rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA / CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

BOLETÍN DE CONVOCATORIAS :: DECEMBRO 2009


BOLSAS - AXUDAS  

ESTATAIS

Jornada de Conservación de Arte Contemporáneo en el MNCARS    NOVO
Convoca: MNCARS, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid
Descrición: a undécima "Jornada de Conservación de Arte Contemporáneo" será organizada conxuntamente polo "Departamento de Conservación y Restauración" e o GEIIC e dirixido a profesionais, investigadores, e empresas do sector. Ábrese o prazo de presentación de relatorios e pósters, que serán incluídos nunha publicación posterior. Para participar debe enviarse a documentación requirida.
Prezo: de balde
Datas: 18 e 19 de febreiro de 2010. Inscrición ata: 31 de decembro de 2009
Máis información 

Creación de Proyecto Artístico: "Nuevos Comisarios: El espacio reinventado"

Convoca: Centro de Arte La Regenta, As Palmas de Gran Canaria
Descrición: a convocatoria consistirá na realización dun proxecto expositivo que terá lugar no centro no 2010. Poderán presentar comisarios de calquera nacionalidade pero con residencia en España. Non é necesario ter experiencia previa en comisariado.
Dotación: 4.000€ brutos en concepto de honorarios
Data fin: 22 de xaneiro de 2010
Máis información
 

Descubrimientos PHE    NOVO
Convoca: PHotoEspaña, Festival Internacional de Fotografía y Artes Visuales, Madrid
Descrición: invítase a fotógrafos de todas as nacionalidades e disciplinas a presentar o seu traballo en Descubrimientos PHE. Descrubrimientos PHE é o visionado de porfolios de PHotoEspaña que terá lugar do 10 ao 12 de xuño de 2010 en Madrid, que dará a oportunidade a fotógrafos de mostrárlles o seu traballo en reunións individuais a oito comisarios e editores.

Dotación: os seleccionados participarán nunha mostra na Sala de Exposiciones do "Complejo El Águila", incluída dentro da Selección Oficial do Festival. Opción ao Premio Descubrimientos PHE Epson, que consistirá nunha exposición individual en PHotoEspaña 2011.
Data fin: 7 de febreiro de 2010

Máis información   


Green Graphics de Index Book    NOVO
Convoca: Index Book, Barcelona
Descrición: ábrese a convocatoria para participar no libro Green Graphics, adicado ao deseño gráfico con temática medioambiental. Deste xeito, pódense enviar traballos sobre temas de xestión e redución de residuos, reciclaxe, aforro enerxético, enerxías renovables, packaging responsable, produtos biolóxicos, transporte sostible, ecoturismo, protección de especies e ecosistemas, parques e espazos públicos respectuosos, etc.
Dotación: a publicación do material enviado sen ningún gasto do participante, agasallo dun exemplar.
Data fin: 15 de febreiro de 2010

Máis información

MUSAC convoca la V Edición de Becas de Creación Artística. Convocatoria 2009-2010    NOVO
Convoca: MUSAC, Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León, León
Descrición: a convocatoria ten como obxectivo promocionar e estimular a creación artística dentro dos parámetros  da arte actual en todas as súas disciplinas. Poderán participar todos aqueles artistas interesados que cumplan os requisitos, tendo prioridade os naturais de Castela e León. Os bolseiros deberán realizar un proxecto ata o 31 de decembro de 2010, que será evaluado por unha Comisión de Seguemento creada para o propósito.
Dotación: 15.000 € por bolseiro seleccionado.
Data fin: 16 de marzo de 2010

Máis información   


INTERNACIONAIS 

Call for papers para futuros números de n.paradoxa 
Convoca: a publicación n.paradoxa, Reino Unido
Descrición: a publicación sobre a muller e a arte contemporánea n.paradoxa, convoca a autores a participar contribuíndo con textos relacionados coa temática da publicación. n.paradoxa publica o traballo de escritoras, comisarias, poetisas ou críticas de arte contemporánea, apoiando o papel da muller na arte. A publicación é bianual e está aberta á participación de autoras de diversas nacionalidades. As interesadas deberán contactar co editor dende a páxina web "Email the editor".
Dotación: publicación nalgún dos volumes de n.paradoxa.
Data fin: 30 de decembro de 2009

Máis información

Resident Fellows. UT College of Liberal Arts    NOVO
Convoca: College of Liberal Arts. University of Texas, Austin, Estados Unidos
Descrición: a Escola de Artes Liberais da Universidade de Texas, convoca bolsas para estudantes universitarios que desexen residir no centro por un período dun semestre ou un ano. Durante a estadía, os estudantes traballarán nun proxecto da materia desexada que garde relación con algún contido histórico. Ademais, deberán participar nos programas académicos da institución. Os insteresados deberán enviar a documentación requirida a través de correo electrónico.
Dotación: $50.000 por ano
Data fin: 15 de xaneiro de 2010

Máis información

Être historien de l'art aujourd'hui // Being an Art Historian Today    NOVO
Convoca: THES-ARTS, Asociación de doutorados e post-doutorados de historia da arte do século XIX e XX de Paris-Sorbonne, París
Descrición: coloquio internacional no Institut National d'Histoire de l'Art en París. Convócanse  propostas de intervención en inglés ou francés, sobre o papel do historiador da arte na actualidade. Os custos de viaxe e aloxamento serán asumidos pola organización do evento.
Dotación: custos da viaxe e aloxamento, en parte ou na súa totalidade
Datas: 18 e 19 de xuño de 2010. Envío de propostas ata o 25 de xaneiro de 2010

Máis información



CURSOS E OBRADOIROS 

AUTONÓMICOS

Cursos anuais da Fundación CIEC    NOVO
Convoca: CIEC, Centro Internacional de la Estampa Contemporánea, Betanzos
Descrición: aberto o prazo para cursar calquera dos cursos anuais de litografía, serigrafía e calcografía que se imparten no CIEC. Os obradoiros son impartidos por profesores e artistas, e están dirixidos a licenciados e alumnos de Belas Artes, Escolas de Arte, artistas e estudantes de diferentes campos artísticos. Prazas limitadas.
Prezo: oscilan entre 940 e 970€, dependendo do curso.
Datas: xaneiro-xuño 2010

Máis información

ESTATAIS

El cine en los Encuentros de Pamplona    NOVO
Convoca: MNCARS, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid
Descrición: ciclo de cine formado por dez sesións, nas que se mostran e analizan as pezas de cine mostradas na semana do 26 de xuño ao 3 de xullo de 1972 en Pamplona. O ciclo presenta os límites difusos entre cine e arte, realidade e ficción; explorando como as reflexións sociais, temporais e contextuais das neovangardas no cine se concentran nas imaxes proxectadas.
Prezo: de balde, ata completar aforo.
Datas: 7 de xaneiro-12 de febreiro de 2010
Máis información

Taller de Kònic THTR a la Universitat Autònoma de Barcelona     
Convoca: Universitat Autònoma de Barcelona
Descrición: curso de formación e creación para estudar a relación da escritura escénica e as linguaxes audiovisuais. Unha experiencia multidisciplinar que une a instalación, a "performace", e busca a relación entre o movemento, a palabra, o vídeo, etc.
Prezo: comunidade UAB: 190€; outros: 230€
Datas: 18-29 de xaneiro de 2010. Inscricións ata: 8 de xaneiro de 2010
Máis información

Heterodoxos del siglo XX    NOVO
Convoca: Institut d'Humanitats de Barcelona e CCCB, Centre de Cultura Contemporània de Barcelona, Barcelona
Descrición: ciclo de dez conferencias que trata de comprender o fenómeno da heterodoxia a partir dunha serie de intelectuais e creadores do século XX. Curso dirixido por Victoria Cirlot e Amador Vega. Prazas limitadas en cada sesión. Aqueles matriculados recibirán un diploma de asistencia.
Prezo: 90 €; 60 € prezo reducido para estudantes, maiores e amigos do CCCB.
Datas: 14 de xaneiro-18 de marzo de 2010
Máis información 

Postgrado El Espacio Expositivo (2ª edición)    NOVO
Convoca: l'UPC School e o CCCB, Centre de Cultura Contemporània de Barcelona, Barcelona
Descrición: curso de 208 horas que ten como obxectivo formar especialistas da montaxe expositiva desenvolvendo todos os contextos que afectan a esta actividade dende o deseño do proxecto ata a súa materialización. Diríxese a licenciados no campo da arquitectura, o deseño de interiores, gráfico ou industrial, as belas artes, a historia da arte, a museoloxía e a profesionais relacionados con diferentes actividades da montaxe de exposicións.
Prezo: non consta
Datas: 18 de xaneiro-19 de xullo de 2010
Máis información  

Taller con Mariana Castillo Deball e Irene Kopelman    NOVO
Convoca: Centre d'Estudis i Documentació, MACBA, Museu d'Art Contemporani de Barcelona
Descrición: este obradoiro práctico versa sobre a aplicación de estratexias literarias no proceso da creación visual. A metodoloxía de traballo está baseada en exercicios grupais e individuais e na posterior discusión dos seus resultados. Nos exercicios e accións traballarase con textos, películas e vídeo e fotografía. Dirixido a artistas novos e/ou estudantes de Arte, que deberán enviar os documentos requiridos para participar no proceso de selección.
Prezo: de balde
Datas: 23-26 de febreiro de 2010. Inscricións do 25 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2010
Máis información

Jornadas I+C+i. Educación Expandida    NOVO 
Convoca: CCCB, Centre de Cultura Contemporània de Barcelona, Barcelona
Descrición: xornadas sobre a denominada Educación Expandida. Análise dos novos métodos educativos, que amplían os límites da educación covencional, as institucións, as metodoloxías, e as asignaturas. Innovación e investigación das ferramentas didácticas. Os interesados deberán facer preinscrición. Prazas limitadas.
Prezo: de balde
Data: 2 de febreiro de 2010
Máis información 

El malestar del capitalismo     
Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid
Descrición: o seminario propón realizar unha reflexión sobre cinco nomes claves no pensamento actual: Giorgio Agamben, Alain Badiou, Ernesto Laclau, Tiqqun e Slavoj Zizek. Cinco pensadores co principal mérito de proporcionar nos últimos tempos un instrumental capaz de disolver os endurecementos ideolóxicos da esquerda e da dereita tras a caída do pano de aceiro.
Prezo: 80€; socios: 70€
Datas: 2 de febreiro de 2010-17 de marzo de 2010
Máis información

Conceptos Clave: Frank Lloyd Wright    NOVO
Convoca: Museo Guggenheim de Bilbao
Descrición: visita co personal de Educación e Interpretación durante a que se abordarán os aspectos máis relevantes da exposición do arquitecto americano Frank Lloyd Wright. Os interesados deberán reservar a súa praza.
Prezo: non consta
Datas: 3 de febreiro de 2010. Reservas a partir do 15 de xaneiro de 2010
Máis información

Curso "Cuidados básicos de obras de arte en colecciones privadas"    NOVO
Convoca: FEAM, Federación Española de Amigos de los Museos, Madrid
Descrición: obradoiro destinado a ensinar a coidar obras de arte, non é un curso de restauración. Explicarase onde se atopan os límites entre a actuación do coleccionista e onde debe entrar a axuda dun especialista. Dirixido a un amplo público, entre o que se poden atopar estudantes universitarios, institucións, coleccionistas privados, e calquera persoa que teña ao seu cargo algunha peza de patrimonio artístico. Obradoiro composto por 6 sesións e un total de 12 clases diferentes impartidas no Museo de América de Madrid.
Prezo: 200 €, 150 € membros da FEAM ou estudantes universitarios
Datas: 4 de febreiro-11 de marzo de 2010
Máis información

Taller de iniciación al grabado    NOVO
Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid
Descrición: curso práctico de iniciación ao gravado dirixido a artistas e afeccionados. O obradoiro centrarase no oco gravado en acetato, o linóleo, e outras técnicas e mínima toxicidade, e permitirá aos asistentes enfocar os coñecementos impartidos aos seus propios intereses. Dirixido por Fernando Manzarbeitia Urquiza.
Prezo: 150 €, 138 € para os socios
Datas: 6 de febreiro-6 de marzo de 2010
Máis información

VIII Foro Internacional de Expertos en Arte Contemporáneo ARCO_Madrid 2010    NOVO
Convoca: ARCO_Madrid 2010, Madrid
Descrición: dentro das actividades trazadas no marco da vixésimo novena edición de ARCO_Madrid, establécese o VIII Foro de Expertos en Arte Contemporánea, que este ano se adicará aos seguintes temas de actualidade: "Arte y crisis ¿Dependencia mutua?", "Ciudades que nos pertenecen y a las que pertenecemos", "Dinámicas culturales y cambio social en la ciudad africana contemporánea", "Coleccionismo de videoarte", "Conversaciones con artistas", "El estado del mercado global del arte", "Estructuras institucionales alternativas en Los Ángeles", "La actualidad del lugar II", "Las reglas del juego: las leyes que gobiernan un mundo del arte cada vez más internacionalizado", "Mapas asiáticos", "Dislocaciones estratégicas en la teoría y en la práctica del arte contemporáneo asiático" e "Performance: historia(s) y desapariciones".
Prezo: entrada de balde para os visitantes de ARCO_Madrid 2010
Datas: 17-21 de febreiro de 2010
Máis información

De lo privado a lo Público: las Colecciones Guggenheim    
Convoca: Museo Guggenheim, Bilbao
Descrición: Karole Vail, conservadora adxunta do mesmo centro,  analiza a historia e a orixe das Coleccións Guggenheim. Tras a conferencia establecerase un diálogo co público.
Prezo: de balde
Data: 18 de febreiro de 2010
Máis información

Taller Interactivos? When Process Becomes Paradigm    NOVO
Convoca: LABoral Centro de Arte y Creación Industrial, Xixón; en colaboración con Medialab-Prado, Madrid
Descrición: o obradoiro sitúase dentro do marco da futura exposición "When Process becomes Paradigm", que tratará na súa totalidade, obras consistentes en procesos vivos. O aspecto temporal, a interdependencia, os procesos de auto-organización e a autonomía serán recollidos por todas as obras da mostra, presentando unha nova visión da arte, a importancia do proceso en contraposición á importancia do resultado final como sucedía nas artes plásticas. O obradoiro céntrase na produción de obras de arte que seguen o planeamento da mostra, de xeito que serán procesos que evolucionarán ao longo do tempo. Trataranse os procesos automatizados/en rede, os procesos naturais/biolóxicos e os procesos sociais. O programa do obradoiro contará tamén con presentacións dos artistas e comisarios da mostra. Os interesados deberanse inscribir.
Prezo: non consta
Datas: 8-20 de abril de 2010
Máis información




PREMIOS 
 

AUTONÓMICOS

Concurso Fotográfico Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago 
     
Convoca: Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, Santiago de Compostela
Descrición: certame fotográfico de temática aberta relacionada co Camiño de Santiago. As fotografías poderán ser en branco e negro ou en cor. As fotografías premiadas publicaranse no xornal "El Correo Gallego" e no boletín da Asociación.
Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 200€; 3º premio: 100€
Data fin: 31 de decembro de 2009
Máis información


ARTXOVE 2010    NOVO
Convoca: Concello de Pontedeume
Descrición: convócase a 15 Mostra ArtXove destinada ao espallamento e potenciación das artes plásticas na que poderán participar todos os artistas da Comunidade Autónoma de Galicia de entre 18 e 35 anos. Poderase concorrer nas modalidades de escultura, pintura e fotografía cumprindo os requisitios acordados para a exposición. Elaborarase un catálogo da exposición.
Premios: exposición da obra e publicación no catálogo.
Data fin: 19 de febreiro de 2010
Máis información

III Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados     
Convoca: Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela
Descrición: as obras poderán ser presentadas en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica e terán que ser orixinais e inéditas. Poderán participar unha ou varias persoas autoras do texto ou das ilustracións de calquera nacionalidade.
Premios: 12.000€, en concepto de dereitos de autor. A obra premiada editarase nas linguas oficiais peninsulares (galego, catalán, euskera, castelán e portugués) pola editorial Kalandraka.
Data fin: 26 de febreiro de 2010
Máis información


I Concurso de Intervención Artística no Campus de Ourense    NOVO
Convoca: Vicerreitoría do Campus de Ourense, Ourense
Descrición: o obxectivo do concurso é a revaloración dos espazos do campus. O tema é libre, valorándose por parte do xurado os seguintes aspectos: a conexión co contorno no que se plasmará o traballo e a interacción co edificio do que forma parte. Pode participar calquera persoa maior de idade de xeito individual ou colectivo.
Premio: execución da intervención artística no campus.
Data fin: 27 de febreiro de 2010

Máis información


III Festival de Curtas de Sada 2010    NOVO
Convoca: Concello de Sada, A Coruña
Descrición: festival de curtametraxes que ten por obxectivo potenciar o audiovisual galego e achegalo aos espectadores. Poderán participar no festival todos aqueles naturais ou residentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Os interesados deberán presentar unha curtametraxe que reúna os requisitos marcados nas bases e que non exceda os 20 minutos de duración, así como a documentación precisa para a inscripción.
Premios: tres premios principais de 500 € e diplomas en diferentes categorías técnicas.
Data fin: 1 de marzo de 2010

Máis información 


ESTATAIS

Concurso de Carteles VII Festival de Cine de AlicanteEdicións dedicada a la comedia           
Convoca: Festival de Cine de Alicante
Descrición: o Festival de Cine de Alicante convoca un concurso para anunciar a séptima edición do evento que ten como protagonista a comedia. Poderán participar todos aqueles interesados cun máximo de tres carteis. Os traballos seleccionados serán expostos na web do Festival para optar ao premio do público.
Premios: 1º premio: 1.500€; premio do público: 500€
Data fin: 18 de decembro de 2009
Máis información

VI Certamen de Cortometrajes y Videocreación Zinexín
   
Convoca: Asociación Cultural Trivium, Albacete
Descrición:  poderán participar no concurso artistas nacionais e internacionais, personas ou grupos sen importar idade. As obras poderán estar realizadas en calquera formato videográfico e cinematográfico con posterioridade a decembro de 2007. A duración non deberá superar os 20 minutos. A temática será libre, sendo posible presentar videoarte e cine experimental. As obras seleccionadas serán proxectadas no Festival en decembro de 2009.
Premio: categoría cine: 1.000€; categoría vídeo: 600€; categoría La Roda Crea (premio local): 500€; premio do público: 400€
Data fin: 28 de decembro de 2009
Máis información

XIV Certamen de Cine y Vídeo Joven de Irún 2009   
     
Convoca: Ayuntamiento de Irún
Descrición: o certame terá varias categorías: a) curtametraxes realizadas en vídeo, b) curtametraxes realizadas en cine, c) "+cortos", curtometraxes que non entran na seccion oficial pero que se consideren interesantes para o espectador e d) "Comarca del Bidasoa", categoría local.
Premios: variables entre 250€ e 1.700€
Data fin: 29 de decembro de 2009
Máis información


I Convocatoria de Videocreación "BODY VS. CITY"    NOVO
Convoca: Espacio A Rojo, Córdoba
Descrición: para esta primeira edición escolleuse o corpo e o contorno urbano como nexo de unión entre as propostas a recibir. O xeito de como o corpo se adapta ou rexeita o contorno metropolitano. Poderá ser una relación física ou conceptual. Poderán participar todos aqueles artistas do eido da videocreación, de maneira individual ou colectiva, sen límite de idade e de calquera nacionalidade. As videocreacións seleccionadas serán emitidas na Filmoteca de Andalucía, e posteriormente na fachada de Espacio A Rojo.
Premios: ademais da emisión das obras, haberá tres gañadores, que exhibirán o seu vídeo na páxina web de Espacio A Rojo durante todo o ano 2010.
Data fin: 31 de decembro de 2009
Máis información

XII Concurso fotográfico Emergencia 112    NOVO
Convoca: APTB, Asociación Profesional de Técnicos de Bomberos, Madrid
Descrición: poderán participar todas aquelas persoas (non entidades) de calquera nacionalidade. A temática deberá estar relacionada coas emerxencias, os incendios e co traballo dos servizos de emerxencia. Entre todas as fotografías realizarase unha selección das 100 mellores que serán exhibidas na Feria Sicur 2010, onde se realizará unha votación popular para escoller as fotografías gañadoras.
Premio: 1º premio: 1.000 €; 2º premio: 300 €; 3º premio: 112 €
Data fin: 31 de decembro de 2009
Máis información

XII Festival Internacional de Cortometrajes de Barcelona-MECAL    NOVO
Convoca: Festival Internacional de Cortometrajes de Barcelona-MECAL, Barcelona
Descrición: o ámbito do concurso será internacional e o tema será libre. As obras seleccionadas serán proxectas durante os días que dure o festival.
Premios: varios premios de 1.000€ para distintas categorías.
Data fin: 1 de xaneiro de 2010
Máis información

III Certamen de Cortometrajes Documentales y Discapacidad Cinemobile
  
Convoca: Festival Escenamobile, Sevilla
Descrición:  poderán concursar curtametraxes de ficción, animación ou documental que conten coa participación de persoas con discapacidade ou cuxa temática sexa a discapacidade.  As curtametraxes serán enviadas en formato DVD, independentemente do formato no que foran rodadas.
Premios: premio "Mobile" ao mellor curtametraxe: 1.000€; premio "Mobile" á mellor interpretración: 600€
Data fin: 10 de xaneiro de 2009
Máis información


II Concurso de "Artistas por la Paz"    NOVO
Convoca: CPAZ, Centro de Interpretación y Sensibilización para la Paz, Albacete
Descrición: concurso de Arte Dixital que se fallará o 30 de xaneiro coincidindo co día da Paz e da Non Violencia. A temática das obras deberá ser a paz no seu sentido máis amplo. As obras deben estar realizadas con algunha ferramenta dixital e valorarase o uso de software libre. Poderán participar todas as personas ou colectivos sen importar a súa procedencia ou residencia presentando obras inéditas.
Premios: 1º premio: 2.500 €; 2º premio: 1.500 €; 3º premio: 500 €
Data fin: 10 de xaneiro de 2010
Máis información

Concurso de cortometrajes Palencia. XIX Muestra de Cine Internacional de Palencia    NOVO
Convoca: XIX Muestra de Cine Internacional de Palencia
Descrición: convocatoria aberta a todos os produtores e realizadores de cine que presenten películas de produción nacional e internacional. A duración das curtas non será maior a 30 minutos e deberán ser presentadas en formato 35 mm; ademais de estar faladas ou subtituladas ao español. Todas as cintas seleccionadas poderán optar a todos os premios que poderán ser acumulables.
Premios: 9 categorías de premios entre premios do xurado e do público. O premios á mellor curta será de 5.000 €. Tamén haberá un de 2.000 €, tres de 1.000 €, un de 800 € e mencións especiais do xurado.
Data fin: 11 de xaneiro de 2010. A mostra terá lugar do 26 de febreiro-6 de marzo de 2010.
Máis información   

Certamen de Pintura "La comida y el paisaje en el Camino de Santiago"    NOVO
Convoca: Restaurante Virrey Palafox, El Burgo de Osma, Soria
Descrición: convócanse a artistas nacionais e internacionais a presentar as súas obras sobre a comida e a paisaxe no Camiño de Santiago. A técnica das obras pictóricas debe ser óleo ou acrílico, ademais de cumprir outras pautas de tamaño ou presentación. As obras participantes serán expostas nunha mostra, e as premiadas pasarán a ser propiedade da empresa organizadora.
Premios: 1º premio: 1.500 €; accésit: 600 €; premio especial provincial: 600 €
Data fin: 12 de xaneiro de 2010
Máis información

VI Edición de "Mueble Selección Castilla-La Mancha"    NOVO
Convoca: Asociación de Empresas del Mueble de Sonseca y Comarca-AEMSYC, en colaboración coa Fundación Centro de Diseño de Castilla-La Mancha, Toledo
Descrición: o tema do concurso é libre. Admitiranse deseños de mobiliario urbano ou de interior. Valorarase o uso de madeira no proxecto. Haberá dúas categorías: a) profesionais e b) estudantes. Haberá que inscribirse e a selección basearase no envío da memoria, bosquexos e planos. Cos modelos seleccionados levarase a cabo unha exposición na Feira FERMACAM.
Premios: categoría profesionais: premio xeral: 3.000€ + diploma; premio local: 1.500€ + diploma; categoría estudantes: premio xeral: 1.000€ + diploma
Data fin: 12 de xaneiro de 2009
Máis información

XXVIII Concurso Nacional de Fotografía Junta Mayor de Hermandades Semana Santa    NOVO
Convoca: Junta Mayor de Hermandades Semana Santa, Gandía
Descrición: destinado aos fotógrafos afeccionados e profesionais residentes no territorio español. Poderase participar en tres categorías por tema: "Aspectos da Semana Santa", "Tema libre" e "Premio Especial V Centenario Nacimiento de San Francisco de Borja". Para participar, as obras deberán cumprir unhas pautas de montaxe e tamaño ademais de seren acompañados outros documentos. As obras premiadas pasarán a formar parte da organización.
Premios: variables desde 2.000€ ata 500€.
Data fin: 18 de xaneiro de 2010
Máis información

Premio Europeo del Espacio Público Urbano 2010    NOVO
Convoca: CCCB, Barcelona; Cité de l'architecture et du Patrimonie, París; The Architecture Foundation, Londres; Nederlands Architectuurinstituut, Róterdan; Architekturzentrum Wien, Viena; Museum of Finnish Architecture, Helsinki
Descrición: premio que busca recoñecer e potenciar as actuacións de recuperación e mellora do espazo público dentro das cidades europeas. As obras gañadoras e finalistas serán publicadas no "Archivo Europeo del Espacio Público Urbano"
Premios: de carácter honorífico.
Data fin: 29 de xaneiro de 2010
Máis información

Concurso de Cortos Sony Ericsson MOLA 2009    NOVO
Convoca: Sony Ericsson Mobile Communications Iberia S.L., Madrid
Descrición: concurso de participación pública a través de internet con videos de curta duración. Dirixidos a todos aqueles maiores de idades que desexen presentar os seus clips dixitais que non superen o minuto de duración. Os interesados deberán cumprir unha serie de pautas nos seus videos que se facilitan a través do sitio web con concurso.
Premios: primer premio: 10.000 €; premio especial do público: 1.000 € e equipos de telefonía Sony Ericsson cada un
Data fin: 31 de xaneiro de 2010
Máis información

CAPTURADANZA: modalidad de video    NOVO
Convoca: Artibus, Alcorcón
Descrición: concurso de videocreación e danza aberto a todos aqueles participantes que o desexen de calquera nacionalidade. Poderase participar cun video en DVD dunha duración máxima de 3 minutos. De entre as obras presentadas, seleccionaranse 10 que serán proxectadas no Teatro de Madrid.
Premios: 1º premio: 1.500 €; 2º premio: 600 €; 3º premio: 300 €
Data fin: 31 de xaneiro de 2010
Máis información

Concurso de fotografía de Quijotes AFOPRCAM 2010     NOVO
Convoca: Asociación de Fotógrafos Profesionales de Castilla-La Mancha, Ciudad Real
Descrición: concurso de fotografía no que poderán participar todos os fotógrafos profesionais do territorio español. Convócanse seis categorías participantes: "social", "industrial-publicidade", "retrato", "desnudo", "infantil", "paisaxe". O límite de participación é de 5 fotografías por persoa. As instantáneas serán expostas na cerimonia de premios e as premiadas formarán parte dunha exposición itinerante por Castela-A Mancha. Ademáis, editarase un catálogo do concurso que será enviado a cada concursante.
Premios: premio especial de 1.000 € e un trofeo "Quijote de Oro" para o gañador de cada categoría.
Data fin: 31 de xaneiro de 2010
Máis información

V Certamen de Instalaciones "Mujer"    NOVO
Convoca: Centro Comarcal de Humanidades Cardenal Gonzaga Sierra Norte, Comunidad de Madrid
Descrición: convócanse a artistas individuais ou colectivos, homes ou mulleres, sen límites de idade, nacionalidade ou residencia a participar neste certame de instalacións que ten como tema central a muller. A instalación poderá estar integrada por diversos elementos dos diferentes eidos da arte contemporánea, adecuándose e tranformando o espazo expositivo. Os interesados deberán presentar o seu proxecto de xeito completo e xustificado.
Premios: exposición e difusión dos tres proxectos gañadores.
Data fin: 31 de xaneiro de 2010
Máis información 

LÚMEN_EX 2010. Premios de Arte Digital    NOVO
Convoca: Vicerreitorado de Extensión Universitaria da Universidad de Extremadura, Cáceres
Descrición: convócase o premio de creación artística de arte dixital dirixido a todos aqueles individuos ou colectivos que desexen participar, sen límite de idade ou nacionalidade. Poderase concorrer en dúas categorías: "Pezas de arte gráfico dixital en soporte físico" e "Pezas de animación dixital". Os interesados deberán cumprir as pautas marcadas así como enviar a documentación precisa. Organizarase unha exposición cos gañadores e editarase un catálogo con todos os artistas seleccionados.
Premios: categoría de Arte Gráfico Dixital: 1º premio: 4.000€; 2º premio: 2.500€; categoría de Animación Dixital: 1º premio: 2.500 €; 2º premio: 1.000 €
Data fin: 12 de febreiro de 2010
Máis información

XIII Concurso de carteles para la Universidad de Verano    NOVO
Convoca: Vicerrectorado de Actividades Culturales y Proyección Universitaria, Universidad de LLeida, LLeida
Descrición: convócase un concurso para anunciar a Universidade de verán de LLeida. Además do deseño do cartel, deberá ser presentado o deseño da portada dos libros que se editarán durante o período lectivo. Os interesados deberán cumprir unha serie de pautas e presentar os seus traballo en soporte impreso.
Premio: 1.500 €
Data fin: 12 de febreiro de 2010
Máis información

XI Concurso de pintura festera y fiestas populares "Moros Nuevos"    NOVO
Convoca: Asociación Moros Nuevos, Villena, Alicante
Descrición: concurso destinado a todos aqueles nados ou residentes en España que desexen participar cunha obra realizada con calquera técnica pictorica, excepto a dixital. A temática deben ser as festas populares ou a pintura festeira.
Premios: 1º premio: 2.600 €; 2º premio: 1.400 €
Data fin: 26 de febreiro de 2010
Máis información

Concurso de Clipmetrajes "Tu punto de vista puede cambiar el mundo"    NOVO
Convoca: Manos Unidas, Barcelona
Descrición: concurso de clipmetraxes organizado en torno ás actividades que Manos Unidas propón sobre os Obxectivos do Milenio: erradicar a fame e a pobreza extrema e protexer o medio ambiente e loitar contra o cambio climático; ademáis de establecer relación entre os dous anteriores. A participación será individual ou colectiva e poderase presentar máis dunha obra por individuo. Os participantes deberán rexistrarse na web e seguir o procedemento de envío. O xurado estará formado por cineastas españois de grande recoñecemento.
Premios: premio do xurado: cámara SONY de video profesional HVR-A1e; premio popular: viaxe para dúas persoas a Gambia.
Data fin: 28 de febreiro de 2010
Máis información

Premio Internacional de Acuarela Deportiva    NOVO
Convoca: Fundació Barcelona Olímpica, a través do Museo Olímpico y del Deporte de Barcelona.
Descrición: a convocatoria ten como obxectivo premiar ás tres mellores acuarelas vinculadas ao tema escollido,  o atletismo, tendo en conta que Barcelona organiza o Campeonato Europeo de Atletismo 2010. Destinada a artistas maiores de 18 anos con independencia da súa nacionalidade e residencia. Os interesados deberán elaborar un dossier da/s obra/s ademáis dunha presentación en formato dixital. Cos traballos seleccionados organizarase unha exposición ademáis da posterior publicación dun catálogo da mostra.
Premios: 1º premio: 2.500 €; 2º premio: 1.800 €; 3º premio: 1.200 €
Data fin: 1 de marzo de 2010
Máis información    

III Certamen Arte Joven Ciudad de Maracena    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Maracena, Granada
Descrición: no certame poderán participar todos os residentes en España menores de 35 anos a data de 31 de decembro de 2010. Poderase participar en tres disciplinas diferentes: pintura, fotografía e relato curto; cada unha conta cunhas bases diferentes. Todas as obras teranse que presentar en soporte físico.
Premios: pintura: 1º premio: 1.500 € + exposición individual; 2º premio: 600 €. Fotografía: 1º premio: 400 €; 2º premio: 200 €. Relato curto: 1º premio: 300 €; 2º premio: 150 €
Data fin: 10 de marzo de 2010
Máis información

III Certamen de Diseño Porcelanosa Interiorismo    NOVO
Convoca: L'Antic Colonial (Grupo Porcelanosa), Vilareal
Descrición: convocatoria dirixida a interioristas, deseñadores e arquitectos de todas as escolas de deseño, escolas superiores e universidades. A finalidade deste certame é a selección do mellor proxecto presentado utilizando pedra natural e madeira aplicada ao interiorismo. Haberá duas categorías: profesional e estudantes.
Premios: profesionais: 1º premio: 10.000 €; mención especial: 4.000 €. Estudantes: 1º premio: 3.000 €; 2º premio: 1.500 €. Os gañadores de ambas categorías exporanse en tendas Porcelanosa, e publicarase un artigo na revista internacional Porcelanosa Lifestyle, ademais da súa difusión na páxina web.
Data fin: 15 de marzo de 2010
Máis información

Concurso Fotográfico "Septenio 2010"    NOVO
Convoca: Canarias Cultura en Red, Tenerife
Descrición: a participación no certame será libre e a temática será "illas do mundo", non só no tocante a término etimolóxico senón tamén referido a aqueles espazos físicos illados.Cada concursante presentará cinco fotografías e destas serán seleccionadas a mellor foto e serie. A técnica fotográfica será libre.
Premios: 1º premio mellor serie: 5.000€; 1º premio mellor fotografía: 3.000€; 2º premio mellor serie: 3.000€; 2º premio mellor fotografía: 2.000€
Data fin: 8 de abril de 2010
Máis información

"Las ánimas del Purgatorio"       
 
Convoca: Sociedad de Estudios San Gregorio Magno, Valladolid
Descrición: poderá participar todo aquel que o desexe sen importar idade e nacionalidade. A técnica a empregar será libre: pintura, óleo, acuarela, acrílico, lápis, rotuladores, etc. ou calquera outra técnica: escultura, infografía, animación, vídeo, etc. O motivo das obras deberá estar baseado e facer referencia ao tema "as ánimas no purgatorio". As obras seleccionadas terán unha exposición en Internet.
Premios: 1º premio: 4.000€ + diploma; 2º premio: 2.500€ + diploma; premio para centro ou mestre concursante: ordenador portátil + diploma; concursantes seleccionados: diploma
Data fin: 16 de xullo de 2010
Máis información


Concurso fotográfico I Salón Internacional de la Caza y la Cetrería 2010    NOVO
Convoca: I Salón Internacional de la Caza y la Cetrería, Sevilla
Descrición: convócase a 1ª edición do concurso fotográfico que ten como tema a caza, a cetrería, a natureza e o seu medio. Poderá participar calquera persoa sen límite de idade, de calquera país, afeccionado ou profesional. Cada autor poderá presentar un máximo de 8 fotografías. A presentación deberá ser en formato físico cumprindo unha serie de normas, ademais de achegar un CD coas imaxes en formato dixital.
Premios: 1.000 € ou material fotográfico polo seu valor; dous accésits: 200 € cada un
Data fin: 31 de agosto de 2010
Máis información  

Concurso de deseño do logotipo do programa de xuventude Activa Xoven    NOVO
Convoca: Concello de Consuegra, Toledo
Descrición: convócase o concurso do logotipo de "14/treinta" de Consuegra. Destinado a persoas con idades entre 14 e 30 anos. Os interesados deberán contatar co Concello a través da web.
Premio: elección do logotipo
Data fin: non consta
  
Máis información

INTERNACIONAIS

LI Illustration Competition Communication Arts 2010   
Convoca: Communication Arts
Descrición: poderán participar aqueles ilustradores que o desexen sen importar a súa nacionalidade. As ilustracións poderán ser de moi variadas categorías: posters, de carácter institucional, packaging, libros, etc.
Premio: publicación no número especial da revista Communication Arts e na web da mesma.
Data fin: 8 de xaneiro de 2010
Máis información

Wolda'09          
Convoca: Wolda.org
Descrición: poderán participar aqueles deseñadores que o dsexen con logos realizados entre os anos 2008 e 2009. Os participantes pagarán unha inscrición na que está incluído un exemplar do catálogo Wolda'09.
Premio: publicación no anuario Wolda'09
Data fin: 31 de xaneiro de 2010
Máis información

II Bienal de Pintura en el Museo Luis A. Noboa Naranjo 2010    NOVO
Convoca: Álvaro Noboa Ponton, Santiago de Guayaquil, Ecuador
Descrición: convócanse a todos os artistas dos cinco continentes a participar na II Bienal de Pintura de Guayaquil que se celebrará o 28 de abril de 2010. Aceptaranse todas as propostas temáticas sempre que fagan uso da técnica pictórica. Os artistas deberán presentar un pequeno dossier e imaxes dixitais da obra, ademais de cumprir os aspectos técnicos requiridos.
Premios: 1º premio: 20.000 $; 2º premio: 10.000 $; 3º premio: 5.000 $, ademais de tres mencións de honor.
Data fin: 28 de abril de 2010
Máis información

 


 

 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

 

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.