rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA / CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

BOLETÍN DE CONVOCATORIAS :: NOVEMBRO 2009


BOLSAS-AXUDAS

AUTONÓMICAS


Bolsas para colaboradores en Actividades Culturais Universidade de Vigo    NOVO 
Convoca: Universidade de Vigo
Descrición: convócanse 22 bolsas no desenvolvemento e difusión das distintas actividades programadas en cultura, voluntariado e asociacionismo. Entre os requisitos, é preciso estar matriculado na Universidade de Vigo.
Dotación: 500€ por bolsa
Data fin: 27 de novembro de 2009
Máis información   

Bolsa do Concello do Porriño  NOVO
Convoca: Concello do Porriño e a Escola Superior Gallaecia de Vila Nova de Cerveira, Portugal
Descrición: a presente convocatoria consiste nunha bolsa dirixida aos alumnos e alumnas do Porriño que cursen ou vaian iniciar estudos na Escola Superior Gallaecia durante o curso académico 2009-2010, conducentes á obtención das licenciaturas en Arquitectura e Urbanismo, Ecoloxía e Paisaxismo e Deseño Gráfico e Industrial. Non poderá recibir a bolsa quen estea xa Licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto, nin alumnos de terceiro ciclo ou doutoramento.
Dotación: unha bolsa de 2.900€
Data fin: 28 de novembro de 2009
Máis información

Axudas a promocións de produccións audiovisuais a través da rede      
Convoca: Axencia Audiovisual Galega
Descrición: convocatoria de axudas á promoción do audiovisual galego a través de Internet do Consorcio Audiovisual Galego.
Dotación: non consta
Data fin: 1 de decembro de 2009
Máis información


ESTATAIS

Se busca comisario. Sala Arte Joven    
Convoca: La Vicepresidencia, Consejería de Cultura y Deporte y Portavocía del Gobierno de la Comunidad de Madrid
Descrición: a presente convocatoria ten por obxecto a selección dun proxecto, elaborado por un comisario independente, para desenvolver a actividade da Sala de Arte Joven durante o período de abril a xullo de 2010. O comisario poderá escoller o número de exposicións e o formato das mesmas, sempre dentro dos límites do calendario e orzamentos definidos nesta convocatoria.
Dotación: non consta
Data fin: 30 de novembro de 2009
Máis información

Convocatoria de Proyectos Espacio Abisal 2010    NOVO
Convoca: Asociación Cultural Espacio Abisal, Bilbao
Descrición: a convocatoria ten por obxecto a selección de ata tres proxectos para a súa programación de 2010 co fin de apoiar traballos de novos artistas relacionados coa arte contemporánea e a experimentación. Os proxectos serán presentados en formato dossier, sexa en arquivo PDF ou físico a través de correo postal.
Dotación: un máximo de 1.000€ por proxecto ademais da exposición das obras.
Data fin: 30 de novembro de 2009
Máis información

Certamen de Proyectos Comisariados    NOVO
Convoca: Trasatlántica (PHotoEspaña) e a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo-AECID
Descrición: a convocatoria consiste en propor un proxecto curatorial en liña a partir das obras dos 40 fotógrafos latinoamericanos seleccionados dentro do foro de fotografía e artes visuais Trasatlántica creado por PHotoEspaña. Os proxectos serán creados a través da páxina web.
Dotación: publicación na web para os 6 mellores proxectos e un proxecto gañador que se producirá e itinerará por varias sedes culturais da AECID en América Latina.
Data fin: 20 de decembro de 2009
Máis información

Creación de Proyecto Artístico: "Nuevos Comisarios: El espacio reinventado"
Convoca: Centro de Arte La Regenta, As Palmas de Gran Canaria
Descrición: a convocatoria consistirá na realización dun proxecto expositivo que terá lugar no centro no 2010. Poderán presentar comisarios de calquera nacionalidade pero con residencia en España. Non é necesario ter experiencia previa en comisariado.
Dotación: 4.000€ brutos en concepto de honorarios
Data fin: 22 de xaneiro de 2010
Máis información
 

INTERNACIONAIS

ARTECH 2010 - 5th International Conference of Digital Arts. Call for Sumissions    NOVO 
Convoca: Artech 2010, Universidade do Minho, Portugal. Escola de Enxeñería e Escola de Arquitectura
Descrición: búscanse propostas de diferentes autores sobre o eido das artes dixitais. A conferencia internacional de artes dixitais ARTECH 2010 ten como obxectivo a produción e a difusión da arte electrónica e dixital, polo que os traballos deberán abranguer temas como imaxe, son, vídeo, música, multimedia, arquitectura e outros novos medios. Haberá dúas categorías nas que se poderán presentar as propostas.
Dotación: todas as propostas serán publicadas nun catálogo e as mellores serán divulgadas nun xornal académico tecnolóxico e científico.
Data fin: 27 de novembro de 2009
Máis información
  

Residency for Foreign Curator in Noisy-Le-Sec (Paris suburbs), France. Call for applications 2010    NOVO
Convoca: La Galerie, Centre d'art contemporain, Paris, Francia
Descrición: convócase unha praza de aloxamento e formación para un comisario estranxeiro durante un período de tres meses. Posibilidade de entrar en contacto con artistas e profesionais da arte contemporánea francesa. Creación dun proxecto expositivo para a bienal "Art Grandeur Nature" en Seine-Saint-Denis.
Dotación: aloxamento totalmento gratuíto. Un orzamento total de 25.000€ destinarase aos gastos de formación, exposicións e publicación dun catálogo.
Data fin: 16 de decembro de 2009
Máis información

Call for papers para futuros números de n.paradoxa    NOVO
Convoca: a publicación n.paradoxa, Reino Unido
Descrición: a publicación sobre a muller e a arte contemporánea n.paradoxa, convoca a autores a participar contribuíndo con textos relacionados coa temática da publicación. n.paradoxa publica o traballo de escritoras, comisarias, poetisas ou críticas de arte contemporánea, apoiando o papel da muller na arte. A publicación é bianual e está aberta á participación de autoras de diversas nacionalidades. As interesadas deberán contactar co editor dende a páxina web "Email the editor".
Dotación: publicación nalgún dos volumes de n.paradoxa.
Data fin: 30 de decembro de 2009
Máis información
  

 




CURSOS

AUTONÓMICOS

Espazo público como contorno para a creación    NOVO 
Convoca: Casa das Campás. Vicerreitoría Campus de Pontevedra
Descrición: propostas e postas en común a raíz das conferencias que xiran en torno ao tema do espazo público e a creación. Os poñentes serán: Mónica Ortuzar, Alberto Peral, Jesús Palomino e Luis Bisbe
Prezo: de balde previa inscrición
Datas: 1-4 de decembro de 2009
Máis información


Xéneros na arte  NOVO 
Convoca: Casa das Campás. Vicerreitoría Campus de Pontevedra
Descrición: estudiarase o caso do Centro Cultural Montehermoso cunha política de políticas de igualdade no caso da produción, exhibición e difusión da arte no centro; afondarase no tema dos cambios sociais e políticos que tiveron lugar coa aparición dun tipo de muller que contraviña o ideal que se atopaba no imaxinario colectivo masculino e revisarase a historia das mulleres na arte, sistematicamente ignorada polo discurso oficial ata hai ben pouco. Os poñentes serán: Xabier Arakistain, Erika Bornay Campoamor e Patricia Mayayo, respectivamente.
Prezo: non consta
Datas: 9-11 de decembro de 2009
Máis información


ESTATAIS

Taller "Cine bastardo", con Antoni Pinent y Gonzalo de Pedro  

Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: proponse o achegamento teórico e práctico a todas aquelas técnicas heterodoxas que se abren ao marxe da alta definición: desde a militancia en soportes fílmicos á relectura da revolución dixital pola vía da baixa definición. Estudiaranse e traballaranse técnicas que van desde o cine sen cámara ás refilmacións de televisión, pasando pola reivindicación de formatos en vía de extinción como o VHS, o uso das cámaras fotográficas analóxicas, Lomo, de teléfonos móbiles, imaxes de Internet ou manipulación directa sobre as cámaras.
Prezo: 45€
Datas: 30 de novembro-4 de decembro de 2009
Máis información

NetArt    NOVO
Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid
Descrición: este taller, dirixido por Ricardo Domínguez, centrarase na historia e tácticas do NetArt (de 1994 a 1998), presentando o traballo de artistas que usaron os primeiros navegadores. Tamén se estudiará a participación do NetArt en relación a outros escenarios sociais que xurdiron ao mesmo tempo: Zapatismo dixital, desovediencia civil electrónica, hacktivismo, artivismo e ata que punto influíron na actual estética dos medios.
Prezo: 108€; socios: 96€
Datas: 30 de novembro-4 de decembro de 2009
Máis información

Gayatri Chakravorty Spivak. La cuestión de la subalternidad  
Convoca: CendeaC, Murcia
Descrición: o seminario permitirá familiarizarse co pensamento de Spivak, confrontando algúns dos seus textos máis importantes coa propia autora. Debaterase sobre a historia e a utilidade do esquivo concepto de subalterno proposto por Spivak.
Prezo: xeral: 30€; reducida (estudantes, xubilados e desempregados): 15€; Amigos do CendeaC: de balde
Datas: 1-2 de decembro de 2009
Máis información

Marcel·lí Antúnez: sistematurgia
   NOVO
Convoca: Medialab Prado, Madrid
Descrición: conferencia do artista e performer Marcel·lí Antúnez sobre a sistematurxia ou dramaturxia dos sistemas computacionais como outra forma de produción e execución escénica.
Prezo: non consta
Datas: 10 de decembro de 2009
Máis información

Primer Proforma 2010 Badiola Euba Prego 30 ejercicios 40 días 8 horas al día    NOVO 
Convoca: MUSAC, Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León, León
Descrición: búscanse participantes para o proxecto artístico PROFORMA, consistente nunha cuarentena, unha reclusión de 3 artistas do 8 de febreiro ao 20 de marzo de 2010 nas súas exposicións xunto a un grupo de 15 voluntarios, cun programa de 30 exercicios para seren completados en 40 días. É de vital importancia a total implicación dos voluntarios cumprindo os requisitos e a carga participativa do proxecto.
Prezo: de balde. O MUSAC aportará a comida de mediodía e facilitará 3 axudas para a manutención e aloxamento daqueles participantes que xustifiquen falta de recursos.
Datas: 8 febreiro 2010-20 de marzo 2010. Inscricións ata: 12 de decembro de 2009
Máis información

Taller de programación creativa II    NOVO
Convoca: Medialab Prado, Madrid
Descrición: para a participación no taller é necesario ter coñecementos de: algoritmos, pseudocódigos, códigos fonte, contorno de desenvolvemento de Processing, tipos de datos, defición/declaración de variables, valores e asignacións, fluído de execución e definición e chamadas ás funcións. Os profesores serán: Pablo Ripollés, Ángela Ramos, Enrique Esteban, Jorge Cano e Chris Sugrue. As prazas serán asignadas por orden de inscrición.
Prezo: de balde
Datas: 15-19 de decembro de 2009
Máis información

Un acontecimiento menor. Arte coceptual y experiencia histórica    NOVO
Convoca: MNCARS, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid
Descrición: sesións do ciclo que sitúa as prácticas conceptuais como ensaios dun relato histórico carente de momentos fundacionais ou finalismos conmemorativos, relatos que conectan suxeito e historia nun momento no que a totalidade de ambos se torna cada vez máis impresentable. As sesións serán as seguintes: a) David Campani. "Traballar para revistas e traballos para revistas. O documental experimental e os precursores da arte conceptual; b) Sven Spieker. "A defensa do arquivo. Historia de información"; c) Marcelo Expósito. "Grupo de traballo. A enunciación é sempre colectiva".
Prezo: de balde
Datas: sesión a) 10 de decembro de 2009;  sesión b) 17 de decembro de 2009; sesión c) 13 de xaneiro de 2010; sesión
Máis información

De lo privado a lo Público: las Colecciones Guggenheim
  NOVO
Convoca: Museo Guggenheim, Bilbao
Descrición: en dúas sesións, Richard Amstrong, director do Solomon R. Guggenheim Museum e Karole Vail, conservadora adxunta do mesmo centro,  analizan a historia e a orixe das Coleccións Guggenheim. Tras a conferencia establecerase un diálogo co público.
Prezo: de balde
Datas: Richard Amstrong o 22 de decembro de 2009; Karole Vail o 18 de febreiro de 2010
Máis información

Taller de Kònic THTR a la Universitat Autònoma de Barcelona
    NOVO
Convoca: Universitat Autònoma de Barcelona
Descrición: curso de formación e creación para estudar a relación da escritura escénica e as linguaxes audiovisuais. Unha experiencia multidisciplinar que une a instalación, a "performace", e busca a relación entre o movemento, a palabra, o vídeo, etc.
Prezo: comunidade UAB: 190€; outros: 230€
Datas: 18-29 de xaneiro de 2010. Inscricións ata: 8 de xaneiro de 2010
Máis información

El malestar del capitalismo    NOVO
Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid
Descrición: o seminario propón realizar unha reflexión sobre cinco nomes claves no pensamento actual: Giorgio Agamben, Alain Badiou, Ernesto Laclau, Tiqqun e Slavoj Zizek. Cinco pensadores co principal mérito de proporcionar nos últimos tempos un instrumental capaz de disolver os endurecementos ideolóxicos da esquerda e da dereita tras a caída do pano de aceiro.
Prezo: 80€; socios: 70€
Datas: 2 de febreiro de 2010-17 de marzo de 2010
Máis información



PREMIOS
 

AUTONÓMICOS

 Concurso Fotográfico Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago      NOVO
 Convoca: Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, Santiago de Compostela
Descrición: certame fotográfico de temática aberta relacionada co Camiño de Santiago. As fotografías poderán ser en branco e negro ou en cor. As fotografías premiadas publicaranse no xornal "El Correo Gallego" e no boletín da Asociación.
Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 200€; 3º premio: 100€
Data fin: 31 de decembro de 2009
Máis información


III Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados   
NOVO      
Convoca: Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela
Descrición: as obras poderán ser presentadas en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica e terán que ser orixinais e inéditas. Poderán participar unha ou varias persoas autoras do texto ou das ilustracións de calquera nacionalidade.
Premios: 12.000€, en concepto de dereitos de autor. A obra premiada editarase nas linguas oficiais peninsulares (galego, catalán, euskera, castelán e portugués) pola editorial Kalandraka.
Data fin: 26 de febreiro de 2010
Máis información


ESTATAIS

Premio de Pintura Internacional Guasch Coranty
   
Convoca: Fundación Guasch Coranty
Descrición:  poderán participar artistas profesionais que remataran os estudos en escolas e facultades de Belas Artes co obxectivo de promover e difundir a creación pictórica máis innovadora na escala internacional, entendida como unha disciplina aberta expandida hacia novos soportes. Serán valoradas tanto a calidade técnica como a conceptual da obra en relación cos novas linguaxes da arte contemporánea. Haberá unha fase de preselección na que se enviarán unha imaxe da obra, o currículo do artista, etc. e unha segunda fase na que os artistas seleccionados enviarán as obras que optarán ao premio e participarán na exposición.
Premios: 1º premio: 25.000€; dúas mencións de honor: 8.000€ cada unha; artistas seleccionados: 600€
Data fin: 27 de novembro de 2009
Máis información

III Premio Internacional FNAC-Sins Entido de Novela Gráfica    
Convoca: FNAC
Descrición: poderán participar aqueles autores que o desexen, presentando un cómic orixinal en formato de novela gráfica cun mínimo de 16 páxinas rematadas, e escritas en castelán.
Premio: 8.000€ e edición da novela por Ediciones Sins Entido
Data fin: 30 de novembro de 2009
Máis información

VI Concurso de Foto-reportaje ARCOmadrid 2010    NOVO      
Convoca: Feria Internacional de Arte Contemporáneo ARCOmadrid_, Madrid
Descrición: convocatoria aberta a profesionais menores de 40 anos. Os aspirantes deberán enviar a súa proposta nun portafolio de imaxes impresas, con no menos de dez reproducións nin máis de vinte. A temática é libre aínda que se suxire as que a presentación das obras poida ter relación co tipo de labor a realizar en ARCOmadrid_. As labores dos fotógrafos seleccionados comprenderán os seguintes temas: fotografía documental, imaxes dos "stands"; reportaxe fotográfico/autor; instantaneas do ambiente na feira e foto-prensa.
Premios: 1.560€ cada un
Data fin: 30 de novembro de 2009
Máis información

Concurso de Cortos LGBT    NOVO  
Convoca: Asociación DeFrente, LGBT, Sevilla
Descrición: concurso de curtametraxes de temática LGBT (lésbica-gay-bisexual-transexual). Poderán participar maiores de 16 anos, de forma individual e colectiva, sen distinción de nacionalidade nin residencia. As curtas seleccionadas serán proxectadas no Centro Cívico "El Tejar del Mellizo" en Sevilla.
Premios: 1º premio: 1.000€; premio do público: 500€; catro mencións especiais honoríficas.
Data fin: 2 de decembro de 2009
Máis información

XIII Concurso Biennal de Pintura Jove
   
Convoca: Galería d'art Anquin's, Reus
Descrición:  poderán participar no concurso artistas residentes en España, Andorra e Portugal con idades comprendidas entre 18 e 34 anos. A técnica e temática das obras serán libres. A preselección das obras estará determinada polo envío dun dossier de artista e outros materiais a determinar nas bases. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición no "Espai [Artloft]" da Galería Anquin's.
Premio: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 1.500€; premio especial Bonart: unha obra seleccionada será portada da revista Bonart durante o ano 2010.
Data fin: 4 de decembro de 2009
Máis información

III Concurso Fotográfico Camino de Santiago    NOVO      
Convoca: Asociación de Amigos del Camino de Santiago, Jaca
Descrición: está aberto a todos aqueles que o desexen. O tema é o pelegrín polo que se declararán excluídas aquelas fotografías que non teñan de protagonista ao propio pelegrín. As fotografías rexistraranse na páxina web xa que o concurso será en liña.
Premios: 1º premio: 500€; 2º premio: 250€; 3º premio: 150€
Data fin: 10 de decembro de 2009
Máis información

XI Premio ABC de Arte    NOVO      
Convoca: Diario ABC
Descrición: poderán participar artistas españois e iberoamericanos, menores de 35 anos. En caso de grupos un mínimo do 50 por cento terá que cumprir este requisito. A dotación económica do premio e os accésits compre a produción e adquisión das obras premiadas e serán expostas en ARCOmadrid_2010. As propostas serán evaluadas por dossier, non se admiten obras. Os dossieres poderán ser de todo tipo de obras plásticas ou visuais sen limitacións artísticas, técnicas ou de formato.
Premios: 1º premio: 15.000€; tres accésits: 4.200€; catro mencións honoríficas
Data fin: 10 de decembro de 2009
Máis información

Concurso Internacional de Pintura Emilio Nadal de Alfara de Algimia
   
Convoca: Ayuntamiento de Alfara de Algimia, Valencia
Descrición:  poderán participar no concurso artistas nacionais e internacionais. A técnica, estilo, temática, materiais empregados, etc. serán totalmente libres.  As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premio: 1º premio: 1.000€ + exposición individual no Salón de Exposiciones do Ayuntamiento de Alfara de Algimia; accésit: 300€ + premio local: 200€
Data fin: 15 de decembro de 2009
Máis información

Concurso Internacional Red21.com de Fotografía Digital
   
Convoca: Red21.com
Descrición:  as fotografías terán como tema central "a fotografía do movemento". Valorarase a técnica utilizada así como a creatividade da mesma. O tema pode ser desenvolvido desde todo punto de vista, pode ser posible presentar barridos, fotografías con borrosidade creativa, aquelas que conxelan o movemento así como imaxes con efectos de movemento nocturno. Cada concursante poderá presentar un máximo de catro fotos que poderán ser en branco e negro ou en cor e que non poderán estar melloradas, editadas ou modificadas cun editor de imaxes. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición en liña.
Premio: 1º premio: 400€; 2º premio: 200€
Data fin: 15 de decembro de 2009
Máis información

IV Convocatoria de Artes Plásticas "Mulier Mulieris" 2010    NOVO      
Convoca: Museo de la Universidad de Alicante
Descrición: poderán presentarse proxectos, de forma individual ou colectiva, artistas de calquera sexo, idade e nacionalidade. O tema será "as mulleres desde unha perspectiva persoal ou global". Antes de presentar a obra enviarase un proxecto detallado e unha vez seleccionado o proxecto será cando se envíe a obra, que formará parte dunha exposición no "Museo de la Universidad de Alicante", da que se editará catálogo.
Premios: a propia exposición e a posibilidade de que as obras poidan ser adquiridas polo Museo.
Data fin: 15 de decembro de 2009
Máis información

Concurso de Carteles VII Festival de Cine de AlicanteEdicións dedicada a la comedia    NOVO       
Convoca: Festival de Cine de Alicante
Descrición: o Festival de Cine de Alicante convoca un concurso para anunciar a séptima edición do evento que ten como protagonista a comedia. Poderán participar todos aqueles interesados cun máximo de tres carteis. Os traballos seleccionados serán expostos na web do Festival para optar ao premio do público.
Premios: 1º premio: 1.500€; premio do público: 500€
Data fin: 18 de decembro de 2009
Máis información

VI Certamen de Cortometrajes y Videocreación Zinexín
   
Convoca: Asociación Cultural Trivium, Albacete
Descrición:  poderán participar no concurso artistas nacionais e internacionais, personas ou grupos sen importar idade. As obras poderán estar realizadas en calquera formato videográfico e cinematográfico con posterioridade a decembro de 2007. A duración non deberá superar os 20 minutos. A temática será libre, sendo posible presentar videoarte e cine experimental. As obras seleccionadas serán proxectadas no Festival en decembro de 2009.
Premio: categoría cine: 1.000€; categoría vídeo: 600€; categoría La Roda Crea (premio local): 500€; premio do público: 400€
Data fin: 28 de decembro de 2009
Máis información

XIV Certamen de Cine y Vídeo Joven de Irún 2009   NOVO    
Convoca: Ayuntamiento de Irún
Descrición: o certame terá varias categorías: a) curtametraxes realizadas en vídeo, b) curtametraxes realizadas en cine, c) "+cortos", curtometraxes que non entran na seccion oficial pero que se consideren interesantes para o espectador e d) "Comarca del Bidasoa", categoría local.
Premios: variables entre 250€ e 1.700€
Data fin: 29 de decembro de 2009
Máis información


III Certamen de Cortometrajes Documentales y Discapacidad Cinemobile
  
Convoca: Festival Escenamobile, Sevilla
Descrición:  poderán concursar curtametraxes de ficción, animación ou documental que conten coa participación de persoas con discapacidade ou cuxa temática sexa a discapacidade.  As curtametraxes serán enviadas en formato DVD, independentemente do formato no que foran rodadas.
Premio: premio "Mobile" ao mellor curtametraxe: 1.000€; premio "Mobile" á mellor interpretración: 600€
Data fin: 10 de xaneiro de 2009
Máis información


"Las ánimas del Purgatorio"    NOVO      
Convoca: Sociedad de Estudios San Gregorio Magno, Valladolid
Descrición: poderá participar todo aquel que o desexe sen importar idade e nacionalidade. A técnica a empregar será libre: pintura, óleo, acuarela, acrílico, lápis, rotuladores, etc. ou calquera outra técnica: escultura, infografía, animación, vídeo, etc. O motivo das obras deberá estar baseado e facer referencia ao tema "as ánimas no purgatorio". As obras seleccionadas terán unha exposición en Internet.
Premios: 1º premio: 4.000€ + diploma; 2º premio: 2.500€ + diploma; premio para centro ou mestre concursante: ordenador portátil + diploma; concursantes seleccionados: diploma
Data fin: 16 de xullo de 2010
Máis información


INTERNACIONAIS

The Faces of Design Awards 2010    NOVO      
Convoca: Faces of Design, portal en liña
Descrición: poderán participar deseñadores profesionais e estudantes, de forma individual ou en grupo sen importar a súa nacionalidade. Enviando un portfolio os seleccionados formarán parte dunha publicación que será distribuida en máis de 300 importantes companías (IKEA, Vitra, Cartier, etc.) O coste de inscripción será de entre 20€ para os estudantes ata 90€ para un participante profesional.
Premio: visibilidade nas principais empresas favorecendo a súa proxección internacional.
Data fin: 15 de decembro de 2009
Máis información

LI Illustration Competition Communication Arts 2010    NOVO      
Convoca: Communication Arts
Descrición: poderán participar aqueles ilustradores que o desexen sen importar a súa nacionalidade. As ilustracións poderán ser de moi variadas categorías: posters, de carácter institucional, packaging, libros, etc.
Premio: publicación no número especial da revista Communication Arts e na web da mesma.
Data fin: 8 de xaneiro de 2010
Máis información

Wolda'09    NOVO       
Convoca: Wolda.org
Descrición: poderán participar aqueles deseñadores que o dsexen con logos realizados entre os anos 2008 e 2009. Os participantes pagarán unha inscrición na que está incluído un exemplar do catálogo Wolda'09.
Premio: publicación no anuario Wolda'09
Data fin: 31 de xaneiro de 2010
Máis información




 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

 

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.