rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Libros, libres!

Libros, libres!

15 abril 2011

 

O 15 de abril, conmemorando o próximo Día Internacional do Libro, un total de 31 museos e centros de arte contemporánea de España compartirán unha experiencia de bookcrossing ou campaña de liberación de libros, na que "inundarán" as cidades con libros de arte procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas, coa intención de que os que os recollan, gocen da súa lectura e volvan liberalos noutro punto distinto do mundo.
No caso do MARCO, liberaranse un total de 65 catálogos en distintos puntos da cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do museo.