Organiza: Departamento de Cultura, Concello de Vigo
Patrocina: Novacaixagalicia / Consellería de Cultura e Turismo, Xunta de Galicia, AGADIC
Datas: luns 20, martes 21 e mércores 22 e xoves 23 de xuño
Lugar: salón de actos
Horario concertos (20, 21 e 22 xuño): ás 20.30
Horario proxección documental (23 xuño): ás 19.30
Luns 20 de xuño
Sidsel Endresen
Coa cantante Sidsel Endresen (Noruega, 1952) o Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons propón unha experiencia vocal única que demostra que a voz como instrumento non ten límites dentro do jazz. A cantante norueguesa conduce a súa voz en diferentes niveis; tan pronto domina a escena como xoga con texturas á beira dos outros instrumentos, confundíndose con eles. Sidsel Endresen exerce de poetisa que precisa da música e como representante da música atonal, dotada dunha extraordinaria imaxinación.
+ INFO en www.imaxinasons.com [3]
Martes 21 de xuño
Ulrich Mitzlaff & Miguel Mira
Dúo de cellos no escenario? Como nos lembra o crítico portugués Rui Eduardo Paes, para atopar a inspiración desta proposta —unha rareza na música occidental— hai que remitirse ao repertorio do compositor romántico Jacques Offenbach. Retomando ese espírito, Ulrich Mitzlaff e Miguel Mira formulan un xogo entre cellos na procura da súa propia esencia, dos valores intrínsecos dun instrumento que, de súpeto, pode verse afastado da súa sonoridade máis popular.
+ INFO en www.imaxinasons.com [3]
Mércores 22 de xuño
Piccola Orchestra Gagarin
Paolo Angeli, Sasha Agranov e Oriol Roca son tres músicos con vertentes artísticas moi orixinais que, dende hai algo máis de un ano, se unen no escenario co proxecto Piccola Orchestra Gagarin. Como a do astronauta ruso hai cincuenta anos, a súa é unha viaxe ao exterior con rumbo incerto, e cada concerto unha experiencia única. Instrumentos tuneados para a ocasión, obxectos que se agregan ao espectáculo, sentido do humor, e sons tradicionais de Sardeña que coa voz de Angeli adquiren forza, toques de pop e free jazz.
+ INFO en www.imaxinasons.com [3]
Xoves 23 de xuño
Proxección documental “Jazz en liberdade”
Dirección: Xes Chapela
De como unha pequena vila costeira se converte nun fervedoiro de música de jazz, trata o documental Jazz en liberdade (2009) dirixido polo creador audiovisual e xornalista Xes Chapela (Moaña, 1977). Cangas foi a finais dos setenta e principios dos oitenta un epicentro do jazz peninsular. Os protagonistas reconstrúen aqueles momentos que reviven agora, dende comezos do século XXI e tras unha paréntese de anos, amosando que esta vila é terreo abonado para a música de jazz. Jazz en liberdade conseguiu o premio á mellor longametraxe documental nos Premios Mestre Mateo 2011.
+ INFO en www.imaxinasons.com [3]
IC
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Gagarin600x200.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Gagarin200x150.jpg
[3] http://www.imaxinasons.com