
Con motivo desta mostra, o MARCO de Vigo e o FRAC Lorraine de Metz editaron un catálogo cuatrilingüe (galego-castelán-francés-inglés) que inclúe unha recompilación de textos sobre cada un dos artistas, a cargo de, entre outros, a aclamada teórica Lucy Lippard (Marilyn Bridges), ou os comisarios e críticos Cuauhtémoc Medina (Taller E.P.S. Huayco), Cosmin Costinaş (Mona Vătămanu & Florin Tudor), e Rasha Salti (Ossama Mohammed). A publicación recolle tamén textos dos artistas José Alejandro Restrepo (‘Iconomía’), Álvaro Díez Astete (Manifesto ‘Arte total’, do colectivo Taller E.P.S. Huayco), e curiosas teses estéticas e sociais do recoñecido dramaturgo Samuel Beckett e do controvertido artista de vangarda Flávio de Carvalho.
Enlaces:
[1] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/cabecera_9.jpg
[2] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/VoandoCaraTerra.jpg