rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Documentando o MARCO

Documentando o MARCO

18 marzo 2008 - 31 decembro 2023

 

O MARCO retoma este proxecto iniciado en 2008, baseado no propio edificio do Museo como lugar de memoria e como espazo simbólico.

O obxectivo é recoller testemuños sobre o pasado do edificio do MARCO, antes da súa rehabilitación e o seu novo uso como Centro de Arte Contemporánea, para axudarnos a recompilar a 'memoria viva' do edificio a través de experiencias persoais. Os testemuños son recollidos ben por escrito, ben con gravacións de voz ou de imaxe de vídeo. Tamén se anima ás persoas interesadas a achegar documentación como fotografías, cartas, etc. que consideren de interese como imaxe ou relato do pasado. O material recollido será dixitalizado e quedará depositado na Biblioteca-Centro de Documentación.

Trátase dunha iniciativa con vocación de continuidade, que seguirá desenvolvéndose nos vindeiros meses a través da Biblioteca-Centro de documentación.

Este proxecto conta cunha subvención para a descrición documental otorgada pola: 

AdxuntoTamaño
Documentando el MARCO_ formulario_m GAL.pdf213.55 KB