Unha nova colectiva ocupa os espazos da planta baixa do MARCO. Obras da colección do Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela) trasládanse a Vigo, nunha selección comisariada por Virginia Torrente.
A obra do artista Jose Dávila (Guadalajara, México, 1974) pecha no MARCO o ciclo ‘PUNTOS DE ENCONTRO/MEETING POINTS’, proxecto no que cinco artistas —Pedro Barateiro, Manuel Eirís, Carlos Bunga, Nicolás Combarro e Jose Dávila— traballaron sobre o concepto de cidade contemporánea como espazo heteroxéneo.