rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA //CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

Boletín de convocatorias. Novembro 2011

BOLSAS E PROXECTOS

ESTATAIS    

Becas BilbaoArte 2012   NOVO
Convoca: Fundación Bilbao Arte Fundazioa
Descrición: bolsas para a realización de proxectos artísticos en distintas modalidades. Dez bolsas como espazo-cesión: axuda económica e posibilidade de uso do espazo para a realización dun proxecto; dez bolsas taller: uso temporal dos talleres da fundación de gravado, serigrafía, novas tecnoloxías, escultura, fotografía e plató de filmación; catro bolsas de colaboración que consisten en ser asistentes nos Talleres de produción artística e a realización de proxectos propios durante ese período e bolsas residencias, bolsas de aloxamento para solicitantes das outras modalidades. 
Dotación: variable segundo categoría
Data fin: 15 de novembro de 2011
Máis información
 
IX Convocatoria Becas CAM Artes Plásticas 
Convoca: Obra Social CAM, Alicante
Descrición: outorgaranse seis bolsas dirixidas a artistas españois our residentes en España con idades comprendidas entre os 23 e os 40 anos en calquera das seguintes disciplinas de artes plásticas: pintura, escultura, debuxo, fotografía, vídeo e técnicas dixitais. Terá unha duración de 12 meses.
Dotación: 14.000€; con traslado a outro país: 24.000€
Data fin: 2 de decembro de 2011

Máis información

CURSOS E OBRADOIROS

AUTONÓMICOS

Taller de Grabado. Técnicas aditivas    NOVO
Convoca: Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MACUF), A Coruña
Descrición: obradoiro impartido por Isabel Pintado que trata de introducirnos nas técnicas aditivas calcográficas a través de materiais como acetatos, cartóns, madeiras, etc. Traballarase dende o tratamento e preparado do papel e as tintas ata a estampación e a edición.
Prezo: 100€ 
Datas: 4-25 de novembro de 2011. Inscricións ata o 2 de novembro de 2011.

Máis información 

Taller "Insights". Técnicas "Comunicación en acción" NOVO
Convoca: Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MACUF), A Coruña
Descrición: obradoiro impartido por Bevel Consultores, Álex Galofré e Alejandra Sánchez Barge. É unha proposta para traballar no fenómeno da comunicación e as relacións desde o modelo de preferencias personais. 
Prezo: 90€ 
Datas: 19 de novembro de 2011. Inscricións ata o 2 de novembro de 2011.

Máis información  

Gravado ao augaforte con mordente de Bourdeos NOVO
Convoca: Museo de Belas Artes, A Coruña
Descrición: obradoiro impartido por Anne Heyvaert sobre as técnicas do gravado ao augaforte con mordente de Bourdeos. 
Prezo: 40€; amigos do museo: 30€ 
Datas: venres do 11 de novembro-16 de decembro de 2011 

Máis información 


Iniciación á xilografía NOVO
Convoca: Museo de Belas Artes, A Coruña
Descrición: obradoiro de introdución ao gravado xilográfico da man de Ali-Ali, pintor e gravador da Fundación CIEC.  
Prezo: 40€; amigos do museo: 30€ 
Datas: sábados do 19 de novembro-17 de decembro de 2011 

Máis información


"Orson Welles, un prestidixitador do cinema", por Santos Zunzunegui NOVO
Convoca: Universidade da Coruña 
Descrición: o curso dará unha visión integral da figura de Orson Welles. Estudiarase a súa obra americana, o seu cine apátrida, sen desprezar os seus traballos televisivos, tanto os seus filmes terminados como os inacabados, na medida que uns non se entenden sen os outros. 
Prezo: non consta
Datas: 16-19 de novembro de 2011

Máis información


Retículas: o esqueleto do deseño   
NOVO
Convoca: DAG en CSC A Trisca, Santiago de Compostela
Descrición: percorrido histórico, da man de Segundo Fernández de Sond3, pola evolución, partes e tipos de retículas en deseño gráfico e web.
Prezo: de balde
Data: 30 de novembro de 2011

Máis información


Renderizado de obxectos. Realidade ou ficción 
NOVO
Convoca: DAG en CSC A Trisca, Santiago de Compostela
Descrición: charla de Alberto Montiel de FrutoDS sobre unha técnica informática que comeza a explotarse no sector audiovisual ata chegar á chamada revolución da realidade virtual. O cine primeiro, ou quizais o sector publicitario ou musical antes aínda, conseguiron facer evolucionar esta técnica que acabaría por utilizarse tamén no ámbito doméstico das pequenas empresas. Cada vez máis recórrese a esta técnica para presentar produtos en catálogos e webs. E os deseñadores aproveitan as súas infinitas posibilidades para ampliar a súa experiencia creativa. 
Prezo: de balde
Data: 14 de decembro de 2011

Máis información


Variacións con augaforte e augatinta 
NOVO
Convoca: Museo de Belas Artes, A Coruña
Descrición: obradoiro impartido por Isabel Pintado, pintora e gravadora. 
Prezo: 40€; amigos do museo: 30€ 
Datas: sábados do 14 de xaneiro-11 de febreiro de 2012 

Máis información

ESTATAIS

Encuentro Internacional de Escultura Scupture Network 
Convoca: Museo Guggenheim, Bilbao
Descrición: neste encontro abordarase o tema "A escultura hoxe; un espazo para a investigación - experiencia recodificada" nunha mesa redonda composta por expertos e artistas internacionais.

Prezo: Amigos do Museo Guggenheim e membros de Sculpture Network: 180€ (programa completo), 100€ (só unha xornada). Non membros: 230€ (programa completo), 125€ (só unha xornada). Estudantes: 50€
Datas: 10 - 12 de novembro de 2011. Inscrición ata o 4 de novembro.
Máis información

Taller de gravado 
Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid
Descrición: obradorio que se presenta como unha iniciación ás técnicas de gravado e está dirixido a artistas e afeccionados interesados nesta disciplina.

Prezo: 158€; socios: 138€
Datas: 5 - 17 de novembro de 2011
Máis información 

¿Por qué y cómo hago lo que hago? Los artistas hablan. Natascha Sadr Haghighian   NOVO
Convoca: MACBA, Barcelona
Descrición: Soledad Gutierrez, conservadora de exposicións temporais do MACBA, conversa con Natascha Sadr Haghighian sobre "De Paso", o proxecto que a artista ten desenvolvido especificamente para "La Capella MACBA". 

Prezo: de balde
Data: 8 de novembro de 2011
Máis información


Archivos y mediatecas  

Convoca: LABoral, Centro de Arte y Creación Industrial, Gijón 
Descrición: obradorio sobre prácticas alternativas de documentación, arquivo e acceso a proxectos artísticos baseados en tecnoloxías inestables. Un proxecto de Gabriel Vanegas, Jo Ana Morfin e Vanina Hofman. Dirixido a institucións culturais, profesionais da documentación, distribución, comisarios, desenvolvedores de software e público interesado na converxencia entre a arte, ciencia e tecnoloxía e arquivística.

Prezo: non consta.
Datas: 11 - 12 de novembro de 2011
Máis información 

Una jornada en torno a Guy de Cointet   NOVO
Convoca: MUSAC, León
Descrición: ao longo do día abordarase unha reflexión sobre a figura de Guy de Cointet, así como dos seus colaboradores, a través de diversas ponencias, dúas películas e unha nova produción dunha das obras de teatro máis importantes do creador francés: "Five Sisters". 
Prezo: de balde
Data: 12 de novembro de 2011

Máis información

8 variaciones, 32 movimientos, por Esther Ferrer. Cómo realizar una performance de todas las formas posibles... menos una   NOVO
Convoca: ARTIUM, Vitoria-Gastéiz
Descrición: a partir dunha serie de proposicións facilitadas por Esther Ferrer, as personas que se inscriban poderán realizar unha acción nos espazos seleccionados polo ARTIUM. 
Prezo: de balde
Datas: fins de semana do 12 de novembro ao 4 de decembro de 2011

Máis información


Taller "Cloud Chamber: Subatomic Aesthetics", con Dmitry Gelfand e Evelina Domnitch

Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: obradorio dirixido a persoas interesadas na relación entre arte e ciencia no que se levarán a cabo unha serie de experimentos prácticos con acelerador de partículas. Os participantes aprenderán a percibir e interactuar coa danza perpetua curvilínea do baleiro subatómico e unha variedade de fenómenos cuánticos habitualmente indetectables.

Prezo: 50€
Datas: 14 - 16 de novembro de 2011
Máis información

Recursos softwares de diseño enfocados a la ilustración 
Convoca: Puertas de Castilla, Murcia
Descrición: obradoiro que busca dar a coñecer e poñer en práctica os novos efectos para a ilustración co emprego dun software vectorial. Dirixido a estudantes, profesionais, artistas e, en xeral, a persoas interesadas na ilustración dixital.
Prezo: 20€
Datas: 14 - 18 de novembro de 2011
Máis información

Redes sociales y museos: reputación y credibilidad en la red    NOVO
Convoca: UNIA e Museo Picasso, Málaga
Descrición: nas xornadas proporcionaranse coñecementos teóricos e sobre todo prácticos sobre o uso de ferramentas 2.0 aplicado ao sector cultural, traballaranse contidos como a mediación da reputación, a influencia, o impacto dos museos e centros de arte contemporánea nas redes sociais, a identificación das redes sociais máis importantes para o sector, a definición de estratexias, e incluso estudiaranse medios e canles alternativos na rede. Tamén analizarase como poden mellorar as institucións culturais a súa imaxe en internet e nas redes sociais e como poder valorar a percepción qeu teñen os visitantes dun museo, se o recomendan, etc. Tamén estudiarase o papel dos axentes e accións específicas de casos reais e experiencias concretas así como a figura do "Community Manager" nun museo.

Prezo: 50€
Data: 17-18 de novembro de 2011
Máis información


Taller "Tiempo muerto", con Julio Falgán 

Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: obradoiro dirixido a persoas con inquietudes relacionadas coas Belas Artes no que se abordará o tema das cousas que non se empregan e como sacar partido ao que se dá por perdido.

Prezo: 50€
Datas: 21 - 25 de novembro de 2011
Máis información 

Bocetación de personajes y escenas para un proyecto de animación 
Convoca: Puertas de Castilla, Murcia
Descrición: obradoiro dirixido á elaboración de personaxes de animación para a creación de proxectos dirixidos ao cómic, a ilustración e a animación de vídeo. Enfocado a estudantes, artistas, profesionais e, en xeral, a persoas interesadas no cómic, a ilustración e a animación de vídeo.

Prezo: 20€
Datas: 21 - 25 de novembro de 2011
Máis información 

Conflictos, memoria y cultura de paz    NOVO
Convoca: ZINHEBA, Vitoria-Gasteiz no ARTELEKU, San Sebastián
Descrición: os obxectivos do curso serán: reflexionar acerca da diversidade de conflitos personais que acompañamos a través dun documental, aprender a educar no respecto e na dignidade humana no marco dos dereitos humanos, utilizar o cine como unha ferramenta de achegamento a realidades afastadas e emocións próximas e tomar conciencia da importancia da memoria individual e colectiva.

Prezo: non consta
Data: 22 de novembro de 2011
Máis información


Taller "En busca de una mirada propia" 

Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: obradorio dirixido a persoas que se cuestionen sobre a búsqueda dunha miraxe persoal sobre o real a través do cine/vídeo documental.

Prezo: 50€
Datas: 28 de novembro - 2 de decembro de 2011
Máis información

Nociones básicas para la creación de un cómic  
Convoca: Puertas de Castilla, Murcia
Descrición: obradorio dirixido profesionais, artistas e a persoas interesadas na creación do cómic.

Prezo: 20€
Datas: 28 de novembro - 2 de decembro de 2011
Máis información



PREMIOS

AUTONÓMICOS

V Certame de Pintura Arte Nova Galega  
Convoca: El Corte Inglés S. A.
Descrición: certame de pintura de temática libre ao que poderán participar artistas maiores de idade galegos ou residentes en Galicia.
Premios: 1º premio: 4.000€ + certificado; 2º premio: 2.000€ + certificado; 2 accésits; tarxeta regalo de El Corte Inglés con 600€ + certificado.
Data fin: 11 de novembro de 2011
Máis información 

VIII Play-Doc, Festival Internacional de Documentais  NOVO
Convoca: Play-Doc, Tui
Descrición: Play-Doc é un festival independente cuxos principais obxectivos son achegar ao público un cinema esencial e de difícil acceso, e xerar espazos para o diálogo e o intercambio. As películas inscritas na preselección non deberán ter sido estrenadas antes de xaneiro de 2011. 
Premios: mellor longametraxe documental: 5.000€ + trofeo; mellor curtametraxe documental: 2.000€ + trofeo
Data fin: 30 de novembro de 2011
Máis información 

Concurso de Fotografía "O Camiño Portugués da Costa"  NOVO
Convoca: Concellos galegos e Cámaras portuguesas que transcorren por dito camino.
Descrición: o concurso conta con dúas fases: unha local (con bases en cada un dos concellos) e outra final na que concorren as seleccionadas en cada un dos mesmos. O tema proposto é o Camiño Portugués da Costa, en todas as súas manifestacións etnográficas, relixiosas, xeográficas, paisaxísticas e culturais. Poderán participar todos aqueles fotógrafos que o desexen sen importar a súa nacionalidade. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición itinerante. 
Premios: local: variable segundo o concello; final: 1º premio: 600€; 2º premio: 300€; 3º premio: 100€ 
Data fin: 30 de novembro de 2011
Máis información

ESTATAIS

L Aniversario de Dulcesol    NOVO
Convoca: Dulcesol, Valencia
Descrición: polo L aniversario da marca Dulcesol convocan este concurso de deseño de logotipo. Buscan traballos orixinais e sinxelos. Pode participar calquera persoa maior de idade. O gañador verá plasmado o seu deseño en distintos soportes e lugares e servirá como elemento promocional na comunicación da empresa e en actos conmemorativos.
Premio: 1.000€ + 1 lote de produtos Dulcesol
Data fin: 10 de novembro de 2011
Máis información

VI Certamen Nacional de Minicuadros Muz-Martínez 2011   NOVO
Convoca: Galería de Arte San Vicente, San Vicente de Raspeig, Alacant
Descrición: poderá participar calquera artista residente en España. As medidas dos minicadros serán de 24x24 cms. (sen contar o marco). Todas as obras presentadas estarán á venda na galería, o artista levará un 70% do valor e a galería un 30% como comisión.
Premio: fondo-adquisición de 4.000€
Data fin: 11 de novembro de 2011
Máis información

VI Premio Internacional Arte Laguna    NOVO
Convoca: Asociación Cultural MoCA, La Laguna
Descrición: a participación está aberta a todos os artistas, sen límite de idade, sexo ou nacionalidade. As distintas modalidades son: 
pintura, escultura, fotografía, videoarte e performance. 
Premios: desde 7.000€ segundo categoría e tamén premios de residencias en distintos centros de arte.
Data fin: 11 de novembro de 2011
Máis información


XXVI Concurso fotográfico Caminos de Hierro
 
Convoca: Fundación de los Ferrocarriles Españoles, Madrid
Descrición: este concurso pretende fomentar a creatividade no ámbito do ferrocarril en todos os seus aspectos (viaxeiros, estacións, trens, etc.) Cada concursante poderá presentar un máximo de tres obras individuais ou unha serie fotográfica. As obras deberán ser inéditas e non presentadas en convocatorias anteriores ou noutros certames.
Premios: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 3.000€; premio Autor Joven: 1.800€
Data fin: 11 de novembro de 2011
Máis información

X Festival Internacional de Documental Etnográfico de Sobrarbe  NOVO
Convoca: Comarca de Sobrarbe e Centro de Estudios de Sobrarbe
Descrición: como documental etnográfico enténdense as producións documentais cuxa intención primordial sexa a de mostrar aspectos relacionados coas formas de vivir e entender a vida dentro dunha cultura. Admítense todos os formatos de realización pero con garantías técnicas necesarias para unha boa proxección en público. 
Premios: desde trofeos ata 1.500€ ao mellor documental 
Data fin: 15 de novembro de 2011
Máis información


XVII Premio de Pintura Ciudad de Algemesi
   NOVO
Convoca: Museu Valencià de la Festa, Algemesí, Valencia
Descrición: poderán presentarse obras únicas e orixinais, non presentadas a outros concursos cuxa tema e técnica serán totalmente libres. 
Premio: 6.000€
Data fin: 19 de novembro de 2011
Máis información

Premio de Pintura Internacional Guasch Coranty    NOVO
Convoca: Fundación Guasch Coranty, Barcelona
Descrición: premio dirixido a artistas profesionais, menores de 40 anos, que acabaran os estudos de Belas Artes en escolas superiores, facultades ou equivalentes, en calquera país, sen restrinción de residencia ou nacionalidade co fin de promover a creación, entendida como unha actividade aberta a novos soportes e técnicas. 

Premios: 1º premio: 25.000€; dous premios: 8.000€ cada un
Data fin: 25 de novembro de 2011 (entrega de dossier). As obras seleccionadas terán de prazo ata o 16 de marzo de 2012 para ser enviadas. 
Máis información

Carteles "Memorial Samuel Cachero 2011"    NOVO
Convoca: Cofradía Amigos de los Nabos, La Foz de Morcín, Asturias
Descrición: poderán participar artistas, deseñadores, etc. que o desexen, de forma individual ou en grupo. As obras terán que ter como tema central os nabos, ben na fase de semente ou cultivo ou elaborados na cociña, de degustación, de consumo, etc. O formato e a técnica do cartel serán libres.
Premio: 600€
Data fin: 30 de novembro de 2011
Máis información

Concurso Cartel Publicitario Ecotoner Pirineos S.L.U.    
NOVO
Convoca: Ecotoner Pirineos S.L.U.
Descrición: o obxectivo do concurso será a realización dun cartel publicitario da firma que imprimirán e regalarán aos clientes. O cartel vai dirixido a captar a atención de todos os clientes susceptibles do uso de cartuchos de impresora, e ten que reflectir o alto aforro que se produce ao adquirir ditos cartuchos.
Premio: 500€
Data fin: 30 de novembro de 2011
Máis información


I Festival de Cine Fantástico Europeo de Murcia lanza    NOVO
Convoca: C-FEM, Murcia
Descrición: festival enfocado a directores, produtores ou distribuidores de toda España. Admítense todas as obras de xénero fantástico producidas entre 2010 e 2011, poderán ser de terror, ciencia ficción e fantasía. 
Premios: gran premio: 1.200€; premio especial do xurado: 500€; premio do público: 250€
Data fin: 30 de novembro de 2011
Máis información


VII Concurso de Fotografía TorrentJove    
NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Torrent, Valencia
Descrición: cada participante, menor de 35 anos, poderá presentar ata un máximo de tres fotografías, orixinais e non premiadas nas seguintes modalidades: tema libre, cidade de Torrent e fotografía de arquitectura. Coas obras seleccionadas realizarase unha exposición da que se editará catálogo.
Premios: cada modalidade: 500€; mellor colección: 700€; mellor fotografía de autor local: 500€ 
Data fin: 23 de decembro de 2011
Máis información


VIII Premio de Artes Visuales Fundación Arena
  
Convoca: Fundación Arena, Barcelona
Descrición: o obxectivo do concurso é o de divulgar a través das artes a realidade das persoas de orientación sexual gai e lésbica a efecto de erradicar calquera forma de discriminación contra as mesmas. As modalidades do certame serán pintura e fotografía. O tema e a técnica das obras será libre. As obras seleccionadas serán expostas na Galería Alonso Vidal de Barcelona a partir de decembro de 2011.
Premios: pintura: 3.000€; fotografía: 3.000€
Data fin: 3 de decembro de 2011
Máis información 

Premio de Pintura'12 Mutua _Granollers    NOVO
Convoca: Mutua de Granollers
Descrición: poderán participar artistas residentes en España, Portugal, Andorra e Xibraltar. O tema, o soporte e o procedemento serán libres. Presentaranse dossieres de artista e os seleccionados enviarán as obras que formarán parte dunha exposición. 

Premio: 12.000€ 
Data fin: 16 de xaneiro de 2012
Máis información

INTERNACIONAL

VI Edición Premio Internacional Arte Laguna: pintura, escultura, fotografía, videoarte e performance  
Convoca: Ministerio Italiano de los Asuntos Extranjeros, Regione Veneto e IED, Venecia, Italia
Descrición: concurso organizado para a realización dunha exposición colectiva en Venecia con artistas de calquera nacionalidade e idade que traballen nas disciplinas citadas no título. O premio inclúe exposicións, residencias para artistasm, premios en metálico e a publicación dun catálogo. Os artistas poderán participar cun máximo de dúas obras de temática libre en máis dunha sección.
Premios: premio de pintura: 7.000€; premio de escultura: 7.000€; premio arte fotográfico: 7.000€; premio de vídeoarte e performance: 7.000€; premio arte virtual: 7.000€
Data fin: 11 de novembro de 2011
Máis información

Unsolicited Proposal Program 
Convoca: APEXART, Nova York
Descrición: concurso para a instalación dunha obra nun espazo cunhas medidas dadas na cidade de Nova York.
Premios: 2.000$ + 5.000$ para traslado da peza e do artista.
Data fin: 17 de febreiro de 2012
Máis información

 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.