Esta fin de semana péchase no MARCO unha fase do ciclo ‘Material Memoria’, o programa de artes escénicas e cine que se ven desenvolvendo en paralelo á exposición VERANEANTES, cunha actuación conxunta de Fon Román e Pablo Fidalgo, e un concerto de Fon Román, ambos os dous no salón de actos.
Fon Román (Vigo, 1970) é músico, guitarrista, vocalista e compositor. Durante trece anos forma parte do grupo de pop español Los Piratas como guitarrista e compositor. Dende 2004 traballa en solitario baixo o nome de Fon Román compoñendo en exclusiva a totalidade das súas cancións. Os seus discos en solitario son Silencio cómodo en un jardín descuidado e Entretelas. Na actualidade compaxina a súa carreira con outros proxectos como o de música experimental Trash of Dreams, que forma xunto a un dos máis importantes productores musicais de España, Suso Saiz. Propietario e administrador da sociedade Pequeñas Iluminaciones SL, productora fonográ!ca independiente con sede en Vigo. O seu traballo tense presentado en salas e festivais de todo o mundo.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Fon600x200.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Fon200x150.jpg
[3] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/MATERIAL%20MEMORIA_19.pdf