Con motivo da exposición Candida Höfer. Projects: done, achegamos a todos aqueles que o desexen, unha selección de 21 catálogos enmarcados na producción dos artistas da chamada “Escola de Düsseldorf”.
A selección está formada por catálogos individuais dos fotógrafos máis célebres da escola: Candida Höfer, Andreas Gursky, Axel Hütte, Thomas Ruff e Thomas Struth; así como do que fora profesor Bernd Becher e a súa parella Hilla. Tamén se inclúen catálogos colectivos que os reúnen a todos eles de forma conxunta.
A mostra estará dispoñible en horario de apertura ao público.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/expobiblio2_cabeceraweb.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/expobiblio1_iconoweb.jpg