
Coa apertura de portas ao público en 2002 o MARCO convertíase nun dos máis novos museos de Galicia. Se ben o seu nome e acrónimo o definen como 'Museo', o MARCO non ten colección permanente e funciona como centro de arte contemporánea, cun programa de exposicións temporais e un conxunto de actividades paralelas das que o programa educativo é unha parte esencial.
O principal obxectivo do museo é comunicar, conectar cos visitantes e, por riba de todo, crear e fomentar hábitos de consumo cultural, un reto difícil e a longo prazo. A liña de programación do MARCO céntrase en exposicións temporais, ata agora temáticas e colectivas, e que a partir do ano 2009 se completa cunha nova liña de exposicións individuais. O programa educativo -visitas e talleres para escolares, actividades para familias, obradoiros infantís de verán, cursos de adultos, visitas guiadas, talleres de artista- e o conxunto de actividades paralelas e complementarias das exposicións -xornadas, seminarios, conferencias, concertos, ciclos de cinema...- ademais dos servizos da Biblioteca-Centro de Documentación e das actividades da Agrupación de Amigos, son outros compoñentes esenciais na oferta do MARCO aos seus visitantes.
Iñaki Martínez Antelo
Martiño Nogueira Canle
Agar Ledo Arias
María Urrutia Baliño
Paul Edward Guy
Marta Viana Tomé
Pilar Souto Soto
Patricia Verdial Garay
Alberto Abal García
Iria Fernández Mouriz
Enlaces:
[1] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/exposproxecto_1.jpg