
Servizos
Salón de actos
O MARCO ofrece a posibilidade de aluguer do seu salón de actos —situado no vestíbulo principal e con acceso independente do museo— para o desenvolvemento de conferencias, presentacións, seminarios, encontros e outros eventos.
As vantaxes de utilización deste espazo son múltiples: sitúase no centro da cidade, ten un aforo de 150 persoas e modernas dotacións técnicas, ademais da combinación da significación histórica do edificio coa imaxe do MARCO como centro de arte contemporánea. O aluguer inclúe varios servizos gratuítos, e a posibilidade de visitas guiadas ás exposicións. Todo isto fai que sexa solicitado por institucións e empresas de moi distinta natureza.
A dispoñibilidade do salón de actos é limitada, e o seu grao de ocupación varía en función da propia programación do MARCO en distintas épocas do ano. Para calquera consulta sobre dispoñibilidade deste espazo, procedementos e tarifas de aluguer, diríxase a:
Aluguer do salón de actos:
Contacto: Marta Viana / Pilar Souto
986 113900
marta.viana@marcovigo.com
pilar.souto@marcovigo.com
Tienda-Librería
PRÓXIMA APERTURA
Inaugurada en 2005, a tenda-librería é un proxecto dedicado á venda de libros de arte, deseño, arquitectura, música e estética, e ofrece servizos como petición de libros ‘á carta’, venda de agasallos, merchandising, obxectos e pezas de arte.

MARCO Restaurante & Café
O restaurante do MARCO, situado na planta baixa, e con acceso independente das salas de exposición, está destinado tanto aos visitantes do museo como ao público en xeral.
Dende o 15 de maio de 2009, emprende un novo proxecto baixo a xerencia dos irmáns Alfonso e Ángeles Botas.
Alfonso Botas -chef especializado en cociña española e internacional- será a cabeza visible, cunha aposta baseada na cociña galega tradicional, artesanal, con estética xaponesa, sinxela e de cores vivas, empregando exclusivamente producto local e galego, resaltando a nosa tradición gastronómica e proxectándoa fóra das nosas fronteiras.
Horario:
Luns a sábados de 11.00 a 21.00
Domingos de 11.00 a 15.00
Contacto: Ángeles Botas
886 116712
marcorestaurante@gmail.com
www.marcorestauranteycafe.com