
A Agrupación de Amigos do MARCO fúndase no ano 2003 a partir da aprobación do seu Regulamento Interno polo Padroado da Fundación MARCO, e do seu ingreso como membro titular na FEAM, www.feam.es [6], Federación Española de Amigos de los Museos.
Un grupo de persoas comprometidas coa nosa cidade...
...que cre no potencial deste espazo creativo
...que fomenta a difusión e o coñecemento da arte contemporánea nas súas múltiples manifestacións
...que desenvolve actividades relacionadas coa posta en valor da cultura
Daniela Sarraíno, presidenta da Agrupación de Amigos do MARCO, presenta o XVII Congreso Nacional de Amigos dos Museos, que se desenvolve baixo o lema"Museos, Amigos como axentes de integración social".
|
|
|
Se queres ser membro activo e responsable
Se queres facer Amigos por amor á ARTE
¡FORMA PARTE DA AGRUPACIÓN DE AMIGOS DO MARCO! [8]
Entrada gratuíta a todos os Museos estatais
Visitas guiadas
Ás exposicións do MARCO antes da súa inauguración, en compañía do comisario
A outras exposicións guiadas por persoal especializado
A talleres de artistas
Ciclo "MARCO Extramuros"
Visitas guiadas por expertos en arte contemporánea, a exposicións situadas nas principais galerías da cidade, o primeiro sábado de cada mes.
Ciclo "Coñeces a túa cidade, coñeces o teu contorno?"
Visitas guiadas por distintas zonas de Vigo e de Galicia: con especial atención á arquitectura
Excursións dun día
A Museos ou Centros de Arte próximos, como a Fundación Serralves en O Porto, o CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela, ou o Museo de Belas Artes na Coruña, en función do seu calendario de exposicións
Viaxes por España e o estranxeiro
Buscamos o culturalmente significativo elixindo bienais, exposicións ou eventos especiais en lugares que teñan unha vida cultural, social ou artística activa e chea de posibilidades
Daniela Sarraino
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (2º andar)
Príncipe, 54
36202 Vigo
Pontevedra
986113900 (ext. 402)
amigos.marco@marcovigo.com [9]
Luns, martes, mércores e xoves de 16.30 a 19.30
martes de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30
Enlaces:
[1] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/cabecera_4.jpg
[2] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/cabecera2_0.jpg
[3] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/cabecera1_0.jpg
[4] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/cabecera4_0.jpg
[5] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/cabecera5_0.jpg
[6] http://www.feam.es
[7] http://www.youtube.com/v/A6xYTwDcI6M&hl=es&fs=1&rel=0&color1=0x3a3a3a&color2=0x999999&border=1
[8] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/Amigos_gal.pdf
[9] mailto:amigos.marco@marcovigo.com
[10] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/Estatutos Agrupación MARCO2.pdf
[11] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/Modificacion cota Amigos.pdf