Co gallo desta mostra, o MARCO de Vigo e o Frankfurter Kunstverein editaron un catálogo cun texto da comisaria, Chus Martínez -‘Relación de ideas inspiradas no outro lado. A maxia como obxecto de estudo'-, xunto a outros ensaios sobre a cultura da maxia e a arte do oculto, como o de Simon During -cuyo texto ‘Trucos, trampas e transformacións' resume os argumentos clave do seu libro Modern Enchantments: The Cultural Power of Secular Magic (Harvard Univ. Press, 2002), dispoñibles por primeira vez en galego e español neste catálogo- Lars Bang Larsen -‘A superficie xa non aguanta', sobre a tendencia da arte contemporánea de inspirarse nos métodos da maxia- e un texto do artista Jonathan Allen -‘Embusteiros en tempos de guerra'- sobre as conexións entre a maxia e a política, que serve como introdución ao capítulo sobre artistas e obras en exposición.
Publicación dispoñible para compra na tenda-libraría LASAL BOOKS (vestíbulo do MARCO) o a través da web www.lasalbooks.com [3]
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/2-A-grande-transformacion-G.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/2-A-grande-transformacion.jpg
[3] http://www.lasalbooks.com/