Catálogo trilingüe (galego/castelán/inglés) que inclúe, ademais do texto da comisaria, unha coidadosa selección de ensaios en torno á idea de fronteira, con distintas visións e enfoques de autores tan destacados como Roger Conover, director executivo de MIT Press; Patrick ffrench, profesor do King's College de Londres; Francisco Jarauta, director do Istituto Europeo di Design en Madrid; e o escritor e xornalista Manuel Rivas. O catálogo complétase con documentación das obras en exposición, e un conxunto de textos sobre cada un dos artistas, escritos por eles mesmos ou por outros autores como Alexander Alberro, Jimena Blázquez Abascal, Cuauhtémoc Medina, Anja Dorn, Simon Harvey, Rebecca Helad, Javier Hontoria, Hans-Ulrich Obrist, Paulo Reis, Vesa Sahatciu, Sabine B. Vogel e Anselm Wagner.
Publicación dispoñible para compra na tenda-libraría LASAL BOOKS (vestíbulo do MARCO) o a través da web www.lasalbooks.com [3]
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/14-Entre-Fronteras-G.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/14-Entre-Fronteras.jpg
[3] http://www.lasalbooks.com/