Esta fin de semana péchase no MARCO unha fase do ciclo ‘Material Memoria’, o programa de artes escénicas e cine que se ven desenvolvendo en paralelo á exposición VERANEANTES, cunha actuación conxunta de Fon Román e Pablo Fidalgo, e un concerto de Fon Román, ambos os dous no salón de actos
Pablo Fidalgo Lareo (Vigo, 1984), escribiu o libro La educación física (Pre-textos, 2010), elixido por El Cultural como un dos cinco mellores libros de poesía publicados en 2010 en España. En 2012 gaña o Premio Injuve de Poesía polo libro
Fon Román (Vigo, 1970) é músico, guitarrista, vocalista e compositor. Durante trece anos forma parte do grupo de pop español Los Piratas como guitarrista e compositor. Dende 2004 traballa en solitario baixo o nome de Fon Román compoñendo en exclusiva a totalidade das súas cancións. Os seus discos en solitario son Silencio cómodo en un jardín descuidado e Entretelas. Na actualidade compaxina a súa carreira con outros proxectos como o de música experimental Trash of Dreams, que forma xunto a un dos máis importantes productores musicais de España, Suso Saiz. Propietario e administrador da sociedade Pequeñas Iluminaciones SL, productora fonográ!ca independiente con sede en Vigo. O seu traballo tense presentado en salas e festivais de todo o mundo.
Foto: Cortesía Jorge Landín
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/PabloyFon600x200.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/PabloyFon200x150.jpg
[3] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/MATERIAL%20MEMORIA_18.pdf