Callers é a voz indiscutible e imprescindible de Sara Lucas e unha marea de atmosferas apuntaladas polo son pantanoso de guitarras procedentes de Nova Orleans. Con Life of Love, o seu novo álbum, consegue chegar a un nivel superior no compositivo e a un público máis amplo.
Folk gótigo e introspectivo é o que ofrece Emily Jane White. Letras que van da mitoloxía á poesía descarnada acompañadas dunha banda na que destacan a guitarra e o chelo. O rumor escuro das cordas envolve a voz suave de Emily Jane White en composicións feitas para a catarse. Unindo poesía e música, cada novo álbum é unha pegada nunha dirección distinta, unha busca que se abre.
AVISO: CANCELACIÓN DO CONCERTO DE EMILY JANE WHITE. MANTÉNSE CALLERS.
MÁIS INFORMACIÓN EN: http://www.sinsalaudio.org/ [3]
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Sinsal600x200.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Sinsal200x150.jpg
[3] http://www.sinsalaudio.org/