A TIMIDEZ DA COPA DAS ÁRBORES
Comisariada por Beatriz Alonso
Proxecto gañador do Premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM para novos comisarios
A timidez da copa das árbores é un fenómeno botánico mediante o cal cada árbore define un límite no seu crecemento, facilitando unha coexistencia no dosel forestal alén da competencia entre especies. Estas infraestruturas vexetais provocan o que se coñece como rañuras da timidez: baleiros entre as copas que non chegan a tocarse ou o fan discretamente; fendas que aquí se len como espazos de posibilidade. Esta intelixencia colectiva, este coidado polo conxunto, ofrécenos un diálogo coa nosa contemporaneidade e a urxencia de reaccionar como sociedade cara á creación dun ecosistema onde as relacións, os encontros e os intercambios poidan darse incluso a partir de sinerxías.
Venres 23, ás 19.00
Visita á exposición guiada pola comisaria, Beatriz Alonso
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/La%20timidez_600x200_1.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/La%20Timidez_200x150%20%281%29.jpg