O MARCO presenta a estrea de "Madness and Other Tales [Loucura e outros relatos], 2016", unha performance en directo da artista Grace Schwindt, intepretada por Vertixe Sonora Ensemble e a soprano Lisa Cassidy, que terá lugar nas salas da primeira planta do museo ás 20.30.
A fraxilidade do corpo humano é o asunto do que trata esta performance, na que unha soprano e unha orquestra interpretan unha partitura elaborada pola artista a partir da “Aria da locura”, da ópera do século XIX Lucia di Lammermoor, de Gaetano Donizetti.
Madness and Other Tales, 2016
Unha performance en directo de Grace Schwindt
Estrea mundial: 19 febreiro 2016, 20.30
Interpretada por Vertixe Sonora Ensemble e Lisa Cassidy
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Director: Ramón Souto
Solista: Lisa Cassidy, cantante
Músicos: Iago Lariño, frauta/ Anne Tooming, piano/ Mario Peris e Marina Ortiz, violín/ Sergio Montero, viola/ Juan Carrillo, cello
Deseño de vestiario: J. Méndez e Fernando Román Rodríguez
Foto de portada: cortesía MARCO/Enrique Touriño
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Performance_600x200_0.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Performance_200x150_0.jpg