O catálogo recolle a mostra resultante do segundo proxecto gañador “Premio MARCO para novos comisarios”, que nesta ocasión foi comisariado por Gyonata Bonvicini.
A publicación, editada por completo en tres linguas: galego, castelán e inglés, inclúe información biográfica sobre todos os artistas presentes na exposición, así como ilustracións a cor das obras expostas e unha ficha técnica de cada unha delas.
O comisario da mostra dedica as últimas páxinas a repasar o contido da exposición, a achega dos artistas e dá forma ao conxunto de pezas, que dialogan entre si, creando o proxecto común chamado Espellos/Mirrors. A repetición, o reflexo das imaxes, a fotografía e o cine como capturadores de imaxes pasadas, e a reapropiación do material cultural, son constantes que nos achegan a diversas formas de espellos que reflicten múltiples maneiras de realidade, irrealidade ou ilusión.
Publicación dispoñible para compra na tenda-libraría LASAL BOOKS (vestíbulo do MARCO) o a través da web www.lasalbooks.com [4]
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/cabecera_espellos_2.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/espellos047_2.jpg
[3] https://www.marcovigo.com/content/gyonata-bonvicini
[4] http://www.lasalbooks.com/