A Biblioteca-Centro de Documentación ten como obxectivo un labor de achegamento de material documental (catálogos, publicacións periódicas) e dixital (directorios, acceso a internet) aos nosos usuarios e visitantes, para que así complementen a súa visión da arte contemporánea alén das salas de exposición.
O fondo bibliográfico ascende aproximadamente a 5.500 volumes, cifra que se vai incrementando ano tras ano.
A súa distribución na sala de lectura é a seguinte:
Dicionarios e Referencia: dicionarios, memorias...
Teoría xeral da arte: estética, crítica, teoría da cor, imaxe...
Historia da arte contemporánea e movementos artísticos
Museoloxía, Patrimonio e Bens culturais
Teoría e Historia do cine. Monografías de directores de cine
Arquitectura e urbanismo
Deseño e Ilustración
Catálogos de exposicións colectivas
Catálogos de exposicións individuais Galicia
Catálogos de exposicións individuais España
Catálogos de exposicións individuais Internacional
Catálogos de Feiras e Bienais
Publicacións de exposicións no MARCO
Audiovisuais
Publicacións periódicas Galicia
Publicacións periódicas España
Publicacións periódicas Internacional
A aplicación que se utiliza para consultar a través da web o catálogo da Biblioteca-Centro de Documentación é o Proxecto MEIGA, pertencente á Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
Se preme no seguinte vínculo, pode consultar o catálogo en liña.
> Consulta do catálogo [3]
TIPO DE BUSCA
Pódese buscar por listado alfabético, por palabra chave contida no valor que estamos a buscar ou ben procurando a frase exacta.
VALORES DE BUSCA
A busca pódese realizar por título, autor, materia, serie, CDU, editorial ou ISBN, considerando o seguinte:
RESULTADO DA BUSCA
Os resultados da busca ordenaranse alfabeticamente
Cando hai máis de 10 resultados, pódese pasar a páxina premendo sobre os números que aparecen no extremo superior dereito do listado
Para buscar o libro no andel, haberá que guiarse pola chave de localización que se indica no resultado da busca e que está rotulada na parte superior dereita de cada andel
Por exemplo: Localización: CAT.C/118 atoparase no andel CAT.C (Catálogos de exposicións colectivas), número currens 118
As monografías e catálogos de artistas presentaranse por orde alfabética
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/biblionormas_0.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/bibliofondos_0.jpg
[3] http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/BusquedaBibliotecas.aspx?CodigoBiblioteca=PMB001