rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS 2016

Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS 2016

Fechas: 
1 julio 2016 - 9 julio 2016
Lugar: 
Varios espazos da cidade
Precio: 
Venda anticipada www.ataquilla.com

O Concello de Vigo, a través da Concellería de Cultura, presenta a programación da décimo segunda edición do Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS, que se desenvolverá do 1 ao 9 de xullo en distintos espazos da cidade, con especial presenza do Auditorio Municipal do Concello, o MARCO e maila rúa Londres.

O MARCO volverá a ser o escenario durante tres xornadas de concertos arraiáns, desafiantes, excéntricos e cheos de virtuosismo co percusionista Robertoliveira, o saxofonista Frank Gratkowski e o trío FronTTon. 

As entradas para os concertos de pagamento (Auditorio Municipal e salón de actos do MARCO) poranse á venda anticipadamente o luns 20 de xuño no servizo de Ataquilla (www.ataquilla.com, teléfono 902.504.500 e Central de Espectáculos).

CONCERTOS NO SALÓN DE ACTOS DO MARCO


Luns 4 de xullo 2016. MARCO, 2o:30 h
Robertoliveira

Robertoliveira (Salceda de Caselas 1979) é percusionista especializado no comisionado e estrea de obras, especificamente para percusión e electrónica [música electroacústica] de novos compositores nacionais e internacionais. Robertoliveira completa os seus estudos de licenciatura en Percusión no Koninklijk Conservatorium da Haia [Países Baixos]. Continúa os seus estudos de "master in music performance/chamber music" na RoyalIrish Academy of Music de Dublín (Irlanda]), obtendo a distinción "First Class Honours” pola DCU Dublin City University. Os compositores Jorge Variego, Jonathan Nangle, Brian Keegan, Garrett Sholdice, Sergio Fidemraizer, Carlos Perón Cano, Oriol Graus, Andrés Álvarez, María Mendoza, Antón Alcalde, Rubén Vizcaino, Tiago Derriça, Diana Pérez, Reyes Oteo, Gonçalo Lourenço, Angela dá Ponte escribiron obras para Roberto. Realiza concertos como solista, tamén con ensembles contemporáneas e orquestras sinfónicas xunto a destacados artistas, directores e compositores actuais en salas de concerto e festivais de países de todo o mundo. Un artista creativo, atrevido e innovador no panorama musical contemporáneo; centrado en difundir música para percusión, electrónica e arte visual como toda unha experiencia multisensitiva, deixando atrás o vetus format de concerto contemporáneo.

robertoliveira.es

Martes 5 de xullo 2016. MARCO, 2o:30 h
Frank Gratkowski. Artikulationen


Frank Gratkowski (Hamburgo, 1963) comezou tocar o saxo aos dezaseis repartindo os seus estudos entre Hamburgo e Colonia. Exerceu como solista en varias formación internacionais como a Grubenklang Orchester, Musikfabrik NRW ou Tony Osley Celebration Orchestra. Desde 1990 ofrece as súas actuacións en solitario. Tras gañar o premio Musik Kreativ en 1990 edita o seu disco Artikulationen, que terá continuidade en 2002 con Artikulationen II. Festivais de jazz, clubs, eventos de música contemporánea, museos ou galerías de arte son espazos habituais para Gratkowski presentar a súa música. Desde finais dos noventa tamén actúa ao outro lado do Atlántico, nos EUA e Canadá. O seu traballo desenvólvese sobre a base da improvisación; procesos formais, material tonal e xeración de sons son utilizados para crear a arquitectura da súa música, na que cada peza ten un carácter específico. Non son estrañas as súas colaboracións con artistas plásticos ou en películas e proxectos multimedia.

Frank Gratkowski, saxo alto e clarinete

gratkowski.com

Mércores 6 de xullo 2016. MARCO, 2o:30 h
FronTTon. Alternating Flows


FronTTon é un grupo de electroacústica, que propón o seu propio son, libre de clixés estilísticos e repleto de novas emocións. Procurando novos camiños entre a música contemporánea e o complexo jazz moderno. Imaxinarios paisaxes sonoros nos que flirtear co groove nun proceso no que o centro é a improvisación. O pintor e saxofonista santanderino Pelayo Fernández Arrizabalaga, residente en Suíza, é parte de FronTTon xunto ao saxofonista cubano Yosvany Quintero e o percusionista Dominik Dolega. Segundo eles explican, Pelayo intoxica o discursos dos outros dous músicos, dándolle maior profundidade polo que o resultado é o traballo dun trío ben conxuntado á hora de partillar o mesmo concepto de improvisación. FronTTon chega a Imaxina Sons co seu traballo Alternating Flows, despois de presentalo en Suíza e nunha xira por Polonia.

Yosvany Quintero, clarinetes e saxos
Pelayo F. Arrizabalaga, pratos
Dominik Dolega, multipercusion

Academia de Sons 2016


No 12º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons a Academia de Sons chega a súa cuarta edición con epicentro no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Esta proposta afonda, por unha banda, na vertente formativa e, por outra, na procura de novos públicos. No MARCO concéntrase unha semana de actividades nas que divertirse, aprender, construír e relacionarse. Un convite á interactuación entre xeracións convidando a pequenos e maiores a experimentar ao redor da música e do jazz con incursións no audiovisual, nas artes plásticas, na tradición oral e até na neuroloxía. Bota un ollo e escolle a túa actividade.

+ info en Academia de Sons 2016