Por mor da crise sanitaria do COVID-19 queda en suspenso. Esperamos poder reanudar as actividades didácticas cando as circunstancias así o permitan.
Para escolares de educación Infantil, Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional, e outros centros de formación
Colabora:
Gratuíto, previa cita no tel. 986 113900 (ext. 304 o 100)
Visitas e obradoiros para grupos de escolares, adaptadas a todas as idades e ciclos educativos. Os programas xiran ao redor das exposicións temporais, sacando partido da presenza das obras e das súas posibilidades didácticas, traballando a percepción e compartindo reflexións mediante percorridos por salas e obradoiros, nos que se fomenta a participación individual e colectiva.
Neste cuadrimestre, a proposta xira ao redor da exposición ‘MANUEL COLMEIRO. Espazos e encadramentos’ (ata o 24 de maio nas salas do primeiro andar), que ofrece unha nova ollada sobre a obra e traxectoria dun artista chave na historia da arte galega.
http://www.marcovigo.com/content/manuel-colmeiro-espazos-e-encadramentos [3]
Como é habitual na programación educativa do MARCO, os contidos e ritmo da visita-obradoiro deséñanse en función das idades e características dos participantes, con propostas diferenciadas para escolares de Infantil, Primaria e Secundaria/Bacharelato, e para grupos con necesidades específicas.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Did%C3%A1ctica_600x200_2.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Did%C3%A1ctica_200x150_3.jpg
[3] http://www.marcovigo.com/content/manuel-colmeiro-espazos-e-encadramentos