Chegados dende Bélxica, Amatorski son unha das promesas do pop electrónico europeo, movéndose á perfección entre as cancións leves e as composicións máis complexas e espaciais do seu primeiro longa duración, TBC, recentemente reeditado a nivel global por Crammed Discs. Amatorski, cuarteto de catro rapaces ben novos capitaneados pola voz de Inne Eysermans, recorda nos seus momentos máis épicos a Efterklang e nalgunhas programacións a Portishead ou Massive Attack. Amatorski son unha oportunidade máis para a electrónica de aspecto frío do vello continente.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/SINSAL600x200.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/amatorski200x150.jpg