rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
MARCO. Inauguración. Visita guiada

MARCO. Inauguración. Visita guiada

Datas: 
6 marzo 2020
Lugar: 
Sala de proxectos do primeiro andar do MARCO
Horario: 
19.00


O venres 6  inaugúrase a exposición Yolanda Herranz Pascual ...No, aún no..., e disfrutaremos dunha visita guiada para a Agrupación ás 19 horas, antes da inauguración oficial.

A exposición céntrase nas obras intimistas de Yolanda Herranz Pascual (Barakaldo, 1957), e arrinca coa serie El mí y el tú, cunha refinada claridade visual e unha rotunda mensaxe. Continúa con Destierros, que explora a idea dos pasos perdidos, do camiñar, da identidade...

A mostra conta tamén con obras producidas especialmente para a ocasión: SOMOS mujeres y ESTAMOS aquí, que coloca na parede, en vinilo vermello sangue, 690 palabras que empezan por A, en feminino plural.

Yolanda Herranz Pascual céntrase na identidade persoal, cunha obra íntima e drástica, que une textos e autorretratos indagatorios: El arte sana / El arte cura (Autorretratos) é a resposta a unha situación persoal de desacougo onde a arte axúdaa a convivir con esa realidade.

Fotografía miniatura: Somos una prolongada espera (VIII), 2016-20. Texto e fotografía enmarcada, 90x90 cm