rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita a Porto

Visita a Porto

Datas: 
23 novembro 2019
Lugar: 
farol de Urzáiz (r / Colón)
Horario: 
08.00
Prezo: 
AMIG@ S_ 30 € (para un grupo mínimo de 30 persoas) // PREZO ACOMPAÑANTES_ 35 €. O prezo comprende desprazamentos e entrada á Fundación.


Durante a mañá, o obxectivo é achegarse a unha parte significativa da produción dalgúns dos arquitectos de prestixio internacional que Portugal deu ao mundo. O percorrido estará guiado polo arquitecto Antonio Soliño, membro da xunta directiva do Instituto de Estudos Miñoráns e gran coñecedor e estudoso da arquitectura portuguesa. Coñeceremos parte da obra de Fernando Távora e Álvaro Siza, premio Pritzker, localizadas en Matosinhos e Leça da Palmeira. Visitaremos o Parque Municipal Quinta da Conceição, onde se localizan obras paradigmáticas de Fernando Távora, e a continuación a Piscina dos Marés e a Casa de Chá, obra de Siza declarada monumento nacional en 2011. Pola tarde, visita á Fundação de Serralves e ás exposicións ‘Álvaro Siza: (In)Disciplina’ e ‘Olaffur Eliasson: o V/Nosso futuro é agora’. Se é posible, incluiranse visitas ás mostras de Pedro Cabrita Reis (‘A Roving Gaze/Um olhar inquieto’) e Paula Rego. (‘O grito da imaginação’).

EXCURSIÓN A PORTO:

08.00  h._ Saída en bus dende o farol de  Urzáiz
09.30  h._ Matosinhos: Inicio da visita a obras de Siza e  Távora, con pausa para café.
13.00  h._ Xantar libre
16.00  h._ Fundação de Serralves

CONFIRMACIÓN E PAGAMENTO: ANTES DO XOVES 21 DE NOVEMBRO EN TAQUILLA MARCO

Crédito foto (detalle): Fernando Guerra | FG+SG.