rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
MARCO. Inauguración Exposición

MARCO. Inauguración Exposición

Datas: 
6 xullo 2018
Lugar: 
salas do primeiro andar
Horario: 
19.00


Visita á exposición, guiada por Rubén Martínez Alonso, comisario da mostra, e o artista Xosé Manuel Castro.

O ciclo METRÓPOLE, comisariado por Rubén Martínez Alonso, nace cun dobre obxectivo: facer unha viaxe ao pasado, ao Vigo dos anos vinte, cando se estreou na cidade o filme de Fritz LangMetropolis; e a un tempo ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual. A proposta comprende unha serie de exposicións individuais, como visión do presente, e unha parte común a todas as mostras, como referencia do pasado.

O proxecto está concibido en dúas áreas claramente diferenciadas: por unha banda, a correspondente ao pasado, representada por unha sala na que, a partir da referencia ou homenaxe ao filme Metropolis, se procura recrear o ambiente do Vigo dos anos vinte mediante planos e imaxes de arquitectura vangardista, fotografías e documentos de época, xunto a mobiliario, obxectos, vestiario e pezas decorativas de estilo art déco. Por outra, a primeira mostra individual do ciclo, XOSÉ MANUEL CASTRO. Pedra filosofal, que se exhibe nas salas frontais, e que reúne máis de setenta esculturas de distintos formatos e materiais, na súa maioría procedentes da colección do artista, ademais dunha obra en madeira producida especificamente para este proxecto.

Fotografía de portada: Xosé Manuel Castro: "Pedra Filosofal". Cortesía do artista
Fotografía miniatura: Pacheco: "Rúa Príncipe nevando"