Galicia, Sabidurius é un xogo baseado nas palabras, nas súas definicións, na imaxinación e na escrita. Sinxelo e divertido na súa dinámica e funcionamento, Sabidurius é un proxecto lúdico-educativo que reúne diversas disciplinas, cun deseño especial e único, e con máis de trinta ilustracións creadas expresamente polo artista Ramón Trigo.
Coincidindo co Día do Libro, a Biblioteca/Centro de documentación invita ao público a participar nunha experiencia compartida ao redor deste xogo, para o que se habilitarán 7 mesas con exemplares do mesmo, na que se poderá participar por quendas, organizadas en grupos de ata 8 persoas.
+ INFO:
Links:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Sabidurius_600x200.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Sabidurius_200x150.jpg
[3] https://www.sabidurius.com/