#SalóndoMARCO. Un lugar para facer [3]
O xoves 22 de xuño ás 19.00 no #SalóndoMARCO, o profesor da Universidade de Berkeley (USA) Ramón Grosfoguel participará nun encontro titulado: Descolonizar as institucións, é posible? A través desta conversa atenderase ao xiro decolonial como aposta para deconstruír a modernidade eurocéntrica que universaliza o pensamento e os modos de facer.
Ramón Grosfoguel é un sociólogo portorriqueño e xunto a outros investigadores forma parte do grupo de estudos Modernidade/Colonialidade que analiza a modernidade segundo os paradigmas raciais e coloniais. Entre os seus traballos destacan “El giro decolonial: reflexiones para una diversidad epistémica más allá del capitalismo global” ou “Racismo Epistémico”, editado na revista Tabula Rasa.
A teoría de Ramón Grosfoguel supón unha crítica ao mito epistemolóxico da modernidade europea, que se ten vista a si mesma como universalista, sen ter en conta como ese coñecemento é producido por un corpo. Ante esta pretensión o descolonialismo alerta dese racismo epistémico que non atende á multiplicidade de relacións de poder sexual, de xénero, racial, espiritual, do ser ou do estar no mundo.
Neste encontro o teórico abordará se é posible descolonizar as institucións europeas, nomeadamente as institucións-arte; e poderemos cuestionar de que maneira é preciso participar nese xiro que propón a investigación decolonial.
Este encontro insértase dentro da programación do #SalóndoMARCO, unha aposta no propio Museo por tecer outras relacións entre o museo e a cidadanía, un lugar no que ademais de conversas e encontros, danse investigacións experimentais como Vigo Rebelde, o metal en loita (próximamente), e outras accións e dispositivos.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Conferencia_600x200.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Conferencia_200x150.jpg
[3] file:///C:/Users/bibliotecario/AppData/Local/Microsoft/Windows/Temporary%20Internet%20Files/Content.Outlook/YZ9KNR31/Encontro%20con%20Ramon%20Grosfoguel_gal.docx#SalóndoMARCO. Un lugar para facer
[4] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Grosfoguel_cartaz.jpg