Tras a mostra e proxecto realizadas polo colectivo Escoitar.org, levando a cabo unha cartografía do son, concibiuse unha obra que recompilase todo o corpo teórico no que se baseaba o proxecto, que era a súa esencia mesma, e que ademais sirva como un testemuño do traballo levado a cabo. O resultado deste catálogo nos serve para atopar respostas ás cuestións máis conceptuais ou incluso abstractas sobre o tema. Deste xeito, a obra bibliográfica se mostra de forma didáctica, coma se fose un manual, pois unha das funcións que se queren acadar é a de crear un recurso de ensino.
Introdúcenos cun tema xeral adicado ao son para ter unha primeira toma de contacto co que supón este efecto sensorial e prosigue con temas máis concretos e ás veces relacionados entre si, como é o caso da paisaxe e o son ou a conciencia colectiva, tema este último que podemos vincular á obra de Karl Gustav Jung, pero aquí adaptado ao son e non á imaxe. Por último, remata con "Interferencias", onde diversos autores poñen de manifesto propostas ou conxecturas sobre os temas tratados.
A pesares de que tanto os especialistas na arte e sobre todo os profanos na materia outórganlle unha relevancia considerable ao feito visual, o catálogo presenta ao son como un valor a ter en conta xa que aínda que pase desapercibido forma parte indiscutible da nosa vida e por extensión da sociedade e da xeografía en que habitamos.
Publicación dispoñible para compra na tenda-libraría LASAL BOOKS (vestíbulo do MARCO) o a través da web www.lasalbooks.com [3]
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/ESCOITAR%20600X200_0.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Escoitar-140X200t.JPG
[3] http://www.lasalbooks.com/