Organiza: Agrupación de Amig@s del MARCO
Fotógrafas, cineastas, videocreadoras, investigadoras, montadoras, produtoras, comisarias, artistas visuais
Trátase dun ciclo de charlas e proxeccións nas que mulleres procedentes de distintos ámbitos das artes nos achegarán a súa experiencia profesional. Son a moitas as artistas que no amplo campo do audiovisual están xerminando e non sempre son ben coñecidas ou valoradas. Por iso, a Agrupación de Amig@s do MARCO quere darlles unha maior visibilidade, mediante un formato de charlas e encontros, coa participación de dúas artistas en cada sesión, que terán lugar periodicamente no salón de actos do MARCO.
Sesión 5, con Uqui Permui e Xiana do Teixeiro
BIO UQUI PERMUI
Directora de arte e deseñadora, desenvolve a súa carreira en eidos moi diversos, dende proxectos gráficos a dixitais ou audiovisual. Formada na Universitat Oberta de Catalunya en Comunicación e Deseño Multimedia. Traballa en procesos e prácticas vinculadas á esfera da edición contemporánea, tanto en papel coma en formato web ou audiovisual. Os seus traballos destacan pola implementación de estratexias colaborativas e polo seu interese na esfera pública, entendendo esta como un lugar de encontro, debate e construción activa dos distintos aspectos da realidade. A filosofía do seu estudio é que o deseño ha de axudar a mellorar a vida das persoas.
Entre as súas producións audiovisuais destacan o documental Doli, Doli, Doli... coas conserveiras (2010) e Asuntos internos (2007) co-dirixida con Xoán Anleo. Noutros formatos destacan o Proyecto-Edición (2006-08), proxecto coproducido polo Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), MARCO e Fundación Luís Seoane. O Contenedor de feminismos, xunto a Carmen Nogueira e Anxela Caramés (2009-) ou o deseño e dirección do proxecto transmedia En Negro contra as violencias (2015-).
Desde o 2006 é socia fundadora da Asociación galega de diseño (DAG), e vicepresidenta de READ (Foro de asociacións españolas de diseño).
Máis info: uqui.net [3]
BIO XIANA DO TEIXEIRO
Co-fundadora da produtora Walkie Talkie Films (2008), Xiana traballa sobre o relato íntimo, la identidade e a construción do xénero, e tamién sobre ecoloxía. Autora de Proxecto Diario, investigación artística e filme en produción sobre o diario íntimo femenino adolescente. Gañadora de X Films no Festival Punto de Vista co seu proxecto Carretera de una sola dirección (2016). A súa primeira longametraxe, Tódalas mulleres que coñezo (2018), e un documental participativo sobre espazo público, xénero e violencia. Xiana tamén é doctora e investigadora en Comunicación Audiovisual (UAB) e creadora e produtora musical (Ta!, The Adaptation Dance).
Filmografía: 2018: Soy Muro (20 min, vídeo-ensaio), Tódalas mulleres que coñezo (70', non-ficción); 2017: Somos Plaga (34', vídeo-ensaio); 2016: Chantal Akerman, un record (30' - framgento en película colectiva, documental), Carretera de una sola dirección (27', non ficción); Sotobosque (1) (6', documental); 2015: Mira para aquí un momento (4', documental'); 2014: While it spins (3', non ficción); 2013-14: .Encontros con entidades (serie, 3', non ficción); 2013: Vacacións (28', documental), Dúas Pitas (5', documental); 2012-13: A Real Woman (3', videoclip musical); 2008-11: Tallers Sonors (20 capítulos, 10', documental televisivo).
Fotografía do cartaz: Iria Vázquez L.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Traballadoras_600x200_0_1_0_1.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Traballadoras_200x150_0_1_0_1.jpg
[3] https://uqui.net/
[4] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/cartel%20sesion%205_1.jpg