Edición: CA2M
Mostra concibida como retrospectiva, que se formula como revisión do traballo das artistas dende hai máis de dúas décadas.
Dende 1992, Cabello/Carceller (París, 1963/Madrid, 1964) desenvolven un proxecto artístico común centrado nunha crítica da cultura visual hexemónica. Ferramentas da teoría feminista, queer e decolonial, os estudos visuais e culturais servíronlles ao longo dos anos para produciren un corpo de traballo que pon en cuestión o modelo neoliberal de produción social. Mediante prácticas interdisciplinares ofrecen alternativas aos relatos convencionais sobre as minorías políticas, incluíndo nelas a discusión sobre o papel da produción artística contemporánea. O seu método, baseado na colaboración mutua e na incorporación de actores e axentes externos, permitiulles dar representación a desprazamentos e desaxustes que revelan resistencias e diverxencias fronte aos valores establecidos
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Cabello_600x200.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Cabello_200x150.jpg