rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
MARCO. Inauguración exposición

MARCO. Inauguración exposición

Datas: 
28 abril 2017
Lugar: 
MARCO, salón de actos
Horario: 
19.00


ÁNXEL HUETE. Unha revisión crítica
Comisariada por Agar Ledo Arias, responsable de exposicións do MARCO

A primeira presentación que fai un museo da traxectoria de Ánxel Huete (Ourense, 1944), artista indispensable para comprender o discorrer da produción artística en Galiza nas últimas décadas. Defensor da arte como motor de transformación social, compaxinou o labor plástico coa militancia política e a activa participación na organización de eventos fundamentais para a renovación da arte galega e dos seus modos de organización. As discusións sobre arte e ideoloxía e a reflexión que o artista fai sobre a necesidade de abandonar o concepto que comprende a pintura como un instrumento referencial e mimético entre realidade exterior e produción pictórica —como recurso de representación— son parte fundamental do seu pensamento, non só durante a época de formación senón tamén en traballos recentes.

Venres 28, ás 19.00
Charla-conversa entre artista e comisaria