O MARCO retoma este proxecto iniciado en 2008, baseado no propio edificio do Museo como lugar de memoria e como espazo simbólico.
O obxectivo é recoller testemuños sobre o pasado do edificio do MARCO, antes da súa rehabilitación e o seu novo uso como Centro de Arte Contemporánea, para axudarnos a recompilar a 'memoria viva' do edificio a través de experiencias persoais. Os testemuños son recollidos ben por escrito, ben con gravacións de voz ou de imaxe de vídeo. Tamén se anima ás persoas interesadas a achegar documentación como fotografías, cartas, etc. que consideren de interese como imaxe ou relato do pasado. O material recollido será dixitalizado e quedará depositado na Biblioteca-Centro de Documentación.
Trátase dunha iniciativa con vocación de continuidade, que seguirá desenvolvéndose nos vindeiros meses a través da Biblioteca-Centro de documentación.
Este proxecto conta cunha subvención para a descrición documental otorgada pola:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Documentando el MARCO_ formulario_m GAL.pdf [4] | 213.55 KB |
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Documentando_600x200.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Documentando_200x150.jpg
[3] https://www.xunta.gal/cceu
[4] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Documentando el MARCO_ formulario_m GAL.pdf