BOLSAS E PROXECTOS ESTATAIS
Convocatoria de Becas Universidad de Brown (Providence) NOVO Convoca: Fundación Botín, Santander Descrición: bolsa de estudos na Universidad de Brown, Providence Dotación: non consta. Data fin: non consta. Máis información Convocatoria de Becas Universidad Wellesley (Massachusetts) NOVO Convoca: Fundación Botín, Santander Descrición: bolsa de estudos na Universidad de Wellesley, Mass. Dotación: non consta. Data fin: non consta. Máis información Eremuak NOVO Convoca: Centro-Museo Artium de Álava, Vitoria-Gasteiz Descrición: axudas co fin de fomentar a produción de contexto contemporáneo a través dun programa aberto. Por este motivo tanto a aceptación dos proxectos como as dotacións dependerán das decisións dunha comisión. Dotación: non consta. Data fin: convocatoria continua. Máis información Premio LABjoven_Experimenta NOVO Convoca: LABoral Centro de Arte y Creación Industrial, Xixón Descrición: bolsa dirixida a proxectos experimentáis concibidas especificamente para a súa instalación nun dos espazos de LABoral. Este proxecto deberá ser orixinal e inédito. Dotación: 11.800€ Data fin: 16 setembro de 2011 Máis información Becas para el Máster en Educación Emocional, Social y de la Creatividad NOVO Convoca: Fundación Botín, Santander Descrición: convócanse 15 bolsas para axudar o alumnado participante no máster en Educación Emocional, Social y de la Creatividad. Dotación: 1.683,67€ Data fin: 16 setembro de 2011 Máis información Propuesta C Arte C. II convocatoria para producción de proyectos NOVO Convoca: Centro de Arte Complutense da Universidad Complutense de Madrid, Madrid Descrición: bolsa dirixida a promover o traballo de artistas e comisarios dentro da comunidade universitaria e insistir na consideración da arte como un campo de coñecemento. Presentación individual ou colectiva, autores e comisarios de calquera idade ou nacionalidade. O proxecto deberá ser inédito. Dotación: ata 20.000€ onde se incluirán todos os gastos. Data fin: 30 de setembro de 2011 Máis información Ayudas a la Investigación "Pensar el Paisaje 2011" Convoca: CDAN, Centro de Arte y Naturaleza Fundación Beulas, Huesca Descrición: bolsas dirixidas a investigadores da UE e países hispanoamericanos que teñen como obxectivo promover os estudos sobre a paisaxe entendida esta en todas as súas facetas: artística, estética, histórica, patrimonial, etc. Dotación: 12.000€ Data fin: 3 de outubro de 2011 Máis información IX Convocatoria Becas CAM Artes Plásticas NOVO Convoca: Obra Social CAM, Alicante Descrición: outorgaranse seis bolsas dirixidas a artistas españois our residentes en España con idades comprendidas entre os 23 e os 40 anos en calquera das seguintes disciplinas de artes plásticas: pintura, escultura, debuxo, fotografía, vídeo e técnicas dixitais. Terá unha duración de 12 meses. Dotación: 14.000€; con traslado a outro país: 24.000€ Data fin: 2 de decembro de 2011 Máis información CURSOS E OBRADOIROS
ESTATAIS Seminario: "Pensar la improvisación. Una aproximación teórica y práctica hacia las músicas no escritas" Miguel Álvarez-Fernández NOVO Convoca: Fundación Mejora, Vitoria-Gasteiz Descrición: seminario concibido para traballar coa improvisación musical e reflexionar sobre a esencia da mesma. Non é preciso unha formación musical previa. Prezo: non consta. Datas: 2-3 de setembro de 2011 Máis información Encuentro: "La colección permanente como exposición temporal" NOVO Convoca: Universidad Internacional de Andalucía-UNIA, Sevilla Descrición: encontro no que se propón reflexionar sobre a quietude das coleccións permanentes no Estado español, coa pretensión de crear espazos dinámicos, pois todo leva impreso un principio e un fin. Prezo: 90€ Datas: 21-23 de setembro de 2011. Inscripción ata: 18 de setembro de 2011 Máis información Explorando las fases del retrato NOVO Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid Descrición: o propósito do curso é explorar a construción do retrato a través da análise metódica de cada unha das súas fases. Prezo: xeral: 170€; socios: 150€ Datas: 19-30 de setembro de 2011 Máis información Taller de prácticas artísticas a cargo de Eugenio Ampudia NOVO Convoca: CAM, Alacant Descrición: obradoiro de creación e reflexión sobre as últimas tendencias, imaxe en movemento e interactivas en arte contemporánea. Os obxectivos son a análise práctica e conceptual das novas tecnoloxías nas prácticas artísticas actuais. Prezo: non consta. Datas: 3-5 de outubro de 2011. Inscrición ata o 26 de setembro. Máis información Proyecto Plataforma "Fotografía panorámica" NOVO Convoca: Centro Puertas de Castilla e Synaps, Murcia Descrición: curso de fotografía panorámica dirixido a estudantes, artistas profesionais e interesados na materia. Prezo: 20€ Datas: 26-30 de setembro de 2011 Máis información Proyecto Plataforma "Diseño de imagen corporativa" NOVO Convoca: Centro Puertas de Castilla e Synaps, Murcia Descrición: curso sobre a creación de logotipos e manuais de imaxe corporativa dirixido a estudantes, artistas profesionais e interesados na materia. Prezo: 20€ Datas: 26-30 de setembro de 2011 Máis información Taller intensivo "De la tregua infinita a la guerra de almohadas" impartido por Nilo Gallego NOVO Convoca: Gorputz Egoerak, Azala-Espacio de creación, Lasierra, Álava Descrición: curso dirixido a músicos, coreógrafos, bailarines, actores e artistas visuais no que o músico e performer Nilo Gallego compartirá nun obradoiro sonoro e de forma intensiva a súa aproximación á música e ao feito permormativo. Prezo: 90€; 70€ con tarxeta Vital Kutxa. Datas: 27 de setembro-1 de outubro de 2011 Máis información La memoria en torno al MUSAC. Taller de realización audiovisual y archivo digital NOVO Convoca: MUSAC, León Descrición: obradoiro impartido por Ismael Aveleira e Tomás García dirixido a persoas interesadas na gravación, edición e publicación de pezas audiovisuais en Internet. Prezo: non consta. Datas: 1-7 de outubro de 2011 Máis información Jornadas sobre documentación gráfica del patrimonio-normalización NOVO Convoca: Instituto de Patrimonio Cultural de España, Nájera Descrición: xornadas que buscan achegar aos profesionais e directivos que traballan na restauración de patrimonio os métodos técnicos empregados na documentación do mesmo. Por outra banda buscarase normalizar os traballos e os métodos entre os diferentes centros. Prezo: de balde. Datas: 4-7 de outubro de 2011. Inscrición ata o 4 de outubro. Máis información
PREMIOS
AUTONÓMICO
X Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Fancisco Mantecón NOVO Convoca: Bodegas Terras Gauda, S. A. e Autoridade Portuaria de Vigo. Descrición: poderá participar calquera persoa física ou xurídica e terá que realizar o proxecto de como máximo dous carteis en dous soportes; gravados nun CD e impresos e pegados sobre un cartón pluma. Poderán realizarse en calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc. A temática será libre e preferiblemente reflectirá os aspectos corporativos da entidade convocante, facendo fincapé nos seus viños brancos da variedade de Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Valorarase positivamente a creatividade neste sentido e o encaixe do anagrama societario. Premios: 1º premio: 10.000€; 1º accésit Fundación Puerto de Vigo: 2.000€; 2º accésit: 2.000€; mención especial: 2.000€ Data fin: 30 de setembro de 2011 Máis información
ESTATAIS
Art Nalón 2011 Artes Plásticas Convoca: Área de Juventud del Ayuntamiento de Langreo Descrición: poderán participar todos os novos creadores nados ou residentes no Estado, que non cumpriran os 36 anos a 1 de xaneiro de 2011. As modalidades a concurso serán as de pintura, escultura e gravado. Premio: 2.000€ + exposición Data fin: 2 de setembro de 2011 Máis información Animainzón 2011 Convoca: Ayuntamiento de Ainzón, Zaragoza Descrición: concurso de carácter nacional no que poderán participar todas as persoas que así o desexen sen límite de idade. A técnica de animación pode ser en 2D ou 3D. Deberá estar realizado con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009 e non superar os 5 minutos de duración, créditos incluídos. Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 500€; premio do público: 600€; premio especial do xurado: 1.000€ Data fin: 3 de setembro de 2011 Máis información
Convocatoria Transfera TV & Muestra de Arte Audiovisual MADATAC 03 Convoca: La Central Digital/Canal Autor, Madrid Descrición: poderán participar todos os autores que o desexen, independentemente da súa nacionalidade ou residencia. O obxectivo da convocatoria é o de dar a coñecer ao gran público a videoartistas consolidados, así como aqueles novos valores que aporten propostas renovadoras afastadas da narrativa visual convencional. Premios: premios MADATAC: 5 premios para varias categorías, que consistirán nunha obra de arte vangardista realizada pola artista plástica Silvia Rosende e o deseñador en 3D Javier de Andrés; premios Metrópolis: selección dun total de 27 minutos en dereitos de emisión; premios Transfera: selección de 3 obras para subasta pública; premios Samsung: produtos de dita marca. Data fin: 5 de setembro de 2011 Máis información
XIII Premio de Fotografía "Cuenca y su Arquitectura" Convoca: Demarcación en Cuenca del Colegio de Arquitectos de Castilla La Mancha Descrición: poderán participar todas as persoas naturais ou residentes no Estado cun máximo de tres fotografías inéditas (en branco e negro ou cor) e non premiadas en concursos anteriores. A temática versará obrigatoriamente sobre a arquitectura de Cuenca e a súa provincia. Premios: 1º premio: 1.000€ + diploma; 2 accésits de 500€ cada un + diploma; premio "Lorenzo Castellanos Olmedilla": 500€ (reservado para arquitectos colexiados). Data fin: 9 de setembro de 2011 Máis información
Cortos FICC/40 Convoca: Festival Internacional de Cine de Cartagena, Murcia Descrición: poderán participar tanto realizadores nacionais como estranxeiros cuxa curta sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2010. Só se aceptarán curtametraxes de ficción de temática libre e que non superen os 25 minutos de duración. Premio: 3.000€ Data fin: 10 de setembro de 2011 Máis información
I Premio de Diseño y Creación de un Mueble "Josep Ros" Convoca: Muebles Ros, Artesa de Segre (Lleida) Descrición: o obxectivo do concurso é a promoción do deseño do moble de melamina e fortalecer o achegamento entre deseñadores e empresarios. Poderán concorrer nel todos aqueles estudantes de deseño a nivel estatal, establecéndose unha soa categoría: moble xuvenil e infantil. Premios: premio Josep Ros: 4.000€ + diploma; premio do Público: 2.000€ + diploma. Data fin: 11 de setembro de 2011 Máis información XI Concurso Internacional de Diseño Andreu World NOVO Convoca: Andreu World, S. A., Valencia Descrición: concurso dirixido a estudantes de deseño e a profesionais desta área de todo o mundo co fin de realizar unha peza, asento ou mesa, que agrupe as especificacións que propón Andreu World, S. A. Premios: 1º premio: 3000€; 2º premio: 1.000€; ata un total de catro mencións especiais sen contía económica. Data fin: 12 de setembro de 2011 Máis información Concurso Alternatif - XII Festival de Cine de Pamplona - Iruñeko XII Zinemaldia Convoca: Festival de Cine de Pamplona Descrición: poderán participar (sen límite de obras presentadas polo autor/es) curtametraxes de ficción, de tema libre e de produción e/ou dirección española. As obras, realizadas a partir do 1 de xaneiro de 2010, poderán estar en formato 35mm ou DVD PAL e non durarán máis de 30 minutos. Premios: premio ALTERNATIF: 5.000€; mellor interpretación feminina: 2.000€; mellor interpretación masculina: 2.000€; premio do público-Ateneo navarro: 1.000€; mellor curtametraxe navarra: 1.000€ Data fin: 15 de setembro de 2011 Máis información
XLII Premio Ciudad de Alcalá de Pintura 2011 Convoca: Ayuntamiento de Alcalá de Henares, Madrid Descrición: poderán participar todos os artistas plásticos que o desexen, presentando unha única obra orixinal e inédita con temática e técnica libres. Premio: 6.600€ Data fin: 15 de setembro de 2011 Máis información
XXXII Certamen Artístico "Villa de Amurrio 2011" Convoca: Ayuntamiento de Amurrio, Álava Descrición: poderán participar todas as persoas que así o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade ou residencia. Cada artista poderá presentar dúas obras orixinais en calquera das modalidades do certame (pintura, escultura ou obra de arte dixital) con técnica e temática libres. Premios: 1º premio: 4.000€ + escultura conmemorativa; 2º premio: 1.500€ + escultura conmemorativa; premio local: 1.000€ Data fin: 16 de setembro de 2011 Máis información
Concurso de Creación Contemporánea sobre la Memoria de Andalucía "IMAGINERA" Convoca: Centro de Estudios Andaluces, Sevilla Descrición: o obxectivo do certame é o de recuperar os recordos, emocións e reflexións ligados a Andalucía como medio para preservarlos e compartilos. Existen dúas modalidades, Creación Documental e Artes Plásticas. Na primeira, poderán concorrer todas as produtoras que teñan a titularidade sobre os documentais que presenten a concurso, cunha única obra en soporte DVD. Para a modalidade de Artes Plásticas, poderán participar todos os creadores maiores de 18 anos de calquera nacionalidade. A técnica será libre, axustándoa a calquera das modalidades das artes plásticas: pintura, debuxo, fotografía, vídeo, gravado, etc. Premios: modalidade Creación Documental: 1º premio: 7.000€ + Estrella de Plata; accésit: 3.000€ + Estrella de Plata; modalidade Artes Plásticas: 1º premio: 7.000€ + Estrella de Plata; accésit: 3.000€ + Estrella de Plata. Data fin: 20 de setembro de 2011 Máis información Concurso de Pintura "Villa de Moriles" NOVO Convoca: Ayto. de Moriles, Córdoba Descrición: co gallo das festas patronais da localidade convócase este concurso de pintura de temática, medidas e técnica libres no que poderán participar tantas persoas como o desexen, presentando, eso si, unha obra orixinal non presentada previamente noutro concurso. Premios: 1º premio: 1.200€ + diploma; accésit (residentes): 150€ + diploma. Data fin: 20 de setembro de 2011 Máis información Premio de Pintura Focus-Abengoa 2011 NOVO Convoca: Fundación Focus-Abengoa, Sevilla Descrición: concurso de pintura de temática e técnica libres no que poderá participar calquera artista maior de dezaoito anos que non fora premiado en convocatorias anteriores. A obra debe ser inédita e realizada entre 2010 e 2011. Premios: 1º premio: 24.000€; dous accésit de 6.000€ Data fin: 20 de setembro de 2011 Máis información XIII Concurso de Pintura Bienal de Boecillo NOVO Convoca: Concejalía de Cultura. Ayto. de Boecillo, Valladolid Descrición: poderá participar calquera pintor español ou estranxeiro cunha única obra. Temática e técnica libres. Premios: 1º premio: 1.800€ + diploma; 2º premio: 800€ + diploma; 3º premio: 300€ + diploma. Data fin: 21 de setembro de 2011 Máis información "VIII Premio de Pintura Club del Arte Paul Ricard" En colaboración con la Facultad de Bellas Artes NOVO Convoca: Universidad de Sevilla, Sevilla Descrición: poderán participar neste concurso artistas de nacionalidade española ou residentes en España. Cada aspirante deberá presentar unha obra inédita de temática libre. Premio: 6.000€ Data fin: 23 de setembro de 2011 Máis información Premio de Pintura "Emilio Ollero" 2011 Convoca: Instituto de Estudios Giennenses, Xaén Descrición: poderán participar todos os artistas nacionais ou estranxeiros que así o desexen (optarán ao 1º e 2º premio) cunha única obra de temática libre. Premios: 1º premio: 9.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 4.000€ (para novos valores da pintura andaluza). Data fin: 30 de setembro de 2011 Máis información
EXTREMA´doc 2011 Convoca: Asociación DOCUS Extremadura, Cáceres Descrición: festival que se centra exclusivamente no documental de autor ou de creación. Poderán concorrer todos os documentais producidos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007, de temática e duración libres. Premio: non consta Data fin: 30 de setembro de 2011 Máis información Premio Internacional de Artes Plásticas Caja de Extremadura NOVO Convoca: Obra Social Caja de Extremadura, Plasencia Descrición: convocatoria de mecenado para artistas de calquera disciplina e nacionalidade. As obras presentadas serán de tema libre, inéditas, orixinais e non presentadas noutro certame, mostra, visionado, pase ou exhibición de ningún tipo. Premios: 1º premio: 30.000€; fondo-adquisición: 30.000€ Data fin: 30 de setembro de 2011 Máis información Concurso de ideas para la Sala VIP de la feria ARCO 2012 NOVO Convoca: ARCO madrid e AD (Architectural Digest España) Descrición: concurso de ideas para o deseño da Sala VIP da próxima edición da Feria Internacional de Arte Contemporáneo que se celebrará do 15 ao 19 de febereiro de 2012. Poderán concorrer artistas, arquitectos e decoradores. O gañador contará cun orzamento de 40.000€ para a realización do proxecto. Premio: 4.000€ Data fin: 30 de setembro de 2011 Máis información
Premio BMW de Pintura NOVO Convoca: BMW Group España, Madrid Descrición: premio de pintura no que poderán participar artistas españois ou estranxeiros residentes en España, agás os gañadores de anteriores edicións. A temática é libre mais non se poderá facer alusión a ningunha marca comercial. Suxerencias: "natureza e mundo animal", "cultura e convivencia", "arte e historia do home na terra", "estética e tecnoloxía" ou "creatividade do home no tempo ao longo da civilización" Premios: 1º premio: 25.000.000€; ata 10 medallas de honra. Data fin: 30 de setembro de 2011 Máis información Premio BMW al talento más joven NOVO Convoca: BMW Group España, Madrid Descrición: poderán participar mozos con idades comprendidas entre oito e doce anos de idade. O proxecto versará sobre as seguintes temáticas: "natureza e mundo animal", "ecoloxía e medio ambiente" e "familia e amizade". A técnica empregada deberá ser exclusivamente debuxo con lápis, lápis de cera, acuarela ou gouache e o soporte será o papel específico para cada técnica. Premios: 4.000€ Data fin: 30 de setembro de 2011 Máis información III Premio Internacional Alfonso E. Pérez Sánchez NOVO Convoca: Fundación Focuas-Abengoa, Sevilla Descrición: premio que vai destinado á comunidade científica, para fomentar o estudo do século de Velázquez en todos os aspectos históricos e culturais para poder entender mellor a súa pintura e as súas claves. Búscase potenciar os estudos científicos relacionados coa arte, a historia, a literatura e a estética do século de Velázquez. Presentarase un traballo de investigación inédito e non pode estar premiado previamente. Premio: 24.000€ Data fin: 30 de setembro de 2011 Máis información IV Premio de Pintura Ciudad de Badajoz 2011 Convoca: Ayuntamiento de Badajoz Descrición: poderán participar todos os artistas que así o desexen independentemente da súa nacionalidade ou lugar de residencia. Cada participante poderá concorrer cunha única obra de técnica e temática libres. Premios: 1º premio: 9.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 4.000€ Data fin: 3 de outubro de 2011 Máis información
III Premio Internacional de Novela Gráfica "Dibujando entre Culturas" Convoca: Fundación Tres Culturas, Sevilla Descrición: poderán participar todos os autores que o desexen, independentemente da súa nacionalidade ou residencia. Poderase presentar unha obra por autor/es en proposta cómic de 96 a 124 páxinas en branco e negro ou cor, escritas en castelán, inglés ou francés e que estean ambientadas no Mediterráneo no seu presente, futuro ou na súa historia. Premio: 1.000€ + contrato de publicación por valor de 6.500€ Data fin: 5 de outubro de 2011 Máis información Concurso de Fotografía Photo OutColor NOVO Convoca: blipoint.es Descrición: certame de fotografía no que se pretende plasmar a través das imaxes a maxia e a arte que se pode atopar nas imaxes en branco e negro. Para poder concorrer a este certame hai que ser membro premium de Blipoint. Premios: 1º premio: 2.000€; 2º premio: 15 gañadores recibirán como premio a realización e produción dun libro de fotografía por autor; 3º premio: exposición coas 18 imaxes gañadoras na galería da Agrupació fotografica de Catalunya do 25 de novembro ao 9 de decembro; 4º premio: un equipo de luces LASH ORION 400; 5º premio: unha maleta para fotógrafos profesionais HPRC2700 de Ultralight. Data fin: 7 de outubro de 2011 Máis información XII Certamen Nacional de Pintura y Escultura "Ciudad de Melilla 2011" Convoca: Consejería de Cultura de la Ciudad Autónoma de Melilla Descrición: certame de temática e técnica libre en calquera das dúas modalidades. As pinturas non deberán ser inferiores a 30 cm nin superiores a 100, e dun máximo de 100 cm para as esculturas. As obras seleccionadas polo xurado formarán parte dunha exposición que comezará o 3 de novembro de 2011. Premios: pintura: 1º premio: 4.500€; 2º premio: 3.500€; escultura: 1º premio: 4.500€; 2º premio: 3.500€ Data fin: 11 de outubro de 2011 Máis información
VIII Concurso Fotográfico "Camino del Cid" 2011 NOVO Convoca: Consorcio Camino del Cid, Burgos Descrición: este certame busca plasmar a riqueza e diversidade histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do Camiño do Cid a través da oito provincias polas que discorre. Cada participante poderá presentar ata un máximo de tres fotografías inéditas, a color e que non fosen premiadas noutros certames. Premios: 1º premio: 600€; 2º premio: 450€; 3º premio: 300€; 4º premio: 150€; 8 accésits: 100€ cada un. Data fin: 14 de outubro de 2011 Máis información XIX Edición Premio Mezquita Convoca: Ayuntamiento de Córdoba Descrición: poderán participar todos os residentes no Estado, sen restrición de ningún tipo. Establécense dúas temáticas: libre e Córdoba, podéndose presentar un máximo de dúas coleccións de tres fotografías por autor e tema. Nos primeiros meses de 2012 levarase a cabo unha exposición das obras premiadas e a publicación dun catálogo. Premios: 1º premio: 4.500€; 5 finalistas: 1.500€ cada un. Data fin: 15 de outubro de 2011 Máis información
XVI Certamen Jóvenes Pintores Convoca: Fundación Gaceta Regional, Salamanca Descrición: poderán participar pintores de calquera nacionalidade, que non cumpriran os 34 anos na data de recepción da obra. Poderán concorrer cun máximo de dúas obras de técnica e tema libres. Premios: 1º premio: 6.000€ + exposición individual do artista; 2º premio: 3.000€; 3º premio: 2.000€; 2 accésits: 1.000€ cada un. Data fin: 15 de outubro de 2011 Máis información
XXXI Certamen Nacional de Pintura y Escultura "Villa de Parla 2011" Convoca: Ayuntamiento de Parla, Madrid Descrición: poderán participar todos os artistas residentes no Estado cunha única obra por autor. As obras serán de temática e técnica libres e o xurado fará unha selección das obras para ser expostas a partir do 22 de outubro na Casa da Cultura do Concello. Premio: pintura: 1º premio: 6.000€ + escultura orixinal de Paco Lara; escultura: 1º premio: 6.000€ + escultura orixinal de Paco Lara Data fin: 16 de outubro de 2011 Máis información V Concurso de pintura Aguas de Barbastro NOVO Convoca: Aguas de Barbastro Electricidad, S.A., Huesca Descrición: certame de pintura de carácter bianual no que poderán participar todos os artistas plásticos que o desexen. A técnica e o tema serán de libre elección. Premios: 3.000€ + placa conmemorativa Data fin: 19 de outubro de 2011 Máis información Premio "Provincia de Guadalajara" de Dibujo 2011 Convoca: Diputación de Guadalajara Descrición: certame destinado a artistas residentes no Estado no que se admitirán unicamente obras realizadas de xeito monocromo. Cada autor poderá presentar un máximo de 2 obras de formato e tema libres. Coas obras seleccionadas polo xurado se editará un catálogo. Premios: 1º premio: 4.000€; 2º premio: 2.000€ Data fin: 28 de outubro de 2011 Máis información
Premio "Provincia de Guadalajara" de Fotografía 2011 Convoca: Diputación de Guadalajara Descrición: poderán participar todos os fotógrafos profesionais ou afeccionados residentes no Estado. As fotografías, tres por concursante, serán de procedemento e temática libres. Coas obras seleccionadas polo xurado realizarase unha exposición e editarase un catálogo. Premios: 1º premio: 2.000€; 2º premio: 1.000€ (cuxo tema sexa a provincia de Guadalaxara). Data fin: 28 de outubro de 2011 Máis información XXVI Concurso fotográfico Caminos de Hierro NOVO Convoca: Fundación de los Ferrocarriles Españoles, Madrid Descrición: este concurso pretende fomentar a creatividade no ámbito do ferrocarril en todos os seus aspectos (viaxeiros, estacións, trens, etc.) Cada concursante poderá presentar un máximo de tres obras individuais ou unha serie fotográfica. As obras deberán ser inéditas e non presentadas en convocatorias anteriores ou noutros certames. Premios: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 3.000€; premio Autor Joven: 1.800€ Data fin: 11 de novembro de 2011 Máis información VIII Premio de Artes Visuales Fundación Arena Convoca: Fundación Arena, Barcelona Descrición: o obxectivo do concurso é o de divulgar a través das artes a realidade das persoas de orientación sexual gai e lésbica a efecto de erradicar calquera forma de discriminación contra as mesmas. As modalidades do certame serán pintura e fotografía. O tema e a técnica das obras será libre. As obras seleccionadas serán expostas na Galería Alonso Vidal de Barcelona a partir de decembro de 2011. Premios: pintura: 3.000€; fotografía: 3.000€ Data fin: 3 de decembro de 2011 Máis información
INTERNACIONAL IV Concurso Internacional de Creación Musical y VideoArt Convoca: InNova Música, Andorra Descrición: convocatoria aberta tanto a músicos afeccionados como profesionais sen ningunha restrición de idade ou nacionalidade. Todas as obras enviadas deberán ser orixinais e non editadas ou publicadas. O concurso consta de 3 categorías: Música Moderna, Música Académica e VideoArt Musical. Premios: 2.000€ para cada categoría. Data fin: 31 de outubro de 2011 Máis información VI Edición Premio Internacional Arte Laguna: pintura, escultura, fotografía, videoarte e performance NOVO Convoca: Ministerio Italiano de los Asuntos Extranjeros, Regione Veneto e IED, Venecia, Italia Descrición: concurso organizado para a realización dunha exposición colectiva en Venecia con artistas de calquera nacionalidade e idade que traballen nas disciplinas citadas no título. O premio inclúe exposicións, residencias para artistasm, premios en metálico e a publicación dun catálogo. Os artistas poderán participar cun máximo de dúas obras de temática libre en máis dunha sección. Premios: premio de pintura: 7.000€; premio de escultura: 7.000€; premio arte fotográfico: 7.000€; premio de vídeoarte e performance: 7.000€; premio arte virtual: 7.000€ Data fin: 11 de novembro de 2011 Máis información Unsolicited Proposal Program NOVO Convoca: APEXART, Nova York Descrición: concurso para a instalación dunha obra nun espazo cunhas medidas dadas na cidade de Nova York. Premios: 2.000$ + 5.000$ para traslado da peza e do artista. Data fin: 17 de febreiro de 2012 Máis información |