Integrantes: María Carranza, soprano / Verónica del Villar, mezzo / Melisa Álvarez, mezzo e guitarra / Mauricio Martínez, tenor / Gabriel Campos, baixoo / Matias Tomasetto, percusión.
Juan Manuel Brarda, barítono, guitarra, director musical
Convidado polo Coro Voces Graves de Vigo
Colabora: Consulado General de la República Argentina en Vigo
Durante todo o período da exposición “Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos”, está previsto un conxunto de actividades paralelas e complementarias desta mostra, recentemente inaugurada nas salas do primeiro andar, e que permanecerá aberta ata o 24 de maio.
A primeira delas terá lugar este xoves 30 nunha das Galerías da planta baixa. O grupo Cuchicheros (dentro da súa xira europea, convidado polo Coro Voces Graves de Vigo) ofrecerá un repertorio de música vocal relacionado coa etapa de Colmeiro na Arxentina.
CUCHICHEROS é un sexteto dedicado á interpretación de arreglos vocais de música folklórica arxentina. Nace en 2013, co obxectivo de dar a coñecer o enorme repertorio de arreglos sobre música de Gustavo “Cuchi” Leguizamón en versións vocais do gran maestro cordobés Hugo de la Vega. Pero a través dos diferentes proxectos ampliou o seu repertorio abarcando outros compositores e arregladores arxentinos e latinoamericanos. É un grupo independente, conformado por cantantes profesionais e directores corais provenientes de Córdoba, Río Cuarto, La Plata, Capital Federal e Rosario. A dirección do grupo está a cargo de Juan Manuel Brarda.
Cuchichear para a RAE significa “Falar ou dicir algo en voz baixa”. Deste xogo de palabras nace Cuchicheros, versións vocais sobre a obra do Cuchi Leguizamón e outros. É unha homenaxe compartida a grandes mestres que moito teñen que ver coa literatura folklórica e coral de Arxentina. Cuchicheamos a obra de quen se une para deixarnos exquisitas versións, propostas e realidades da nosa música.
Programa: MOSAICO LATINOAMERICANO
1) MATURANA.*
2) AIRES DEL NORTE ARGENTINO. Melodías tradicionais e cancións populares. Versión vocal: Dante Andreo
3) ME VOY QUEDANDO.**
4) PAMPAMAPA. Carlos Guastavino
5) DEJA LA VIDA VOLAR. Letra e música: Victor Jara. Versión vocal: Nicolás Alessandroni
6) LAVANDERAS DEL RÍO CHICO**
7) CARNAVALITO DEL DUENDE*
8) DE ESTAR ESTANDO**
9) ALLÁ POR EL QUEBRACHAL
10) COPLAS DEL REGRESO. Música: Gustavo ¨Cuchi¨ Leguizamón. Letra: Luis Franco. Versión vocal: Hugo de la Vega
11) JUAN DEL MONTE**
12) ZAMBA DEL SILBADOR*
13) ADOLORIDO. Letra e música: Juan Quintero. Versión vocal: Fernanda Quintás
14) MOSAICO IBEROAMERICANO. I) Caminito. II) Berimabao. III) El Cascabel. Armonización: Dante Andreo
15) LOS PÁJAROS PERDIDOS. Letra: Mario Trejo. Música: Astor Piazzolla
16) VIEJO CORAZÓN. Letra e música: Polo Giménez. Versión vocal: Hugo de la Vega
*Música: Gustavo ¨Cuchi¨ Leguizamón. Letra: Manuel J. Castilla. Versión vocal: Hugo C. de la Vega
**Música e letra Gustavo ¨Cuchi¨ Leguizamón. Versión vocal: Hugo C. de la Vega
Fotografía cedida por Cuchicheros
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Cuchicheros_600x200.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Cuchilleros_200x150.jpg
[3] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/NP_Cuchicheros_gal.pdf