
A Biblioteca-Centro de Documentación, inaugurada en novembro de 2004 e sita no 1º andar do MARCO, é un servizo totalmente gratuíto que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos relacionados coa cultura contemporánea.
Os fondos bibliográficos abranguen aspectos da arte como teoría, filosofía, historia, pedagoxía, museoloxía, movementos artísticos ou coleccións. O corpo principal da Biblioteca son monografías e catálogos de artistas ou catálogos colectivos.
Para tomarlle o pulso á actualidade conta cunha hemeroteca de revistas especializadas galegas, españolas e internacionais de ao redor de 60 títulos. Para completar este obxectivo documental ofrécese acceso a internet para consultas de arte e cultura a través de oito equipos informáticos ou por medio da rede wi-fi e dous boletíns informativos de convocatorias e novidades. (Para máis información, consultar o apartado "5.1.2. Fondos" desta páxina web).
HORARIO:
De martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, agás festivos.
ACCESO DIRECTO AO CATÁLOGO
Se preme no seguinte vínculo, pode consultar o catálogo en liña (recomendamos consultar o apartado Fondos-Catálogo)
A Biblioteca-Centro de Documentación conta con 32 postos de lectura, onde poden visualizarse as publicacións. A consulta en sala é directa, non é preciso cubrir ficha algunha, pero unha vez rematado o uso dos materiais, estes deberán deixarse nos carros habilitados para tal efecto. Non existe servizo de préstamo domiciliario.
Os fondos audiovisuais e outros materiais especiais terán que ser solicitados ao persoal da Biblioteca-Centro de Documentación, tendo en conta que non se poderá dispoñer de máis de tres obras a un tempo, nin poderán ser consultadas simultaneamente por máis de dúas persoas.
Nos casos permitidos pola Lei poderanse reproducir os fondos mediante fotocopia, que nunca poderá superar o 10% da obra consultada. As fotocopias teñen un custo de 0,10€/copia e son en branco e negro. Antes de utilizar a fotocopiadora terán que poñerse en contacto co persoal da Biblioteca para darlles instrucións precisas sobre o seu funcionamento. Así mesmo, tamén poderá facerse uso de cámaras fotográficas para conseguir unha copia en cor, sempre respectando os límites impostos pola Lei.
Respecto á hemeroteca, o último exemplar de cada revista preséntase nos expositores, xunto co dossier de sumarios de cada publicación. O resto dos números están gardados no interior dos andeis.
En relación aos equipos informáticos, antes de utilizalos é necesario apuntarse na folla de control no mostrador da Biblioteca. Todo usuario pode facer uso do equipo ata o momento no que estean saturados; neste caso, utilizarase a folla de control para deixar baleiros os postos segundo o tempo de uso, tendo total prioridade nas listas aquelas persoas que estean a consultar temas artísticos ou relacionados co fondo bibliográfico.
Está prohibido acceder, crear ou enviar información a páxinas web con contidos que atenten ou vaian en contra dos dereitos humanos, dos dereitos da infancia ou sexan anticonstitucionais, así como aquelas que poidan ferir a sensibilidade de terceiros, dado o carácter público do servizo, tales como o referido á violencia, o sexo, a apoloxía do terrorismo, o racismo, etc. Así mesmo, está prohibido o acceso aos servizos de chat das páxinas web, descargar programas e xogar en liña.
Recomendámoslles que fagan regularmente copias de seguridade da documentación que están a manexar. A Biblioteca-Centro de Documentación non se fará responsable da información que poidan perder ou enviar aos usuarios a través dos equipos informáticos.
Pregámoslles silencio, polo que os ordenadores portátiles e os teléfonos móbiles deberán estar desprovistos de son e non está permitido contestar chamadas telefónicas dentro da sala de lectura.
Non está permitido comer.
A utilización dos servizos da Biblioteca-Centro de Documentación supón a aceptación destas normas e o seu incumprimento dará lugar á perdida de uso do servizo.
A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO oferta tamén un servizo de préstamo interbibliotecario e intercambio de publicacións con outros centros de natureza similar ao MARCO. Pregámoslles aos interesados que se poñan en contacto connosco para facilitarlles máis información.
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Biblioteca-Centro de Documentación
Iria Fernández Mouriz
R/Príncipe, 54
36202 Vigo
centro.documentacion@marcovigo.com [6]
986 11 39 00. Ext: 201
Enlaces:
[1] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/bibliopresent.jpg
[2] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/biblio2_0.jpg
[3] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/biblio1_0.jpg
[4] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/biblio4_0.jpg
[5] http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/BusquedaBibliotecas.aspx?CodigoBiblioteca=PMB001
[6] mailto:centro.documentacion@marcovigo.com