BOLSAS - AXUDAS ESTATAIS
Exposición de proxectos no Almacén Sur Convoca: LABoral Centro de Arte y Creación Industrial, Xixón Descrición: realización dun proxecto artístico para a súa exposición na sala Almacén Sur. O obxectivo é apoiar e difundir aos colectivos e asociacións artísticas. Dotación: as facilidades proporcionadas pola sala para a exposición dun proxecto propio. Data fin: 28 de xullo de 2010 Máis información Becas de formación, experimentación y creación en los talleres de obra gráfica de Miró Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: bolsas de formación para asistir aos obradoiros e cursos da propia Fundació Pilar i Joan Miró ou noutros centros, coma o "The School of Fine Arts. University Collage London" entre outros. Dotación: entre 1.500€ e 3.000€ segundo a bolsa. Data fin: 31 de agosto de 2010 Máis información
Programa de Apoyo a Artistas Plásticos y Colectivos Artísticos Convoca: Caja de Burgos Descrición: a convocatoria establece a concesión de axudas económicas para colaborar na produción de proxectos expositivos nas seguintes disciplinas: pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación, gravado e técnicas de estampación. Dotación: non consta Data fin: 29 de outubro de 2010 Máis información
I Certamen Internacional de Artes Plásticas AIBACC Convoca: Sala AIBACC, Girona Descrición: realización dunha obra dentro do campo das artes plásticas, onde o tema, a técnica e o estilo sexan libres. Poden participar artistas e creadores de todo o mundo, sen límite de idade. Este certame posue unha cuota de inscrición de 25€. Dotación: tres bolsas de distintas estadías dun mes na Residencia de Artistas-Centro de Creación e Investigación Artística en Girona, cunha duración. Data fin: 30 de novembro de 2010 Máis información
CURSOS E OBRADOIROS
AUTONÓMICOS
XXVI Cursos de Verano GRÁFICA 2010 Convoca: Fundación CIEC, A Coruña. Descrición: realización de cursos de distintas técnicas gráficas como xilografía, litografía, serigrafía..., de 50 horas cada un. Prezo: 120€ Datas: xullo-agosto de 2010 Máis información
Deseño, creatividade e capacidades profesionais Convoca: Universidade de Vigo. Campus de Pontevedra Descrición: o obxectivo do curso serán saber qué implican os conceptos deseño e creatividade para diferentes profesionais, contrastando dende os puntos de vista de enxeñeiros, licenciados en belas artes, publicistas, periodistas, psicoterapeutas, artistas ou deseñadores; observar a importancia da creatividade en todo proceso que implique deseño e a posibilidade de desenvolvela ou non en función das capacidades e comprender como no traballo ou actividade profesional interveñen todos os aspectos da personalidade. Prezo: 88€ Datas: 16-23 de xullo de 2010 Máis información Curso formativo de arqueoloxía práctica no complexo arqueolóxico do Neixón NOVO Convoca: USC, Santiago de Comportela Descrición: curso impartido no Centro Arqueolóxico do Barbanza, dirixido por Víctor Barbeito Pose. Prezo: de balde Datas: 26 de xullo-6 de agosto de 2010 Máis información IV Seminario "obradoiro de historia moderna": poder, imaxes, opinión pública e propaganda na idade moderna NOVO Convoca: USC, Santiago de Compostela Descrición: seminario impartido polo departamento de Historia Medieval e Moderna, da man de Roberto Javier Lopez Lopez. Prezo: de balde Datas: 28-29 de outubro de 2010 Máis información
ESTATAIS El ojo instantáneo Convoca: Espacio de las Artes, Tenerife Descrición: taller que ten como obxectivo a experimentación coa fotografía. Está dirixido a aquelas persoas interesadas, sen importar a súa idade e nacionalidade. Prezo: de balde Datas: o primeiro sábado de xullo, agosto e setembro de 2010. Máis información Curso de verano: Gestión de información y Políticas Culturales NOVO Convoca: Departamento de Ciencias de la Documentación e Historia de la Ciencia, Universidad de Zaragoza; Centro de Documentación Cultura y Empleo Infoculture, Huesca Descrición: curso dirixido a profesionais, estudantes e investigadores relacionados co tratamento e difusión da información cultural en diferentes niveis (xestores culturais, bibliotecarios, documentalistas, persoas de museos, teatros, investigadores en políticas culturais). Os alumnos coñecerán de primeira man algúns dos sistemas, experiencias e procedementos para a xestión de información que resultan de utilidade no seu ámbito para o desenvolvemento de políticas culturais. O curso inclúe un obradoiro sobre redes sociais para a xestión de unidades de información cultural. O curso celebrarase en Jaca, Huesca. Prezo: xeral: 165€; reducida (estudantes universitarios, desempregados, xubilados e persoal ao servizo da Universidade de Zaragoza): 110€. O prezo do aloxamento en media pensión na Residencia Universitaria de Jaca sería de 82,98€ durante todo o período que dura o curso. Datas: 21-23 de xullo de 2010 Máis información SummerLAB 2010 Convoca: LABoral Centro de Arte y Creación Industrial, Xixón Descrición: trátase dun encontro de creadores e desenvolvedores dixitais para levar a cabo proxectos de forma colaborativa. Poden participar aquelas persoas interesadas sen importar a idade e nacionalidade. Prezo: non consta Datas: 22-31 de xullo de 2010 Máis información
PREMIOS
AUTONÓMICOS Certame de Pintura Convoca: Concello de Vigo. Descrición: o obxectivo do certame é dar a coñecer os novos valores tanto de Vigo como de fóra da cidade. Poderán participar as persoas de entre 16 e 35 anos. As obras poden levar calquera material agás o vidrio e ser de calquera técnica pictórica. O tema será libre. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 6.000€ e varios accésits con cuantía económica sen determinar. Data fin: 13 de agosto de 2010 Máis información
I Concurso de fotografía de la ruta do viño do Ribeiro, "O RIBEIRO EN FOTO" Convoca: Asociación Ruta do Viño do Riberio, Ourense Descrición: ten como obxectivo fomentar, premiar, e difundir a creatividade das artes da fotografía. Poden participar aquelas persoas interesadas, maiores de 18 anos, de calquera nacionalidade. O tema é plasmar a beleza da Comarca do Ribeiro. Premios: 1º premio: 1.000€ + 6 botellas de viño do Ribeiro + Diploma; para os restantes premios consultar bases do concurso. Data fin: 31 de agosto de 2010 Máis información Festival Internacional de Curtametraxes "Curtopía" NOVO Convoca: Concellería de Xuventude, Vigo Descrición: festival adicado aos rapaces menores de 30 anos, de calquera nacionalidade. Débese realizar unha obra audiovisual tendo como escenario a cidade de Vigo. Premios: mellor videoclip: 400€; mellor curtametraxe documental: 800€; mellor curtametraxe de ficción: 800€; mellor obra galega: 400€ Data fin: 15 de setembro de 2010 Máis información Premios Provinciais á Investigación 2010 Convoca: Deputación Provincial de Pontevedra Descrición: a Deputación de Pontevedra ven dando preferencia especial a quen se adica a tarefas de investigación co fin de estimular e premiar traballos que, sen dúbida, redundarán no beneficio do progreso e benestar social. Premiaranse traballos de diferentes ámbitos como son: humanidades, cencias sociais, tecnoloxía, etc. entre os que se inclúen as teses e proxectos fin de carreira. Premios: entre 1.800€ ata 3.000€ segundo a modalidade Data fin: 13 de novembro de 2010 Máis información
ESTATAIS
III Certamen de Acuarela "Ciudad de Ceuta" Premio Manuel Rejano Convoca: Consejería de Cultura, Educación y Mujer Ciudad Autónoma de Ceuta Descrición: poderán participar cun máximo de dúas obras por autor, todos os artistas que o desexen sen importar a súa nacionalidade. O tema da obra será libre e a técnica será a acuarela. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premio: 3.000€ + diploma Data fin: 15 de xullo de 2010 Máis información
XIII Festival de Cine "Ciudad de Astorga". Cortometrajes Convoca: Ayuntamiento de Astorga Descrición: convocatoria aberta a todos os produtores e realizadores do cine español. Poderánse presentar ao certame películas de formato de 35 mm., mudas ou con son incorporado, de produción española e cunha duración máxima de 30 minutos. A organización reservase o dereito de exhibir as películas presentadas nos lugares públicos que considere oportunos. Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 1.500€; 3º premio: 800€; mellor actriz, actor, fotografía, animación e guión: 300€ cada un; mellor banda sonora e mellor documental: un galardón cada un; premio especial do público: 800€; mellor curtametraxe realizada en Castela e León: 700€; premio especial sobre Alzheimer: 700€; premio especial sobre emprendedores empresariais: 700€. Data fin: 15 de xullo de 2010 Máis información
II Certamen Internacional de Vídeo Digital Convoca: Festival de Cine de Astorga e Asociación de Amigos del Camino de Astorga Descrición: poderán participar todos aqueles artistas que o desexen sen importar a súa nacionalidade, con obras que como máximo duren 5 minutos. O tema do concurso será "o camiño máis curto... o máis curto do camiño", sobre aspectos referidos tanto ao Camiño de Santiago como aos camiñantes e as súas experiencias. Poderán presentarse traballos de distinto xénero: ficción, documental, experimental, video-clips, animación, agás os referidos a institucións ou publicitarios. Seleccionaranse vinte curtametraxes que poderán ser visualizadas na web do Festival. Premios: 1º premio: 1.700€ + diploma; 2º premio: 500€ + diploma; 3º premio: 400€ + diploma; 4º premio ao fomento da solidariedade entre peregrinos: 600€ + diploma Data fin: 15 de xullo de 2010 Máis información
Concurso Artístico Internacional "Las ánimas del Purgatorio" Convoca: Sociedad de Estudios San Gregorio Magno, Valladolid Descrición: poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sen importar a súa nacionalidade e idade. A técnica será libre: pintura, óleo, acuarela, rotuladores, etc. ou calquera outra modalidade: escultura, vídeo, infografía, etc. O motivo das obras deberá estar baseado e facer referencia ao tema "as ánimas do purgatorio". Premio: 1º premio: 4.000€ + diploma; 2º premio: 2.500€ + diploma; obras seleccionadas: diploma; premio para o centro ou mestre do concursante: ordenador portátil + diploma Data fin: 16 de xullo de 2010 Máis información
71º Exposición Internacional de Artes Plásticas Convoca: Ayuntamiento de Valdepeñas, Ciudad Real Descrición: admitiranse obras de pintura e escultura. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo. Ademais deberán enviar unha diapositiva ou fotografía en cor da obra, unha copia do DNI e un currículo artístico. Premio: fondo de adquisición de obra de 145.750€ Data fin: 16 de xullo de 2010 Máis información
XXVI Certamen de Artes Plásticas Ayuntamiento Ciudad Rodrigo 2010 Convoca: Ayuntamiento de Ciudad Rodrigo, Salamanca Descrición: poderán participar todos aqueles artistas que o desexen sen importar residencia ou nacionalidade. A modalidade será a pintura e tanto a técnica como o tema serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 3.000€ + diploma; dous accésits: 300€ cada un. Data fin: 30 de xullo de 2010 Máis información I Concurso de Fotografía "La diversidad cultural en imágenes" Concova: Ayuntamiento de Salamanca Descrición: o obxecto da presente convocatoria é otorgar premios a aqueles traballos fotográficos no que o tema estea relacionado coa integración da poboación inmigrante e a diversidade cultural. Valoraranse que sexan imaxes da vida cotiá nas que aparezcan conxuntamente personas inmigrantes e poboación autóctona. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premio: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 900€; 3º premio: 500€; 4º premio: 300€ Data fin: 31 de xullo de 2010 Máis información XIII Concurso Nacional de Cortometrajes "Ciudad de Antequera" Convoca: Ayuntamiento de Antequera, Málaga Descrición: realización dunha curtametraxe de produción española. O tema é libre e calquera persoa interesada pode optar a participar. Premio: 1º premio: 2.200€; 2º premio: 1.500€; 3º premio: 400€; premio do público: 400€ Data fin: 2 de agosto de 2010 Máis información
VIII Certamen Internacional de Artes Plásticas "Aires de Córdoba" Convoca: Asociación Cultural Aires de Córdoba Descrición: poderán participar artistas plásticos de todo o mundo, sen límite de idade. Haberá dúas modalidades: pintura e gravado. Os temas, formatos, estilos e técnica son libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición na Sala Aires da que se editará catálogo e tamén serán publicadas na web oficial. Premios: premio de pintura: 1.500€ + placa + reportaxe crítico promocional na Revista Cultural Aires de Córdoba; cinco mencións de honra de pintura: diploma + certificado; premio de gravado: 500€ + placa + reportaxe crítico promocional na Revista Cultural Aires de Córdoba; cinco mencións de honra de gravado: diploma + certificado; premio de honra: diploma + exposición individual na Sala Aires Data fin: 13 de agosto de 2010 Máis información Certamen de Artes Plásticas Ferias y Fiestas 2010 NOVO Convoca: Centro Cultural Casa de Medrano, Ciudad Real Descrición: poderán participar con dúas obras pictóricas de tema libre, artistas de calquera idade e nacionalidade, residentes en España. Premio: premio nacional de pintura: 3.000€ + placa; premio nacional de debuxo: 1.000 + placa; premio local de pintura: 1.000€ + placa; premio local de debuxo:500€ + placa Data fin: 14 de agosto de 2010 Máis información Concurso Internacional de Acuarela, "Gabriel Puig Roda" Convoca: Asociación Cultural Amics de Vinarós, Castellón Descrición: realización dunha obra en acuarela de tema libre. Poden participar todas aquelas persoas interesadas de calquera nacionalidade. Premio: 3.000€ + estatuilla original de José Córdoba Data fin: 30 de agosto de 2010 Máis información
Premio a la experimentación en el ámbito de la obra seriada Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: o obxectivo deste premio é o apoio e a axuda aos proxectos creativos relacionados coa promoción, a investigación e a experimentación de técnicas e procesos innovadores dentro do ámbito da gráfica e outras disciplinas seriadas. Premiarase o proxecto que destaque pola súa innovación, calidade e experimentación en técnicas de estampación e seriación. Premio: 8.000€ (4.000€ como honorarios do artista e 4.000€ como gastos de produción). Data fin: 31 de agosto de 2010 Máis información
Premio Pilar Juncosa para un Proyecto Educativo Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: a Fundación otorgará un premio para a realización dun proxecto educativo relacionado coas artes visuais, a realizar na Fundación Pilar i Joan Miró de Palma de Maiorca. Dito proxecto deberá promover e motivar o achegamento dun sector de público específico (nenos, adultos, personas maiores, etc.) á arte contemporánea. Premio: 6.000€ (2.500€ en concepto de deseño do proxecto e 3.500€ para a realización do proxecto na Fundación, incluíndo bolsa de viaxe, dietas, aloxamento, produción no taller e dinamización do proxecto). Data fin: 31 de agosto de 2010 Máis información XXXV Certamen nacional de pintura "Ciudad de Manzanares" Convoca: Ayuntamiento de Manzanares, Ciudad Real Descrición: realización dunha obra de tema e técnica libres, agás o debuxo e o gravado. Poderán participar persoas residentes en España que estean interesadas. Premios: 1º premio: 7.200€; 2º premio: 3.750€; 3º premio:3.600€ Data fin: 31 de agosto de 2010 Máis información
Concurso Audiovisual "Instantes de Paisaje" 2010 Convoca: CDAN-Fundación Beulas, Huesca Descrición: o obxecto da convocatoria é a selección dun máximo de dez proxectos co fin de fomentar a idea de paisaxe e creación audiovisual. O concurso está aberto a todos aqueles amantes das artes plásticas e poderán enviar un máximo de dúas pezas por participante. As pezas seleccionadas poderán ser exhibidas no marco das mostras realizadas polo CDAN na súa programación ou no contorno do Festival de Cine de Huesca. Premios: 1º premio: 2.500€; 2º premio: 1.000€ Data fin: 1 de setembro de 2010 Máis información
IV Concurso Fotográfico Digital de ATCORE Convoca: ATCORE, Asociación de Enfermos y Transplantados de Corazón y Pulmón. Concurso en liña. Descrición: o tema desta edición trata de poñer cara ao conxunto e contorno das persoas que viven directa ou indirectamente a realidade dos enfermos e transplantados. Familiares, amigos, etc. deberán ser retratados individual ou colectivamente e nos seus rostros deberán transmitir o que o autor busque: esperanza, futuro, alegría, etc. Os fotógrafos participantes so poderán ser afeccionados, non profesionais. A inscrición é de balde e poden enviarse como máximo dúas fotografías dixitais (branco e negro ou cor). Premios: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 600€; 3º premio: 300€ Data fin: 3 de setembro de 2010 Máis información XI Consurso de Cortometrajes para jovenes realizadores "Ciudad de Castellón" NOVO Convoca: Ayuntamiento de Castellón, Comunidad Valenciana Descrición: poderán participar aquelas persoas nadas ou residentes en España. O tema da curtametraxe é libre. Premios: 1º premio: 2.500€; 2º premio: 1.500€; 3º premio: 1.000€; premio especial á mellor curtametraxe realizada por cineástas novos de entre 14 e 18 anos: 1.000€; 1º premio mellor curta de animación: 1.000€; 2º premio mellor curta de animación: 500€; premio á igualdade de oportunidades: 1.000€ Data fin: 3 de setembro de 2010 Máis información
Concurso Nacional de Cine de Animación ANIMAINZÓN 2010 Convoca: Ayuntamiento de Ainzón, Zaragoza Descrición: poderán presentarse todos aqueles que o desexen, residentes en España e sen limitación de idade. So existe a categoría de animación. Os traballos seleccionados formarán parte do Festival no que o público votará o seu premio. O premio especial do xurado será para aquel traballo que máis se achegue ao mundo do viño e a súa cultura. Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 500€; premio do público: 600€; premio especial do xurado: 1.000€ Data fin: 4 de setembro de 2010 Máis información X Bienal de pintura "Villa de Noreña" Principado de Asturias Convoca: Asociación Cultural Contigo-Noreña, Asturias. Descrición: realización de dúas obras de tema e técnicas libres. Poderan participar artistas interesados de calquera idade e nacionalidade. Premio: 3.000€ + certificado acreditativo Data fin: 6 de setembro de 2010 Máis información II Concurso de Fotografía "5 al día" NOVO Convoca: Asociación "5 al día", Madrid Descrición: poderán participar aqueles fotógrafos afecionados ou profesionais residentes en España e maiores de 18 anos. O tema é "5 o día", dado a Asociación promove unha alimentación rica en frutas e hortalizas. Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 2.000€; 3º premio: 1.000€ Data fin: 6 de setembro de 2010 Máis información
VI Premio Internacional de Pintura Julio Quesada Convoca: Museo Julio Quesada, Alicante Descrición: poderán participar artistas de calquera nacionalidade cunha obra orixinal por autor/a que non fora premiada en ningún certame. O tema e a técnica serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 5.000€; 2º premio: 2.000€; mención de honra ao mellor artista local: 1.000€ Data fin: 10 de setembro de 2010 Máis información
II Concurso de Fotografía Solar Concova: www.solarweb.net Descrición: o concurso está aberto a fotógrafos profesionais ou afeccionados, interesados en participar e aportar valor artístico á enerxía solar a través da fotografía. As categorías serán: enerxía solar fotovoltaica, enerxía solar térmica, enerxía solar termoeléctrica, integración arquitectónica da enerxía solar, enerxia solar e cooperación. Premios: 1º premio: 1.000€; once accésits: 70€ cada un aos mellores de cada categoría; accésit especial: 100€ Data fin: 10 de setembro de 2010 Máis información Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña NOVO Convoca: Médicos del Mundo, Madrid Descrición: poderan participar fotógrafos afecionados e profesionais, maiores de idade e de calquera nacionalidade. As fotografías terán como tema a acción humanitaria, a cooperación internacional e a exclusión social, etc. Premios: bolsa de traballo: 8.000€; dous accésit de 1.000€ cada un. Data fin: 15 de setembro de 2010 Máis información XXXI Certamen Artistico Villa de Amurrio Convoca: Ayuntamiento de Amurrio Descrición: poderán participar aqueles artistas que o desexen de calquera nacionalidade ou residencia. A técnica e o tema serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 4.000€ + escultura; 2º premio: 1.500€ + escultura; premio mellor artista local: 1.000€ + escultura Data fin: 17 de setembro de 2010 Máis información Premio Internacional de Pintura Focus-Abengoa 2010 NOVO Convoca: Fundación Focus-Abengoa, Sevilla Descrición: poderán participar aquelas persoas interesadas de calquera nacionalidade e idade, cunha obra pictórica de tema e técnica libres. Premios: 1º premio: 24.000€; dos accésit de 6.000€ cada un. Data fin: 20 de setembro de 2010 Máis información X Concurso Internacional de Diseño "Andreu World" Convoca: Andreu World S.A., Chiva-Valencia Descrición: poderán participar estudantes de deseño ou deseñadores, sen limitación de idade. Valoraranse as aportacións innovadoras (mediante un estudio de viabilidade) que faciliten o aumento do nivel de calidade nos produtos. Analizaranse a relación cos seguintes aspectos: custo de produción, cumprimento das funcións previstas e de ergonomía. Os deseños deberán ser presentados para poder ser producidos de maneira mecanizada e en serie. O produto deberá ser orixinal, é dicir, que non fora realizado o seu deseño con anterioridade. Ademáis do premio pagaranse os "royalties" que correspondan. Premios: 1º premio: 4.000€; 2º premio: 2.000€ Data fin: 20 de setembro de 2010 Máis información Concurso de pintura "Villa de Moriles" Convoca: Ayuntamiento de Moriles, Córdoba Descrición: realización dunha obra pictórica de tema e técnica libres. Poderán participar aquelas persoas interesadas, de calquera idade e nacionalidade. Premios: 1.200€ + Diploma; accésit (para os residentes en Moriles): 150€ + Diploma Data fin: 20 de setembro de 2010 Máis información
XXIV Premio de Pintura Emilio Ollero Convoca: Diputación Provincial de Jaén Descrición: poderán participar artistas de calquera nacionalidade, sendo o terceiro premio reservado a artistas andaluces menores de 35 anos. O tema será libre. Os criterios de valoración serán os seguintes: calidade artística en consonancia co seu tempo, con aceptación de todas as tendencias, 10%; valoración, especialmente, da personalidade creativa, 80%; contribución importante ao mundo da arte, 10%. Premios: 1º premio: 9.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 4.000€ Data fin: 30 de setembro de 2010 Máis información V Certamen Bienal Internacional de Pintura y Fotografía de Zafra Convoca: Centro de Iniciativas Turísticas de Zafra, Badajoz Descrición: realización de dúas obras pictóricas ou fotográficas de tema libre. Poderan participar aquelas persoas interesadas de calquera idade e nacionalidade. Premios: os premios oscilan desde 600€ ata 3.500€ segundo a disciplina. Data fin: 30 de setembro de 2010 Máis información Concurso Internacional de Creación Contemporánea sobre la memoria de Andalucía Imagenera 2010 Convoca: Fundación Pública Andaluza Centro de Estudios Andaluces, Sevilla Descrición: nesta covocatoria levaránse a cabo duas disciplinas: creación documental e artes plásticas. Realizarase unha obra que represente a Memoria Andaluza. Premio: 1º premio: 7.000€ + Estrella de Plata; dous accésit: 3.500€ cada un. Data Fin: 30 de setembro de 2010 Máis información I Concurso de Pintura para Artistas Jóvenes Convoca: Sociedad Española de Neurología (SEN), Barcelona Descrición: relización dunha obra pictórica centrada no tema da neuroloxía e o cerebro. A técnica é libre. Poderán particidar persoas de calquera nacionalidade menores de 35 anos. Premio: 1º premio: 4.000€; 2º premio: 2.500€; 3º premio: 2.000€; premio do socio: 1.500€ Data fin: 8 de octubro de 2010 Máis información IX Certamen Nacional de acuarela "Málaga" Concova: Asociación de Acuarelistas, Málaga Descrición: realización dunha obra en acuarela de tema libre. Poderán participar aquelas persoas interesadas e residentes en España que o desexen. Premio: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 2.250€; 3º premio: 2.000€ Data fin: 26 de octubro de 2010 Máis información
Broadcasting Art Convoca: Radio 3 - Programa Fluido Rosa; Céntro Párraga, Murcia Descrición: convocatoria a concurso de tres pezas de arte sonoro na súa versión máis aberta e contemporánea entendendo que existan referencias a todos aqueles aspectos estéticos, narrativos e técnicos xerados a partir das novas tecnoloxías, tanto analóxicas coma dixitais. Premios: tres premios de 4.500€ cada un. Data fin: 30 de outubro de 2010 Máis información 4º Concurso Internacional de Pintura Emilio Nadal de Alfara de la Baronia NOVO Convoca: Ayuntamiento de Alfara, Valencia Descrición: Poderán participar aqueles artistas interesados, nacionais e internacionais, de calquera idade presentando unha obra pictórica de tema e técnica libres. Premios: 1º premio: 1.000€; accésit: 300€; premio local a artistas novos: 200€ Data fin: 20 de decembre de 2010 Máis información INTERNACIONAL
III Concurso Internacional de Diseño "EL COBRE Y LA CASA" Convoca: Instituto Europeo del Cobre, Bruselas-Bélxica Descrición: realizaranse obras en cobre de obxectos cotiás dentro dunha casa, mellorando a funcionalidade do obxecto e inventando novos usos. Poderán participar persoas afins as artes e o deseño. Premios: os premios estan comprendidos entre 1.500€ ata 4.000€ Data fin: 30 de novembro de 2010 Máis información
|