rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Ánxel Huete: unha revisión crítica

Ánxel Huete: unha revisión crítica

Textos: Ánxel Huete, Agar Ledo, Iñaki Martínez Antelo, Rosalía Pazo Maside, Manuel Pérez Rúa, Isaac Pérez Vicente, Anxo Rabuñal

Data de publicación: 
1 agosto 2017
ISBN: 
978-84-943529-2-8
Prezo: 
28€

En paralelo á exposición ‘ÁNXEL HUETE. Unha revisión crítica’, neste mes ven de saír do prelo o libro do mesmo nome, publicado polo MARCO e a Editorial Galaxia, que forma parte integrante do proxecto, e que está xa dispoñible para venda ao público no Museo, completando así a mostra que actualmente se exhibe nas salas da planta baixa. 

Dende o inicio da preparación do proxecto, considerouse que debería enfocarse nunha dobre vía —expositiva e editorial—, ambas as dúas fundamentais á hora de abordar unha retrospectiva e de achegarse á figura e traxectoria do artista, funcionando ao mesmo tempo a modo de espello social e cultural das últimas décadas. Así, xunto ao texto curatorial de Agar Ledo, comisaria da exposición e autora tamén da liña de vida ou cronoloxía incluída na publicación, o libro inclúe aportacións de Rosalía Pazo MasideManuel Pérez RúaAnxo Rabuñal e Isaac Pérez Vicente, que contribúen a contextualizar a figura de Ánxel Huete como artista, e tamén nas súas facetas de pensador, profesor, activista, teórico, vinculado a movementos políticos, asociacións, foros de opinión, e persoa comprometida co seu tempo.