rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
‘Café Voltaire. O sabor das letras’. Inma López Silva: ’Nin cebola nin allo, que os actores din doce alento’

‘Café Voltaire. O sabor das letras’. Inma López Silva: ’Nin cebola nin allo, que os actores din doce alento’

Datas: 
26 febreiro 2014
Lugar: 
MARCO restaurante&café
Horario: 
20.45


Nin cebola nin allo, que os actores din doce alento’

A partir desta tradución libre dunha cita de O soño dunha noite de verán, a charla xira ao redor da comida na época de Shakespeare.

Inma López Silva é escritora e crítica teatral, natural de Santiago de Compostela, en cuxa Universidade se doctorou en Filoloxía Galega. Actualmente dá clases na ESAD, Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, radicada en Vigo.

Malia a súa xuventude, xa ten publicadas sete obras de narrativa entre as que destacan Concubinas (Xerais, 2002) e New York, New York (Galaxia, 2007) —aparecidas tamén en castelán, a primeira na editorial Ámbar en 2009 e a segunda na editorial El Andén en 2008—, Memoria de cidades sen luz (Galaxia, 2008), galardoada co Premio Blanco Amor en 2007 e co  Premio Arcebispo San Clemente en 2009; e Tinta (Galaxia, 2012), a súa última obra polo momento.

[Reserva de praza chamando á oficina da Agrupación de Amigos a partir do 30 de xaneiro. Tel. 986 113900 Ext. 402, en horario de luns a xoves de 16.30 a 19.30]