rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Viaxe a Porto

Viaxe a Porto

Datas: 
22 setembro 2018
Lugar: 
Farol de Urzáiz
Horario: 
9.00


PROGRAMA

Visitas guiadas á exposición Anish Kapoor: Obras, Pensamentos, Experiências, e á colección permanente do Museo Serralves, ambas as dúas na Fundación Serralves

Visita á exposición Frida Kahlo: Ás súas fotografías no CPF Centro Portugués de Fotografía, localizado no antigo cárcere da cidade, nas inmediacións da torre dos Clérigos. 

A viaxe farase en autobús, con saída do farol de Urzáiz ás 9.00, e regreso sobre as 21.00.

O prezo variará en función da xente que se anote, xa que incluirá o custo do autobús e das entradas dos museos. Estimamos un prezo aproximado de 35€ por persoa.

As persoas interesadas poden facer a reserva de praza na recepción do MARCO, cun abono de 15€. Quen non sexan membros da AAM poden participar tamén mediante un suplemento de 5€.

Crédito da fotografía: Fundaçao Serralves