PRESENTACIÓN
O ‘Hotel MARCO’ como proxecto artístico
A partir do mes de abril de 2011, o Espazo Anexo do MARCO reinventouse e viviu a súa maior transformación dende a súa apertura no ano 2004 como sala de proxectos, dando inicio a un novo período coa proposta ‘Hotel MARCO’, do artista Michael Lin e rvr arquitectos, que consistiu en transformar o lugar nun cuarto de hotel con distintos usos.
COLABORACIÓNS
O proxecto 'Hotel MARCO'' foi posible grazas á colaboración no proceso de produción de oito estudantes da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, logo de convocatoria de prácticas de montaxe e apoio a produción por parte de Fundación MARCO: Iris Margarita Alcaina Patiño, Laura Ilona Arha, Marta Fariña Rodríguez, Cristina Luna Ávila, Sara Martínez Soutiño, Lorena Alexandra Méndez González, Santiago Novas Otero, Yukawa Quione López Otero, coa coordinación de Frédéric Matagne, asistente do artista.
Empresas colaboradoras:
Aguas de Mondariz, Sirvent, Illycafè, Martínez Otero, I.C.O.N-O.P.I, Weber
INFORMACIÓN XERAL
INFORMACIÓN E VISITAS
Dende a súa inauguración o 8 de abril, ata o 18 de maio, Día Internacional do Museo, o proxecto ‘Hotel MARCO’ estará aberto ao público no horario habitual, como espazo expositivo.
Durante o período en que o Espazo Anexo permaneza aberto como sala de exposición, o persoal de salas está a disposición dos visitantes para calquera consulta ou información, ademais das visitas guiadas habituais:
- Todos os días ás 18.00
- Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900
Con ocasión deste proxecto, o MARCO edita un folleto que funciona a modo de folla de sala informativa sobre o proceso de conversión temporal do Espazo Anexo nunha habitación de hotel.
RESERVAS E TARIFAS
A partir do 18 de maio comezará o uso do Espazo Anexo como habitación de hotel, sexa dentro do programa de residencias ou para reservas de particulares.
Calquera persoa ou entidade interesada en realizar unha reserva ou consultar datas dispoñibles, debe poñerse en contacto con Patricia Verdial, en horario de luns a venres, de 09.00 a 15.00.
Patricia Verdial
info@marcovigo.com
+34 986 113904 / 00
Tarifas
Prezo da habitación: 100 euros (impostos e almorzo incluído, no MARCO restaurante&café)
Desconto do 50% (50 euros) para membros da Agrupación de Amigos do MARCO, e membros de Agrupacións de Amigos portadores da tarxeta azul FEAM, acompañada da tarxeta de Amigo do seu Museo.
HOTEL MARCO - FICHA TÉCNICA
Superficie total da habitación: 35 m2
Cerramentos
- Cerramento exterior: dous taboleiros superpostos, contrachapado fenólico de 20 mm de espesor + taboleiro de xeso laminado de 15 mm de espesor. Acabado pintado en cores S1050-R40B, S1085-Y90R, S0540-R30B, S2060-R40B, S4050-R70B, S2070-G30Y, 0404-G98Y
- Cerramento interior: dous taboleiros superpostos, contrachapado fenólico de 20 mm de espesor + taboleiro de xeso laminado de 15 mm de espesor. Acabado pintado en cor branca NCS 0402-G03Y
- Piso: dobre taboleiro de contrachapado fenólico de 20 mm de espesor sobre rastrel de madeira de piñeiro. Acabado pintado en cores S3060-R70B, S2065-B, S4050-R80B, S4550-R90B. Recubrimento de resina de poliuretano (Weber)
- Teito: placa de xeso laminado de 15 mm de espesor, acabado pintado en cor branca NCS 0402-G03Y
- Carpintería exterior de aluminio con rotura de ponte térmica en cor RAL 7042. Vidro (5+5)+12+ (5+5)
- Cerramento de ducha e aseo en acristalamento de vidro laminado areado de 8+8 mm
Instalacións
- Aparatos sanitarios das series Vythos, Orbita 42 e Element de Roca, en cor branca, equipados con griferías empotradas serie Element de Roca
- Azulexos Vilar Albaro, Zafiro Liso Brillo. Cerámica colocada con adhesivos Weber da gama weber.col confort
- Climatización mediante equipo autónomo LG, UB24–UU24
- Iluminación xeral mediante luminarias equipadas con lámpadas led e qr 111 con control de intensidade de luz. Iluminación complementaria mediante luminarias Toio e kelvin led de Flos [Colaborador no proxecto de iluminación: Ramón Míguez]
- Red wi-fi en toda a habitación
- Proxector de vídeo Itachi EDX20
- Equipo de son Bose Acustimas 2.1
- Mininevera de capacidade 30 litros
Mobiliario
- Armario e moble contedor xeral realizados en taboleiro de mdf lacado en branco brillo RAL 9003
- Mesa auxiliar modelo Twist da colección mo, Martínez Otero
- Butaca modelo Egg de Fritz Hansen
- Cadeira modelo Mummy de Edra
Téxtiles
- Sistema de descanso Vi-spring, recomendado e instalado por SIRVENT. Vi-spring sleep system e xogo 2 almofadas 50x75
- Roupa de cama: funda nórdica A.T. branca 260x240, saba baixeira A.T. axustable 180x200, edredón e. mariola 200g. plumón, todo de La Maison
- Roupa de baño: toalla A.T. baño branca 100x160, toalla A.T. lavabo branca 50x100, alfombra baño s.branca, todo de La Maison
- Cortina 100% lino natural en cor branca crúa. Cortina de escurecemento tipo Foscurit 100% poliéster
Empresas colaboradoras:
As seguintes empresas colaboraron poñendo os seus mellores produtos a disposición dos clientes e usuarios do Hotel MARCO, ao longo de toda a duración do proxecto:
Aguas de Mondariz
[Auga mineral natural con/sen gas, botella cristal, 33cl]
Aguas de Mondariz é calidade, saúde e pureza. Caracterízase polas súas calidades beneficiosas para a saúde, pola súa composición equilibrada ao longo do tempo, e o seu sabor único.
illycaffè
[Máquina espresso e cuncas de colección]
A máquina Y1 do Metodo Iperespresso une innovación deseño e funcionalidade, combinando o pracer estético co pracer do espresso illy. Para resaltar a experiencia dun espresso perfecto, illy pon a disposición a colección de cuncas illy Art Collection deseñadas en 2006 por Michael Lin.
SIRVENT
[Sistema de descanso Vi-spring, recomendado e instalado por SIRVENT. Vi-spring sleep system]
SIRVENT recomendou e instalou a base e o colchón Vi-Spring que son o soporte perfecto para o descanso, proporcionado cos muelles especialmente confeccionados e seleccionados, unidos ademais polas fibras de coco e bambú, e a suavidade dos magníficos recheos como a lá de Shetland, a seda, o cachemir. Vi-spring foi pioneira no uso do muelle ensacado en 1901, e segue fabricando cen anos máis tarde guiado polos postulados de calidade e coidada artesanía.
Martínez Otero
[Mobiliario]
Martínez Otero leva á práctica os máis altos estándares de calidade e coñecementos técnicos e tecnolóxicos, e inverte unha grande cantidade de tempo e recursos para conseguir unha mellora continua en termos de deseño, fabricación e satisfacción das necesidades dos seus clientes.
I.C.O.N. - O.P.I
[Produtos cosméticos]
Un compromiso coa imaxinación, co coidado e o estilo persoal. Un enfoque renovado, que abarca influencias de todo o mundo e as exhibe nos seus envases, produtos, prácticas, coleccións e na sempre cambiante percepción da beleza.
Weber
[Morteiros industriais]
Weber, líder mundial na fabricación de morteiros, dispón dunha ampla gama de solucións cunha avanzada formulación, que responde ás máis altas esixencias técnicas.