Mostra bibliográfica con selección de publicacións da biblioteca de Francisco Mantecón.
Horario: de martes a venres de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 (agás festivos)
Os fondos bibliográficos desta mostra son produto dunha doazón realizada en 2011 pola viúva do artista, Pilar Barreiro Mosquera, á Biblioteca-Centro de documentación do MARCO. Para esta exposición bibliográfica realizouse unha nova ecoidada selección dos fondos máis destacados da biblioteca de Francisco Mantecón, incluíndo exemplares xa descatalogados, libros sobre teoría social da arte, e publicacións específicas sobre deseño gráfico e arte abstracta. Grazas ao labor de catalogación e arquivo, todos os fondos que conforman esta biblioteca están a disposición dos usuarios na Biblioteca-Centro de documentación. Por outro lado, co fin de afondar na obra de Mantecón, engadiuse un informe sobre a presenza do artista no mundo dixital, biografía, e catálogos relacionados procedentes da Biblioteca-Centro de Documentación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Dossier Francisco Mantecón.pdf [3] | 188.69 KB |
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/BiblioMantec%C3%B3n_600x200.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/BiblioMantec%C3%B3n_200x150.jpg
[3] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Dossier Francisco Mantecón.pdf